"Mut" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 118.

    1. Impresionar ou facer cambiar o estado de ánimo de alguén.

    2. Sentir alguén unha forte impresión ou conmoción no ánimo. OBS: Úsase xeralmente en construcións negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ludwigshafen, Renania-Palatinado 3.4.1930) Político alemán. Membro da Christlich Demokratische Union Deutschlands (CDU) desde 1947, foi xefe de goberno do estado federado de Renania-Palatinado (1969-1976). En 1973 foi designado presidente da CDU e en outubro de 1982, trala vitoria electoral da democracia cristiá (CDU-CSU), foi nomeado chanceler da RFA, cargo que renovou en 1987. Impulsou a política de reunificación das dúas Alemañas e, cando se produciu esta (1990), foi elixido chanceler do novo Bundestag unificado despois das eleccións de 1990, e reelixido en 1994. O seu goberno caracterizouse polo seu labor a prol da Comunidade Europea e da Unión Monetaria Europea. Trala derrota electoral da democracia cristiá (1998), foi substituído por G. Schröder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Foi discípulo de H. Lausberg e L. Weisgerber. Foi profesor nas universidades de Friburg de Brisgovia, Berlín e Kiel.   Orixinariamente romanista, publicou numerosos traballos de dialectoloxía e lexicoloxía (Die Strukturelle Entwicklung des romanischen Vokalismus, O desenvolvemento estrutural do vocalismo románico, 1956; Geschichte des romanischen Wortschatzes, Historia do léxico románico, 1968). Posteriormente estendeu as súas investigacións cara ao ambito da lingüística xeral, especialmente ás relacións entre lingua e escritura (Die Alphabetschrift und das Problem der Lautsegmentierung, A escritura alfabética e o problema da segmentación dos sons, 1969; Auf dem Weg zu einer Theorie des Sprachwandels, Por unha teoría do cambio lingüístico, 1980, e Sprachgeographische Variation und Sprachverschriftung, As variantes xeográficas da linguaxe e a súa transcrición, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero fósil, da orde dos proboscídeos, dunha grande altura (3 m) e cuns cairos que podían alcazar os 5 m de longo. A súa pel tiña un grosor de 2 cm e atopábase recuberta de pelo longo. Tiñan unha capa adiposa de 10 cm de grosor, que lles proporcionaba unha gran resistencia ao frío. Habitaron en Europa durante o Cuaternario, e pasaron a América do Norte polo estreito de Bering durante a última glaciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudou na Universidade de Würzburg, onde se doutorou en 1977. Traballou no Max-Planck-Institut für Biochemie (Martinsried). Recibiu o Premio Nobel de Química (1988), xunto con R. Huber e J. Deisenhofer, polos seus traballos sobre o coñecemento da estrutura molecular das proteínas das membranas celulares fotosintéticas e a transferencia dos electróns na fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, sobriño de H. K. Bernhard von Moltke. Participou na campaña contra Francia (1870-1871) e desde 1906 ocupou a xefatura do Estado Maior Xeral, cargo do que foi destituído en 1914 e substituído por E. von Falkenhayn, tras a derrota fronte ás tropas aliadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Nomeado xefe do Estado Maior Xeral (1857-1888), reorganizou e mellorou, xunto co ministro da guerra Albrecht von Roon, o exército prusiano. Interveu na segunda parte da campaña contra Dinamarca e dirixiu as operacións contra Austria (1866) e Francia (1870), que lle deron prestixio abondo para acceder como deputado ao Reichstag. Foi mariscal de campo (1871) e membro vitalicio da Bundesrat (1872), pero foi relevado das súas funcións por Guillerme II de Prusia en 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa exipcia, unha das señoras do ceo, que gozou de gran prestixio a partir do Reino Novo (1567 a C) como a dona de Ammón na tríade tebana. Representábase como unha raíña coa dobre coroa, como un voitre ou con cabeza de leoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de mutable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de mutar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mudar ou mudarse.

      1. Alteración permanente dun ou máis caracteres hereditarios como consecuencia dun cambio no material xenético dunha célula, que se transmite ás células fillas. As mutacións xenéticas modifican a morfoloxía ou a fisioloxía dos individuos e poden ter unha causa artificial, de tipo químico ou radioactivo. As mutacións inducidas son provocadas por un axente mutaxénico, e as espontáneas atribúense ao azar. As mutacións cromosómicas modifican o número, a estrutura e a distribución dos cromosomas, e as xénicas alteran un ou máis xenes e poden ter un efecto favorable, neutro ou desfavorable sobre os individuos. A selección natural elimina moitas mutacións desfavorables e potencia as que son beneficiosas para o individuo. As mutacións introduciron resistencias de bacterias contra os antibióticos, facéndoas insensibles a doses que antes eran letais.

      2. frecuencia de mutación

        Proporción dun tipo de mutantes que se atopan presentes nun momento dado nunha poboación celular en crecemento, e que depende da taxa de mutación e do grao de selectividade do medio.

      3. taxa de mutación

        Probabilidade de que unha célula dunha poboación celular en fase de crecemento sufra de xeito espontáneo un tipo específico de mutación. A taxa de mutación exprésase por


        FORMULA


        onde a é a taxa de mutación; m, o número de mutacións específicas dentro da poboación, e d, o número de ciclos de divisións celulares individuais dentro da poboación.

      1. Cambio dun modo a outro ou cambio de tonalidade que se produce nunha peza musical.

      2. Cambio que se introduce na resposta da fuga.

      3. Modificación da tesitura nun cantante, especialmente nos nenos, cando se fan homes.

      4. mutacións de órgano

        Xogos da boca do órgano, empregados para dar os harmónicos que acompañan as melodías. Poden dar un acompañamento tonal diferente, segundo o uso que se faga.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría da evolución formulada por Hugo de Vries en 1900, que expresa que os seres vivos evolucionaron mediante unhas grandes mutacións inesperadas aparecidas en liñas puras, sen intervención da selección natural nin da herdanza dos caracteres adquiridos. A teoría do mutacionismo foi reforzada polas leis de Mendel, que explican o mecanismo mediante o que as mutacións se poden combinar e transmitir á seguinte xeneración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mutacionismo.

    2. Partidario do mutacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. De nome Abū-l- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ṭ ayyib A Palatino; ḥ mad ibn Palatino; Ḥ usayn, dedicouse á poesía panexírica, primeiro na corte hamdanida de Sayf al-Dawla (948-958) e despois na buwayhí. Pola riqueza da súa linguaxe está considerado o máximo expoñente da poesía clásica árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ āfa Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẓ a de Iraq (51.740 km2; 350.000 h [estim 1991]). A capital é Al-Samāwa (33.473 h [1970]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao individuo, fenotipo, carácter, xene ou alelo que provén dunha forma salvaxe por mutación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi xefe sarraceno da familia dos Banū Qasī e valí de Iruña, ata que morreu durante a revolta antiomeia que puxo fin á dominación musulmá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no cambio de poder rotatorio específico dunha substancia disolta en auga ou nalgún outro disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO