"ORGA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Planta herbácea que presenta talos filiformes de cor vermella acastañada e flores branco-rosadas que aparecen en pequenos glomérulos globosos. Son plantas parasitas de toxos ou xestas. Florecen no período comprendido entre xuño e agosto na maior parte de Galicia. Tamén recibe os nomes de barbas de raposo e cerro do raposo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ostān de Golestan, Irán, situada ao longo dun tributario do río Qareh, preto do mar Caspio (188.710 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os restos das antigas murallas e a torre mausoleo de Gunbad-i-Qabus (s XI).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos compostos que non conteñen carbono e a aqueles compostos de carbono característicos do reino mineral, como os óxidos, os carbonatos e os carbóns.

    2. Que carece de organización.

    3. Que resulta estraño ao sistema dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental, con sede en Xenebra, dedicada ao desenvolvemento de normas que faciliten o intercambio mundial de servicios e mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano situado na cabeza das serpes que lles permite procesar e recoñer olores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica 10/2002, de 24 de decembro, que supón, sobre todo, un cambio da filosofía educativa con respecto á LOXSE. Sen publicar un Libro Branco, aprobouse unha norma que desbota os piares básicos da Reforma LODE/LOXSE: a escola participativa e o modelo comprensivo. A LOCE implantou un dobre sistema de segregación do alumnado: polo currículo e por centros. Aínda que nun principio podería pensarse que a principal forma de segregación reside na determinación de itinerarios diferenciados a partir do 2º ciclo da ESO ou na creación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP), o certo é que se produciu fundamentalmente debido ao novo sistema de avaliación e promoción. Recuperouse a repetición de curso, os exames extraordinarios de setembro ou xullo e a reválida. Por outra banda a lei estendeu o réxime de concertos á escola infantil e o ensino da relixión católica volveu recuperar valor académico. A LOCE arremeteu contra o modelo de escola participativa e incrementouse o poder dos directores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que naceu como unha norma necesaria para desenvolver harmonicamente os principios da Constitución de 1978 en materia de educación, pero tamén como unha obriga lexislativa necesaria para a converxencia europea. Rodeada dunha gran polémica e de críticas por parte de grupos conservadores e da Igrexa Católica, foi protestada cunha manifestación sen precedentes e recorrida ao Tribunal Constitucional. De aí o atraso na súa aplicación porque, se ben foi aprobada no Parlamento en 1984, non foi sancionada ata o 3 de xullo de 1985. Garantiu, por vía lexislativa, o pluralismo educativo e unhas cotas máis reais de equidade neste ámbito. Supuxo o recoñecemento oficial dunha realidade evidente: a existencia dunha dobre rede pública e privada de centros escolares. Tres foron as características coas que se definiu: 1) a financiación con fondos públicos da práctica totalidade dos centros escolares de ensino obrigatorio e, ao mesmo tempo, o control democrático desa financiación; 2) a promoción dun ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei fundamental con categoría constitucional, promulgada o 10 de xaneiro de 1967, na que se configuraba o Estado español como un reino. O sistema institucional respondía aos principios de unidade de poder e de coordinación de funcións. A lei definía as funcións do xefe do Estado, do presidente do goberno, do Consello de Rexencia, do Consello do Reino, do Consello do Estado, do Consejo Nacional del Movimiento, de xustiza, das Forzas Armadas, da administración local, da economía estatal e do Tribunal de Cuentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado en Tierra de Campos (1.771 h [2001]). A base da ecomonía é a agricultura, de secaño e regadío, e a gandería, e posúe industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que só pode ser visto mediante unha lupa ou un microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo N da parroquia de San Martiño de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Montevideo entre o 15 de setembro de 1919 e o 1 de abril de 1920. Editouse co subtítulo “Boletín oficial de la unión Hijos de Morgadanes Residentes en el Plata”. De periodicidade irregular, só apareceron tres números.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. Foi reedificada en 1920 e conserva restos da fábrica románica anterior, como as fachadas. No seu interior destaca a imaxe de San Tomé de época barroca. Na fachada principal ten catro arquivoltas con decoración xeométrica. A fachada N ten un axadrezado e o tímpano un rosetón e sete brazos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva un escudo partido: primeira partición, de goles, cunha aspa de ouro, que ocupa toda a partición, acompañada de tres estrelas de seis raios, colocadas unha no van do xefe e unha en cada un dos flancos, e no da punta un lunel de prata; segunda partición, de sable, cun sol de ouro e raios de prata, cargado dunha cruz grega de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Institución da Idade Media que establecía que un determinado número de bens do patrimonio familiar era considerado unha unidade inalienable para asegurar a orde sucesoria que se baseaba na herdade do primoxénito co fin de evitar o reparto de terras e o debilitamento das familias máis poderosas. Naceu no s XII como concesión real para perpetuar os bens dunhas liñaxes determinadas ata que no s XVI, mediante as leis de Toro (1505), foi ordenada xuridicamente. Desde finais do s XVIII quedou limitada e por mor dos desequilibrios sociais que provocaron as grandes concentracións, aboliuse en 1828.

    2. Patrimonio dunha familia que herda o fillo maior.

    3. Fillo maior herdeiro dos bens  que pertencen á familia.

    4. Fillo único.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de distancia entre dous xenes que se emprega na elaboración de mapas xenéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO