Comunidade de Estados Independentes

Comunidade de Estados Independentes

Organismo de cooperación voluntaria creado o 8 de decembro de 1991 en Viskuli e integrado orixinariamente polas repúblicas integradas na Federación Rusa, Ucraína e Bielorrusia. O 24 de decembro sumáronse as repúblicas de Armenia, Acerbaixán, Kazakhstán, Kirguizistán, Moldavia, Taxikistán, Turkmenistán e Uzbekistán. Estas repúblicas asinaron o tratado de adhesión, no que se especificaba a igualdade entre os membros, polo que se estableceu un novo espazo para as relacións e a cooperación entre os estados independentes, buscando o control en materia de defensa, as reformas económicas e políticas. Comezou o seu funcionamento o 1 de xaneiro de 1992 e Xeorxia uniuse en decembro de 1993. A estrutura da CEI estaba dirixida polo Consello de Xefes de Estado e o Consello de Xefes de Gobernos. Contaba ademais cunha Asemblea Interparlamentaria, baleira de contidos, un Consello Económico Consultivo e unha Corte Económica. A CEI, que xurdiu como resultado do proceso promovido coa Perestroijka de Gorbačov, facilitou a democratización e liquidación das vellas estruturas comunistas, pero non foi quen de establecerse como un órgano supranacional dotado de principios xurídicos polo temor das repúblicas independentes a caer baixo o dominio da Federación Rusa.