"OIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 172.
-
PUNTA
Punta que constitúe o extremo occidental da península de Bezoucos (ou Bisancos), no litoral da parroquia de Cervás, no concello de Ares, situada entre as rías de Ferrol, ao N, e de Ares, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende coitelos ou coitelas. Ex: O meu avó era un dos coiteleiros máis coñecidos do lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar no que se fan ou venden coitelos. Ex: Teño que pasar pola coitelería para recoller un coitelo novo.
-
-
Utensilio consistente nunha folla, normalmente de metal, cun só fío de corte e cun mango de madeira, metal ou doutro material, que se emprega para cortar, picar, trinchar, escamar, mechar, etc. Na tradición oral recóllense ditos como: “O coitelo que non corta con poñerlle o dedo abonda. O mal coitelo non corta na carne e corta no dedo. Coitelo que non corta, que se perda pouco importa”. Ex: Este coitelo de cociña hai que afialo de novo porque xa non corta.
-
-
Cada un dos triángulos formados por dous pares e un tirante que hai na armadura dunha cuberta.
-
Estrutura vertical dunha cimbra.
-
-
Peza lítica tallada de forma alongada que presenta un bordo con retoque cortante mentres que o oposto conserva o córtex.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
2coita.
-
-
Unión sexual humana que consiste na introdución do pene do macho na vaxina da femia, que xeralmente vai acompañado dunha serie de procesos fisiolóxicos que producen pracer.
-
Unión sexual que se realiza mediante a introdución do pene dentro do ano.
-
coitus interruptus.
-
-
-
-
Cada unha das puntas do pau menor do xogo da billarda, que recibe tamén o nome de billarda.
-
Golpe dado co palán en calquera das puntas da billarda, no xogo da billarda.
-
-
Lugar marcado, xeralmente un círculo, que en distintos xogos pode indicar a prisión, o lugar de salvación ou o lugar a partir do que se inicia o xogo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método contraceptivo que consiste en interromper o acto sexual e efectuar o home unha exaculación extravaxinal. É unha práctica que ocasiona unha alta porcentaxe de fracaso (15-40%) e pode xerar insatisfacción sexual e crear certos problemas psicolóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupos organizados pola Unión do Pobo Galego (UPG) no ano 1970 co obxectivo de mobilizar o campesiñado galego dentro do bloque de ‘forzas revolucionarias’ que aspiraban a transformar Galicia. Os primeiros integrantes foron técnicos de Extensión Agraria de ideoloxía nacionalista, membros ou achegados á UPG, baixo o liderado de Ramón Muñiz. Axiña se incorporaron a este proxecto político estudiantes universitarios ou de formación profesional procedentes do medio rural e algúns cregos próximos a Cristiáns polo Socialismo. Entre o ano 1970 e o 1972 establecéronse por toda Galicia, sobre todo nas áreas de Monforte, Ribadeo, O Courel, A Fonsagrada, Verín, O Barbanza, Soutomaior, Troáns, Arbo, Sela, Cuntis e Vilanova. Os CALL foron o xermolo das Comisións Labregas (CC LL), creadas en 1973 e dende 1989 denominadas Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CC LL), e permaneceron activos ata 1975, cando xunto coas CC LL, elaboraron o Programa Agrario galego.
-
-
íveres e conxunto de cousas necesarias para vivir.
-
Obriga do señor de facilitar comida e demais provisións de viaxe ao vasalo enviado ou convocado a tarefas de mensaxería, se debía deixar o lugar de residencia máis dun día.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido de estrutura semellante á da heparina que, por hidrólise, produce ácido sulfúrico, acético, glicurónico e galactosamina na córnea e no tecido conectivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromato de chumbo, de fórmula PbCrO4. Cristaliza no sistema monoclínico en cristais prismáticos que presentan estrías. Ten unha cor vermella alaranxada ou amarelenta. Está asociada con piromorfita, cerusita e outros minerais secundarios do chumbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ave insectívora nocturna que pertence, en Europa, ao xénero Caprimulgus. Tamén recibe o nome de avenoiteira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
desacostumar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que perdeu o costume ou o hábito de facer algo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Michigan, EE UU, á beira do río Detroit, que comunica os lagos Erie e Saint Clair (1.000.272 h [1997]). É a setima cidade dos EE UU, cun 75% da poboación afroamericana, un 21% descendente de europeos e o 2,8% de orixe hispana. A industria do automóbil é o sector máis destacado da economía, e conta con importantes compañías como General Motors, Ford e Chrysler. Tamén cómpre salientar as empresas de transporte e o comercio. Nos últimos anos do s XX, converteuse nun dos centros financeiros máis destados do país, feito que provocou que a maior parte da poboación se concentrase no sector terciario. Entre as principais institucións culturais salientan The Detroit Institut of Arts e o Henry Ford Museum & Greenfield Village. Fundada no ano 1701 polo francés Antoine de la Mothe Cadillac co nome de Fort Pontchartrain du Detroit, foi conquistada en 1760 polos ingleses e incorporada aos EE UU no ano 1796.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Numeral cardinal que equivale a dezasete máis un.
-
Que ocupa o dezaoito lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e, polo tanto, equivale a décimo oitavo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 18 e na romana por XVIII.
-
Décimo oitava hora despois das doce da noite. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado ao golpe de estado liderado por Napoleón Bonaparte, que rematou co Directorio da República francesa, substituído polo Consulado o día 18 de Brumario do ano VIII (9 de novembro de 1799). O nome de Brumario fai referencia ao segundo mes do ano republicano de Francia, que comezaba o 22 de outubro e remataba o 20 de novembro. Os problemas financeiros, os desastres ocasionados pola guerra contra as potencias europeas, os problemas de orde pública, a lamentable situación da instrución pública, etc, foron os principais factores desencadeantes do descontento popular que foi aproveitado polos conspiradores para poñer fin ao Directorio creado en 1795. Triunfante o golpe, que contou co apoio do exército e de destacadas personalidades da vida política francesa, e coa oposición da maioría dos membros dos dous corpos colexisladores (o Consello dos Anciáns e o Consello dos Cincocentos), creouse unha comisión executiva provisional integrada polo xeneral Bonaparte e os antigos membros do Directorio,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...