"Mayo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 67.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jorge de Montemor.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, que está regado polos ríos Boedo e Valdavia, afluentes do Pisuerga (1.689 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura, na gandaría e nas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, fillo de Gómez Pérez das Mariñas e Ribadeneyra. Cabaleiro da orde de Calatrava, foi capitán en Flandres e sucedeu a seu pai no goberno de Filipinas (1593-1595) e conseguiu evitar o ataque dos chineses a Manila, ademais de pacificar Isabela e outros territorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, sétimo duque de Medina Sidonia, conde de Niebla e marqués de Cazaza. Capitán xeneral da costa de Andalucía, Filipe II nomeouno capitán da Armada Invencible (1588). Atribuíuselle parte do fracaso da Armada pola súa incompetencia, aínda que posteriormente foi vicerrei de Andalucía e capitán xeneral do Mar Océano (1595).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de América do Sur, afluente do Paraguay pola dereita (2.000 km). Nace na Cordillera Central dos Andes de Bolivia. En dirección SL, separa o Chaco Boreal ou paraguaio do Austral ou arxentino. Desemboca no Paraguay, a 15 km de Asunción.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, tradutor, editor e investigador teatral. Especializado na historiografía do teatro galego, foi director da colección “A Biblioteca do Arlequín” de Edicións Sotelo Blanco, participou na fundación da editorial Laiovento, da que é director, e promoveu a creación de publicacións especializadas de teatro como Don Saturio e Casahamlet, ou a colección Castrodouro-Teatro. Cofundou o Grupo de teatro O Facho (1965), a Escola Dramática Galega (1978), a compañía Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990), onde desenvolve as máis diversas tarefas, normalmente asociadas á tradución de textos e á edición de todo tipo de materiais, dos que destaca a colección “Cadernos da Escola Dramática Galega”, con máis de cen títulos publicados, labor polo que recibiu en 1989 o Premio da Crítica; e os Cadernos da Sala Luís Seoane. Traduciu ao galego textos de Maquiavelo, S. Becket, M. de Ghelderode, A. Strindberg, A. Chekhov, E. Ionesco, Luís Seoane, F. García Lorca ou J. Genet, e é autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de América meridional, afluente pola esquerda do Amazonas (1.840 km de lonxitude). Nace preto de Nudo de Pasto, fai de fronteira entre Colombia e Ecuador e entre Colombia e Perú, entra en Brasil e desemboca no Amazonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (24.885 km2; 332.434 h [estim 2000]). A súa capital é Mocoa (18.000 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, marqués de Salamanca. Participou en conspiracións liberais e foi deputado (1836). Axiña iniciou a súa actividade financeira e adquiriu unha enorme fortuna. Unido ao sector puritano dos moderados, ocupou o ministerio de Facenda (1847), pero enfrontado con Ramón María Narváez Campos, dimitiu e ocupouse dos seus negocios. Representou ao distrito de Ortigueira como deputado (1853-1854) e na Restauración foi deputado e senador por outros distritos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da cidade de Sevilla e regado polo río Guadiamar (10.858 h [2001]). É un centro comarcal agrícola e gandeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e funcionario, conde de Salvatierra e señor de Sobroso. Vicerrei de Nova España (1642-1648), dirixiu unha expedición a California con poucos resultados e fundou a cidade de Salvatierra (1647). Foi vicerrei de Perú (1655-1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza.
-
GALICIA
Xornalista. Fundador do xornal El Jerezano, foi redactor en Sevilla do diario La Tribuna. Publicou Tiempo perdido, Leyendas y tradiciones jerezanas e Historia de la ciudad de Jerez de los Caballeros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e conquistador. Participou nas campañas de Flandres, e en 1583 Filipe II nomeouno gobernador de Chile. Loitou contra os araucanos e fortificou as rexións fronteirizas, pero non puido vencer a resistencia india.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Ordenouse no convento de San Esteban de Salamanca, do que foi prior, como tamén dos conventos de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, e de San Pedro Mártir, en Toledo. Cualificador do Consejo Supremo de la Inquisición, Filipe III nomeouno confesor do príncipe herdeiro e dos infantes Carlos e Fernando. Máis tarde tamén o foi de Filipe IV, a súa muller e os seus fillos. Estes monarcas outorgáronlle os cargos de comisario xeral da Cruzada, inquisidor xeral de España, abade das colexiatas de Santander e Alcalá la Real, e conselleiro de Estado e de Guerra do arcebispo de Damasco. Interveu para que Filipe IV devolvera a Galicia o voto en Cortes. Publicou Expurgatorium librorum novum (1640) e un Editum, en que resumiu as leis e as constitucións dos pontífices sobre o Santo Oficio.
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título nobiliario outorgado por Filipe V a Fernán Yáñez de Soutomaior e Lima , herdeiro da liñaxe dos Sotomayor, en 1703. O título pasou á súa irmá, ao seu sobriño e aos descendentes deste ata Ignacio Jaime de Sotomayor y Margens de Nin Masons y Lima , V duque de Sotomayor, que en 1795 perdeu os dereitos sobre os bens e a fortaleza dos Sotomayor (que pasaron a mans de Benito Fernando Correa de Sotomayor), ao reabrirse un preito de 1773 polo que Payo Correa de Sotomayor pedira os dereitos de sucesión. O título herdouno María Ana Nin Zatrillas Sotomayor y Lima , irmá de Ignacio Jaime, e á súa morte aos seus descendentes ata chegar a Ignacio Martínez de Irujo y Artazcoz , VI marqués da Casa Irujo, que en 1959 se converteu en X duque de Sotomayor e grande de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta cubano. Especialista en salto de altura, foi campión olímpico en Barcelona 1992. Dobre campión mundial en Stuttgart 1993 e Atenas 1997, ostenta a mellor marca mundial ao aire libre desde 1993, que bateu en tres ocasións. Ademais, foi medalla de prata en Sydney 2000. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. O seu teatro é de carácter realista, cun sentido moralizante e didáctico, aínda que algunhas das súas primeiras obras teñen trazos románticos, como Ángela (1851), inspirada en Schiller. Cultivou tamén o teatro de tese e de costumes, como en La bola de nieve (1856) e Los hombres de bien (1870). A súa obra capital é Un drama nuevo (1867), ambientada na Inglaterra de Shakespeare.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e poeta. Xefe do partido radical e membro do Parlamento, foi ministro de Asuntos Exteriores e, en 1935, presidente da República durante a Guerra do Chaco, aínda que non tomou posesión pola oposición do exército. De tendencia modernista, escribiu os poemarios La prometheida (1927) e Epigramas griegos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO