"Oín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 202.

  • IGREXAS

    Igrexa e mosteiro situado na parroquia de Baíñas (Vimianzo). O antigo mosteiro medieval, de orixe descoñecida, foi fundado durante o episcopado de Sisnando I, bispo de Compostela. Tivo o título de abadía ata o ano 1417, data na que foi anexionado ao cenobio de San Pedro de Fóra de Santiago, por privilexio do arcebispo don Lope de Mendoza. En 1487 converteuse en priorado de San Martiño Pinario. Actualmente é igrexa parroquial. Das súas antigas dependencias só se conserva o templo de estilo románico avanzado, datado no primeiro terzo do século XIII; destaca a ábsida, de planta rectangular, cun arco triunfal apuntado e dobrado que descansa en capiteis troncocónicos con decoración vexetal moi xeometrizada. No exterior son notables as arcadas de medio punto que se dispoñen entre os contrafortes da capela. Nos beirís dos tellados da nave consérvanse numerosos canzorros decorados con figuras humanas. O tímpano da porta norte decórase coa figura dun xinete, de formas moi bastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico. Descubriu o bromo en 1826 ao illalo da auga do mar e demostrou a súa afinidade co cloro e o iodo. Foi profesor en Montpellier, na Sorbonne e no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Deputado nos Estados Xerais (1788), chegou a ser presidente deles (1791). Logo da fuxida frustrada de Luís XVI (xuño de 1791), aconsellou o establecemento dunha monarquía constitucional moderada e fixo votar a súa inviolabilidade. A Convención condenouno a morte e foi guillotinado. É autor, entre outras obras, dunha Introdution à la Révolution française (Introdución á Revolución Francesa) publicada postumamente no 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Gran coñecedor das formas animais, traballou para un ourive e realizou modelos de animais para o Jardin des Plantes de París (1823-1831). A súa primeira época testemuña unha busca apaixonada do movemento. En 1837 impedíuselle expoñer nos salóns pero reapareceu en 1847 co León en repouso, sinal dunha nova dirección na súa obra: a busca romántica do movemento foi substituída pola clásica do equilibrio (Combate do centauro e do lapita, 1850). Realizou o tímpano do Pavillón do Reloxo do Louvre con Napoléon dominando a Historia e as Artes. Tamén cultivou a pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Xenro e discípulo de François Boucher. É o representante máis característico da pintura galante da época de Luís XV. As súas obras O froito do amor secreto e A esposa indiscreta, entre outras, reflicten a súa temática amorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico e químico. Ideou a escala de densidades Baumé, investigou sobre a fabricación da porcelana e formulou as gotas amargas de Baumé, tónico amargo e estimulante. Publicou Dissertation sur l´éther (Disertacións sobre o éter, 1575), Traité de Pharmacie théorique et pratique (Tratado de Farmacia teórica e práctica, 1762) e Chimie expérimentale et raisonnée (Química experimental e razoada, 1773).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro. Fundador do primeiro gran restaurante de París entre 1782 e 1786 chamada   Gran Taberna de Londres. É autor do tratado de gastronomía L’art du cuisinier (A arte do cociñeiro, 1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Profesor de Química en Montpellier. Traballou con enzimas e con fermentación vínica e descubriu o ácido arsanílico. Fixo posible a denominada redución de Béchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou na École Polytechnique. Oficial do exército napoleónico, deixou a carreira e dedicouse á ciencia. Descubriu a piezoelectricidade (1819) e inventou un galvanómetro diferencial e unha balanza electromagnética. É considerado un dos fundadores da electroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, fillo de Alexandre-Edmond Becquerel. Estudiou na École Polytechnique. En 1892 sucedeu o seu pai na cátedra do Musée d’Histoire Naturelle, e en 1895 chegou a profesor da École Polytechnique. Efectuando experimentos con raios X, descubriu a radioactividade natural ao observar que un composto de uranio velaba as placas fotográficas; posteriormente, demostrou que a causa que velaba a placa consistía en tres tipos de radiación: α, β e γ. En 1903 comparte cos Curie o Premio Nobel de Física. Estudiou tamén a polarización e absorción da luz nos cristais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais amarelentos cun lixeiro olor a alcanfor que se funden a 137°C. Obtense por condensación benzoínica de dúas moléculas de benzaldehido. Emprégase en perfumería, cosmética e farmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á benzoína.

    2. Condensación bimolecular dos aldehidos aromáticos en solución hidroalcohólica, baixo a influencia catalítica dun cianuro alcalino, que produce benzoínas ou aciloínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarquista, autor do atentado contra o Tsar Alexandre II na Exposición de París (1867). Foi condenado a vinte anos de traballos forzados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo vivo ou asociación de organismos que serve para revelar as condicións (edáficas, xeográficas, climáticas, de estado de conservación e de contaminación, etc) do medio onde se desenvolve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de actividades industriais que basean o seu funcionamento nos procedementos propios da Biotecnoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ámbito de coñecemento que se ocupa das aplicacións da informática na Biotecnoloxía. Tamén se encarga da organización de bases de datos relativas aos materiais empregados na bioindustria e do modelado da estrutura e dinámica dos sistemas moleculares e celulares, para poder automatizar o funcionamento dos biorreactores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Toxinas específicas sintetizadas, principalmente por bacterias, contra unha especie ou un xénero de insectos, sen efectos contaminantes para o medio ambiente.

    2. Microorganismo sintetizador de toxinas insecticidas específicas e inocuas para o medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Formou parte do grupo Nova Dereita da narrativa francesa coas súas novelas L’Europe buissonnière (A Europa de monte, 1949), Les enfants du Bon Dieu (Os nenos do Bo Deus, 1952) e L’humeur vagabonde (O humor vagabundo, 1955), Un singe en hiver (Un mono en inverno, 1959), Monsieur Jadis (Señor Jadis, 1970) e os relatos de Quat’ saisons (1975) reflicten o seu espírito bohemio. Cultivou tamén o ensaio coa obra Certificats d’études (Certificados de estudios, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gorra redonda e plana, fabricada en la ou en feltro, que adoita ser de cores escuras e que non leva viseira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Quiroga. As súas armas levan, en campo de goles, unha voíña.

    VER O DETALLE DO TERMO