"Niza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 279.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptar á maneira catalana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización do Tratado Central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode colonizar.
-
-
Acción de colonizar.
-
Asentamento en novos territorios dun grupo humano, coa finalidade de explotalos economicamente e poboalos sen respectar a organización do país ocupado e mantendo vínculos coa cidade ou rexión de orixe.
A colonización antiga
Durante a Prehistoria e a Idade Antiga o movemento colonizador estivo ligado ás migracións dos pobos na procura de terras mellores ou ao establecemento de colonias ou factorías. As colonizacións dos fenicios e dos gregos fundaron establecementos de carácter permanente, coa finalidade de lles dar saída aos excedentes de poboación, e mantiñan a independencia respecto á súa poboación de orixe, coa que compartían a lingua e a cultura. O proceso de colonización dos fenicios tivo a súa orixe nas factorías comerciais que estableceron en diversos puntos das costas do Mediterráneo, como escalas no seu comercio marítimo, ao redor do 1100 a C. Das numerosas fundacións fenicias destacaron Cartago e Útica, nas costas do N de África, e Gadir e Tartessos en...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen coloniza.
-
-
Establecerse colonos nun territorio, xeralmente despoboado, para cultivalo, exploralo e poboalo. Ex: Aínda non se sabe con seguridade qué civilización foi a primeira en colonizar estas terras.
-
Converter un país en colonia mediante a imposición dun dominio político e económico e dunha cultura foránea.
-
Ocupar unha especie (vexetal, animal ou bacteriana) un novo hábitat.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación dunha porción de tecido en forma de cono. Practícase, especialmente, no colo uterino cando se constata que na súa espesura hai un tecido anómalo.
-
ENTRADA LARGA
Proceso de movemento desconcentrador de persoas e actividades económicas dende as áreas urbanas cara ás áreas rurais e dende as metrópoles e cidades cara ás vilas e aldeas.
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento conceptual
O concepto de contraurbanización xurdiu nos EE UU na década de 1970 para denominar un proceso contrario ao da urbanización tradicional: fronte á urbanización clásica definida por movementos centrípetos de poboación e fluxos económicos cara ás principais cidades e grandes áreas metropolitanas, apareceu un proceso de sentido contrario, de movementos centrífugos dende as grandes cidades cara a pequenos asentamentos urbanos e rurais. Representa unha inversión do sentido dos fluxos demográficos e económicos nos sistemas de asentamento dos países máis desenvolvidos, que a partir dela se verifican fundamentalmente en sentido descendente, dende os asentamentos de poboación de maior volume cara aos menores. Os fluxos de poboación urbana cara ás áreas rurais caracterízanse pola... -
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cristianizar.
-
-
Difundir a relixión cristiá.
-
Facer que algunha cousa estea conforme cos preceptos cristiáns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de condensación, con deshidratación, dun aldehido ou dunha cetona con outro aldehido ou outra cetona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impregnación con cutina da membrana celulósica das células vexetais epidérmicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impregnar(se) con cutina a membrana celulósica das células vexetais epidérmicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de demonizar.