"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Paquete de aplicacións creado pola compañía Netscape que inclúe un navegador para Internet, un editor de páxinas web, un xestor de correo electrónico e varias utilidades máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista internacional católica de teoloxía, fundada no ano 1972 por un grupo de teólogos que querían contrarrestar as tendencias progresistas doutra publicación titulada Concilium. Apareceu en sete edicións lingüísticas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista da India que se conforma como a terceira forza política do país. Fundouse en 1964 como escisión do Partido Comunista (1920), co obxectivo de defender os dogmas revolucionarios marxistas-leninistas e a súa concreta aplicación ás circunstancias da India derivadas do imperialismo, da emerxencia dunha burguesía dominante e da explotación dos terratenentes. Desde 1998 o seu secretario xeral é Harkishan Singh Surjeet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista nepalí que se conforma como a segunda forza política do país, onde gobernou en dúas ocasións. Creouse en 1949, durante os movementos insurreccionais contra o réxime autocrático Rana. Desde 1988 integrou a totalidade das forzas políticas da esquerda nepalí e engadiu ao seu nome as palabras marxista-leninista unificado. O seu obxectivo principal é a consecución dunha democracia popular multipartidista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista estadounidense fundado en 1921 por John Reed. Careceu, ao longo da súa historia, de representación política relevante; isto non impediu que se presentase como unha alternativa de mobilización no sistema político norteamericano. Os seus principios básicos son o pleno emprego, a redución fiscal, a integración racial, a defensa da clase traballadora fronte ás grandes corporacións empresariais, a redución dos gastos militares e a creación dun sistema de saúde público e universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser comunicado.

    2. Que se relaciona con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de comunicar ou de comunicarse.

      2. Proceso mediante o que se establece un intercambio verbal de información no que un individuo, chamado emisor, produce un enunciado ou mensaxe, destinado a outro, chamado receptor ou destinatario. Comprende dúas fases, a emisión e a recepción da mensaxe, denominadas respectivamente codificación e descodificación. A codificación consiste na transformación dunha serie de conceptos e contidos que se desexan transmitir, en sinais acústicos, convertidos en enunciados lingüísticos. A descodificación correspóndese coa comprensión dos sinais recibidos pola vía auditiva. Aos tres elementos básicos da comunicación engádense o contexto, o código e o contacto. Calquera acto de comunicación sucede sempre nun contexto determinado, isto é, nunha situación espacial e temporal concreta. Ademais, o proceso precisa do manexo dun código común que permita a intercomprensibilidade, un conxunto de sinais e de regras de combinación...

      3. Transmisión de información dun punto a outro mediante un enlace telefónico, telegráfico, radioeléctrico, ou vía satélite.

      4. Feito de transmitir unha mensaxe, establecendo unha relación e unha interacción sociais. A fonte, ou punto de orixe, pode ser de natureza individual ou colectiva. A comunicación materialízase na mensaxe, composta de signos ou símbolos, servíndose de medios de comunicación auditivos, visuais ou táctiles e, en xeral, mediante calquera forma, sinal ou medio susceptible de ser interpretado. A maneira na que a mensaxe se concibe, exteriorizada, transmitida, recibida e interpretada, determina a efectividade e a consecución dos fins que persegue. Respecto á socioloxía, a comunicación ten un papel importante polo que representa en función das clases sociais, en relación co poder político e coa orixe e desenvolvemento das ideoloxías, ou respecto á educación dos cidadáns, etc. Filosoficamente, o problema da comunicación foi sempre obxecto de reflexión. Platón e Séneca falan da amizade como o elemento máis puro da relación interpersoal. Kant referiuse ao respecto, e Max Scheler, á simpatía. Para Jaspers,...

      5. comunicación animal

        Transmisión de información entre animais, normalmente da mesma especie, que ten como finalidade provocar un cambio na conduta. Pode realizarse para localizar o alimento, para a cohesión do grupo, a advertencia de perigos, a indicación da posición dentro da xerarquía social, a solicitude de atención, a identificación doutros membros da mesma especie ou para informar da receptividade sexual. Os sistemas de comunicación de cada grupo animal están en relación coas súas características fisiolóxicas, a precisión da mensaxe necesaria e o medio ambiente no que vive a especie. A diferencia da comunicación humana, os animais limitan o intercambio de información ao que, polo menos un deles, está percibindo no mesmo momento da comunicación. Isto ten como consecuencia que os animais só poden transmitir información relativa ao presente. Unha función básica da comunicación é a identificación correcta da parella para evitar as hibridacións entre distintas especies. Este é o papel primordial dos cantos...

      6. medio de comunicación

        medio de comunicación.

      7. comunicación de masas /

        Transmisión de significados culturais que se dirixe a un gran público. Faise a través dos chamados medios de comunicación de masas ou mass media: prensa, radio, televisión, cinematografía, etc. En función da finalidade e do contido da comunicación, pode considerarse como información, propaganda, publicidade ou relacións públicas. A socioloxía destaca a súa importancia como medio de control social que perpetúa o sistema establecido.

      8. comunicación non verbal /

        Acción de comunicarse a través da linguaxe corporal sen que interveña a linguaxe oral ou a escrita. Emprega dous tipos de sistemas de expresión: os sistemas visuais, caracterizados pola transmisión de información por medio de movementos e actitudes corporais; e os sistemas icónicos, baseados na comunicación a través de imaxes e símbolos.

      9. comunicación teatral

        Proceso de intercambio de información que se produce entre diferentes emisores e receptores que participan na representación en diversos planos. Primeiro hai que considerar a comunicación dramática, que é aquela que se produce entre os personaxes, ou a que se establece entre o personaxe e o público, que pode revestir diversas variantes e funcións. Despois estaría a comunicación propiamente teatral, a que se produce, de forma bidireccional, entre os actores, entre actores e personaxes, entre actores e espectadores, ou entre os propios espectadores. Os procesos de comunicación dramática e teatral constitúen o obxecto de estudo da semioloxía, da teoría da interpretación e das teorías da recepción, e están directamente relacionados cos tres procesos básicos da arte teatral: a interpretación, relación entre un actor e un personaxe; a actuación, xogo de relacións entre personaxes e actores; e a representación, un novo xogo relacional entre a escena...

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en maio de 1990 en Santiago de Compostela e dirixida por César Conde Cid, que se dedica ao sector da comunicación e da publicidade. Como empresa de servicios integrais de comunicación, encárgase da difusión dos produtos de determinadas empresas, á parte doutros traballos relacionados co márketing e coa comunicación institucional. Organiza tamén eventos, estudios de mercado e conta cun servizo de relacións públicas. Entre os seus clientes figuran diversas empresas do sector comercial, da banca e do mundo editorial, ademais de fundacións, museos, teatros e institucións relacionadas coa Xunta de Galicia. Asesoraron no campo da publicidade e da comunicación a Bodegas Martín Codax e realizaron a campaña de comunicación do proxecto Compostela 2000, Capital Cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de comunicar.

    2. Que dispón dun bo sistema de comunicacións.

      1. Nota aclaratoria ou que contén unha opinión sobre un tema determinado e que se fai pública.

    3. Reportaxe breve, de noticias urxentes, especialmente de carácter militar, xudicial ou político, realizado pola autoridade superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comunica ou serve para comunicar.

    2. Aplícase á persoa que ten facilidade para lle facer chegar á xente o que quere transmitir, especialmente o profesional de radio e televisión que ten unha gran capacidade para conectar co público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comunica algo ou se comunica con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a coñecer algunha cousa a alguén.

    2. Transmitir unha información un emisor a un receptor a través dun código determinado.

    3. Transmitir unha persoa ou unha cousa algo inmaterial que lle é propio.

    4. Poñer en contacto dalgunha forma persoas, cousas ou espacios.

    5. Establecer unha comunicación entre un emisor e un receptor.

    6. Ser capaz de transmitir o seu propio saber sobre un determinado tema.

    7. Estar ocupada a liña do teléfono ao que se chama.

    8. Establecerse unha comunicación a través dun código determinado.

    9. Poñerse en relación persoas, cousas ou espacios.

    10. Pasar algo dunha persoa ou dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de comunicativo.

    2. Facilidade á hora de comunicarse ou expresarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comunicación.

    2. Que se comunica facilmente a outros.

    3. Inclinado a comunicarse con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada nos procedementos e nas técnicas da comunicación de masas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia os medios de comunicación social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa que se editou en Ferrol en setembro de 1981. De tendencia católica, dedicouse a ofrecer información sobre o desenvolvemento da vida parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de común, do que se posúe entre varios.

    2. Reunión dos que viven en común.

      1. Conxunto de persoas unidas por uns mesmos intereses ou por unhas circunstancias comúns. Na tradición oral recóllense ditos como: “Na comunidade, non luzas a túa habilidade. Quen comunidade de-sexa, convén que común sexa”.

      2. Conxunto de membros da Igrexa ou dunha igrexa particular, especificamente os relixiosos que pertencen a unha orde determinada e viven nun convento.

      3. Grupo social caracterizado, xeralmente, por un vínculo territorial e de convivencia ou por unha afinidade de intereses e de convicións ideolóxicas (político-sociais, relixiosas, etc), e, en sentido máis amplo, conxunto de seres humanos.

      4. Unión, baixo un réxime administrativo común, dunha cidade ou vila coas poboacións situadas no seu termo. Aínda que o conxunto da comunidade se rexía polo organismo municipal da cidade ou vila -cabeza da comunidade-, existían outros organismos administrativos de ámbito local nas aldeas ou parroquias. Orixinarias da época repoboadora do s XII, adquiriron importancia durante a Baixa Idade Media en Castela e Aragón. Con todo, a coroa procurou disolver estas organizacións e desapareceron cos decretos de Nova Planta (1707).

      5. comunidade autónoma

        Entidade dotada de autonomía política na que se constitúen as nacionalidades e rexións de España para o exercicio do dereito de autogoberno que lles recoñece a Constitución de 1978 (Artigo 2 do Título Preliminar).
        Fundamentos xurídicos

        Lexislación
        A norma lexislativa na que se fundamenta o concepto de comunidade autónoma é a Constitución española de 1978, que dedica a esta materia varios puntos do seu articulado; dende o Título Preliminar ata as Disposicións Transitorias, o desenvolvemento do concepto e do seu contido recibiu a atención dos redactores da Carta Magna. O Capítulo Primeiro do Título VIII recolle os principios xerais da organización territorial do Estado; nel, ponse especial interese en evitar que as comunidades autónomas poidan interpretarse como instrumentos de privilexio, polo que o artigo 138.2 establece a igualdade de dereitos e obrigas, o equilibrio e a solidariedade no conxunto da nación. O Capítulo Terceiro deste Título...

      6. comunidade científica

        Grupo de investigadores e científicos de calquera disciplina ou especialidade ou dun determinado ámbito xeográfico. O termo apareceu por primeira vez no ano 1942 cando Polanyi o creou para referirse a un conxunto de investigadores cunha serie de crenzas comúns e que constitúen un grupo autónomo dentro do conxunto social. Posteriormente, outro investigador, R. K. Merton, definiu as normas que regulan as actividades das comunidades científicas e tamén as relacións dos seus membros. En 1965 Hagstrom retomou a idea de autonomismo, e afirmou que as influencias máis importantes sobre a comunidade científica son as opinións e ideas dos propios científicos. Non obstante , T. S. Kuhn deulle un novo enfoque ao termo, ao soster que a comunidade científica está regulada polas mesmas normas que articulan as relacións sociais de calquera tipo, e que, en certa maneira, a comunidade científica é o punto de referencia para a validación dos paradigmas que orientan a investigación científica. Desde a década...

      7. comunidade de base

        Pequeno grupo espontáneo constituído para realizar a fraternidade evanxélica nos diversos eidos da vida (intelectual, relixioso, político, etc) sobre a base dunhas razóns de afinidade (barrio, ideoloxía, compromiso político, traballo ou amizade). As comunidades de base naceron como reacción á falta de contacto persoal nas grandes parroquias urbanas e como busca comunitaria dun compromiso cristián concreto.

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación parroquial en galego que apareceu na parroquia de Santa Marta, en Santiago de Compostela, entre finais de 1985 e comezos de 1986. Subtitulouse “Boletín parroquial de Santa Marta”. Ofrecía espacios dedicados á cultura, como traballos sobre os castros galegos, ou a conmemoración do centenario de Rosalía de Castro, á parte dos artigos propios da parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación voluntaria creado o 8 de decembro de 1991 en Viskuli e integrado orixinariamente polas repúblicas integradas na Federación Rusa, Ucraína e Bielorrusia. O 24 de decembro sumáronse as repúblicas de Armenia, Acerbaixán, Kazakhstán, Kirguizistán, Moldavia, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán. Estas repúblicas asinaron o tratado de adhesión, no que se especificaba a igualdade entre os membros, polo que se estableceu un novo espazo para as relacións e a cooperación entre os estados independentes, buscando o control en materia de defensa, as reformas económicas e políticas. Comezou o seu funcionamento o 1 de xaneiro de 1992 e Xeorxia uniuse en decembro de 1993. A estrutura da CEI estaba dirixida polo Consello de Xefes de Estado e o Consello de Xefes de Gobernos. Contaba ademais cunha Asemblea Interparlamentaria, baleira de contidos, un Consello Económico Consultivo e unha Corte Económica. A CEI, que xurdiu como resultado do proceso promovido coa Perestroijka...

    VER O DETALLE DO TERMO