"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • PERSOEIRO

    Físico, enxeñeiro e oficial da armada. Fillo de Lazare Nicolas Carnot, interesouse especialmente polas máquinas de vapor. En 1842 publicou Réflexions sur la puissance motrice du feu et sur les machines propres à développer cette puissance (Reflexións sobre a potencia motriz do lume e sobre as máquinas propias para desenvolver esta potencia). Nesta obra trata o problema xeral dunha máquina térmica capaz de producir traballo e formula o principio de Carnot, que serviu, coas achegas de Lord Kelvin e a posterior elaboración de Clausius, para converterse no segundo principio da termodinámica. Consérvanse algunhas das súas notas nas que queda patente que Carnot atopara a equivalencia entre calor e traballo, que calculara un coeficiente de conversión (o equivalente mecánico da calor) e que consideraba que a cantidade de traballo do Universo é constante, co que se avanzou o primeiro principio da termodinámica. Está considerado o fundador desta disciplina científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor. Deste xeito, un motor térmico ten que traballar con dúas fontes de calor a distintas temperaturas, tomando calor da máis quente e transmitíndoa á máis fría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema da termodinámica que establece que o rendemento R dun motor térmico, que intercambia calor con dúas fontes de calor a diferentes temperaturas, é máximo se o traballo se produce seguindo un proceso reversible (como, por exemplo, un ciclo de Carnot). Neste caso, é independente das substancias que experimentan este proceso e só depende das temperaturas das dúas fontes: R=1-(T2/T1).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral das parroquias de San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota, no concello homónimo, que se estende entre a punta de Caldebarcos, ao N, e a Punta Sarsas, ao S. O areal, o maior de Galicia, cun arco de 7 km de lonxitude, pecha no seu interior un complexo sistema de marismas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Columba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Muros, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Dumbría (comarca de Fisterra) e Mazaricos (Xallas), ao S co de Muros (Muros) e o Océano Atlántico, ao L con Muros e Mazaricos(Xallas) e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 70,9 km 2 cunha poboación de 5.017 h (2007), distribuídos nas parroquias de Lariño, Lira, O Pindo, San Mamede de Carnota e Santa Columba de Carnota. A capital municipal, a vila de Carnota, situada na parroquia de Santa Columba, está a 42° 49’ 20’’ de latitude N e 9° 5’ 20’’ de lonxitude O, 130 km ao SO da Coruña e 88 km ao O de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Muros e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal está situado baixo o dominio climático oceánico húmido e pertence ao subtipo galego do litoral atlántico do NO, caracterizado pola notable suavidade térmica e por precipitacións abondosas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bimensual que apareceu na vila de Carnota en outubro de 1983 e que se deixou de editar en 1986 (nº 16). Levou o subtítulo de “Boletín informativo do Concello”. O primeiro exemplar saíu baixo o título de Cornatum co número 0. O coordinador foi Xosé Manoel Currás Rúa e entre os colaboradores figuran Francisco Carballo, Manoel Villar, Ramón Noceda, Darío Xohán Cabana, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, A. Avilés de Taramancos e Fernán-Vello, entre outros. Das seccións do boletín destacan: “Temas do Concello”, “Cousas”, “Opinión”, “Saúde” e “Nenos”. Incluía tamén un apartado especial dedicado á historia do concello da autoría de Barreiro Barral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construído entre 1768 e 1783 polo canteiro Domingo Quintela, está situado xunto á casa rectoral. Ten 35 m de lonxitude polo que é un dos hórreos, xunto co de Lira, máis longos de Galicia, e está sostido por 22 pares de pés rematados en tornarratos circulares. Está situado xunto á casa rectoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Carnota ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Carnota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tautomería na que as estruturas se diferencian pola posición dun átomo ou dun grupo de átomos que son capaces de dar un catión estable, de xeito que se pode considerar que o paso dunha estrutura a outra vén dado, formalmente, pola migración dun catión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento conmemorativo de carácter funerario erixido en memoria dun personaxe ilustre no que non está o corpo do defunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cianose.

    2. Persoa que sofre cianose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cobre e aluminio hidratado de fórmula Cu4Al2(OH)12SO4·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis. Ten peso específico 2,74-2,95.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi autor dunha concepción psicolóxica sensualista que exerceu unha grande influencia sobre os ideólogos, como Destut de Tracy ou Cabanis. Prolongou a análise gnoseolóxica de Locke e sostivo que a reflexión non era unha segunda fonte do coñecemento, senón un efecto natural e espontáneo das sensacións que, ao combinarse entre elas, facían xurdir desde o exterior (antiinnatismo), e de xeito progresivo, todas as ideas e facultades. Este sensualismo determinou tamén a súa concepción da vida social e económica, que se baseou na sensación de necesidade. Na súa análise da linguaxe afirmou que non existía unha correspondencia entre signo e significado e que polo tanto a linguaxe non era perfecta. Estimou entón que unha ciencia para ser perfecta tiña que ter unha linguaxe perfecta e definiu a ciencia como unha linguaxe ben feita. Das súas obras destacan Essai sur l’origine des connaissances humaines (Ensaio sobre a orixe dos coñecementos humanos, 1746), Traité des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano de goberno das cidades galegas durante a ocupación francesa na Guerra da Independencia. Formárono os representantes da Igrexa e da nobreza, comerciantes, profesionais liberais e os rexedores dos concellos. Actuou en Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago de Compostela e Tui. Tiña como competencias a resolución dos problemas máis inmediatos das vilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de connotar.

    2. Propiedade que teñen algúns termos para designar o seu obxecto propio, expresando algúns dos seus atributos. Na lóxica moderna, refírese ao conxunto de notas que designan un obxecto ou que constitúen un concepto.

    3. Conxunto de significados adicionais, xuntamente coa denotación, que transmite unha palabra, dentro do sistema de valores do emisor e receptor. Así, por exemplo, a palabra vermello, denota ‘unha determinada cor’ e connota, é dicir, poden asociarse a esa palabra outros significados, como ‘perigo’ (un semáforo), ‘sangue’, ‘tendencia política’, ‘romanticismo’ (rosas) ou ‘paixón’.

    4. Conxunto de valores subxectivos e secundarios que se engaden ao significado primario da denotación para intensificar a súa carga estilística e expresiva. Os tropos (metáfora, alegoría ou símbolo) son os recursos retóricos de maior valor connotativo, pola súa capacidade para xerar asociacións semánticas e contidos significativos novos. Acada a súa concentración máis alta nos textos poéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atribuír unha información semántica a unha unidade lingüística, engadida á significación primaria en función do contexto ou da subxectividade.

    2. Implicar cun atributo.

    VER O DETALLE DO TERMO