"ONU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 79.

    1. Aumento do número de leucocitos mononucleares, en valor absoluto e en relación cos outros tipos de leucocitos.

    2. Enfermidade infecciosa, provocada polo virus de Ebstein-Barr, que se manifesta con febre, adenopatías cérvico-occipitais, esplenomegalia, inflamación amígdalo-farínxea e leucocitose linfomonocitaria atípica. Ten un curso agudo e benigno. O diagnóstico clínico confírmase mediante a proba de Paul-Bunnell. OBS: Tamén se denomina febre ganglionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nucleótido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de fontes históricas medievais de Alemaña e de Europa, fundada e dirixida inicialmente (1818-1823) por G.H.Pertz e publicada primeiro pola Gesellschaft für Deutschlands ältere Geschichitskunde, e despois por outras entidades coma a Akademie der Wissenschaften in Berlin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un monumento.

      1. Que é grandioso pola súa dimensión ou importancia.

      2. Que é moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de monumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia arquitectónica que intenta crear edificios que impresionen non tanto pola medidas colosais como pola proporción dos elementos que utiliza. Son exemplos as construcións nazis de Albert Speer e múltiples obras soviéticas a partir de 1931. En España, esta tendencia dominou a arquitectura da época franquista, en que destacaron o Valle de los Caídos, de P. Muguruza; e o Ministerio do Aire, de Gutiérrez Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra de escultura ou de arquitectura erixida para perpetuar a lembranza dunha persoa ou un feito memorable.

      2. Edificio notable dun lugar ou unha cidade, coma as igrexas ou os pazos.

      3. Obra de importancia notable para as artes, a historia ou a literatura dun país ou dunha cultura.

      4. monumento funerario

        Sepulcro ou obra arquitectónica ou escultórica realizado co fin de honrar a un morto.

      5. monumento nacional

        Monumento que polo seu valor arqueolóxico ou histórico, por decreto positivo, queda baixo a tutela do Estado con vista á súa conservación e restauración. Todos os monumentos quedaron desde 1803, en España, baixo a dependencia do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes. Para velar máis directamente os monumentos, en 1844 foi creada en cada provincia unha comisión provincial de monumentos históricos e artísticos, reorganizada en 1854. As primeiras actuacións provinciais remóntanse a 1870.

    1. Altar especial, cun sagrario ou tabernáculo, que contén nas igrexas o Xoves Santo, para a reserva da Eucaristía do Venres Santo. Antes da reforma da Semana Santa adoitaba ser unha escalinata adornada con flores e cirios e, enriba de todo, unha furna en forma de sepulcro, onde era depositada a Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a un dos catro documentos redactados por Augusto para ser lido no Senado despois da súa morte e para ser gravado en dúas taboas de bronce emprazadas no exterior do seu mausoleo. Este documento, escrito no ano 14 a C, ofrece unha relación das honras recibidas polo emperador, un estado de contas dos seus gastos persoais, enumera as súas xestas e fai unhas consideracións sobre a súa figura dentro do Estado romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que termina nun pequeno mucrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén nove veces unha cantidade.

    2. Cantidade que equivale a nove veces outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia formada por unhas poucas unidades de nucleótido. Fórmase pola acción da ribonuclease sobre os ácidos nucleicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización das Nacións Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forzas militares creadas de acordo co artigo 43 da Carta do Atlántico. A ONU nunca dispuxo de forzas militares propias, pero desde 1948 recorreu a efectivos militares facilitados voluntariamente por máis de 60 países. Estas forzas son denominadas cascos azuis pola cor do casco ou boina que empregan. Os seus vehículos van pintados de branco, co distintivo UN. Segundo o artigo 42 da Carta de Nacións Unidas, o Consello de Seguridade pode emprender a acción que sexa necesaria, con forzas terrestres, navais e aéreas, para manter ou restablecer a paz e a seguridade internacional. Nas misións que cumpren, as tropas ao servizo da ONU só poden empregar a forza, de xeito moi limitado, para a autodefensa. Unicamente interveñen en guerras cando o Consello de Seguridade llo encomenda a un grupo de nacións, habitualmente lideradas por EE UU. Foron os casos de Corea (1950-1953), o Golfo Pérsico (1991) e a antiga Iugoslavia (1995). Desde 1988 efectivos españois participan nas diversas campañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Huelva ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Huelva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (12.440 h [2001]). É un centro mineiro e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de peptona nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, herbáceas ou coa base leñosa, con cinco pétalos de cor branca ou rosada e froito disposto en aquenio con forma lenticular. A especie P. fagopyrum emprégase como cultivo xa que ten sementes das que se obteñen fariñas panificables. En Galicia danse as especies P. maritimum en praias e P. aviculare, P. hydropiper e P. persicaria en camiños e beiras de regatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura liberal dirixida, na noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, polo mariscal de campo, Juan Díaz Porlier. Tiña como obxectivo restaurar a orde constitucional que daría a España as liberdades políticas. O corpo militar estaba de acordo, menos o capitán xeneral de Galicia, Filipe Saint March, que foi encarcerado. O pronunciamento foi xestado no balneario de Arteixo, onde descansaba por motivos de saúde. Na cidade da Coruña foi un éxito pero desde Santiago de Compostela, cidade cara á que se dirixiu para continualo, as institucións militares, civís e eclesiásticas organizaron a contraofensiva. O día 21, Porlier, traizoado por parte das súas tropas, foi detido no lugar de Merelle, preto de Ordes, e encarcerado en Santiago de Compostela. Foi trasladado á Coruña e permaneceu no Cárcere Real ata que foi condenado a morte e aforcado o 3 de outubro de 1815.

    VER O DETALLE DO TERMO