"OUA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 80.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, urbanista e pintor de orixe suízo. Coñecido como Le Corbusier, formouse con Joseph Hoffman, Auguste Perret e Peter Behrens. Establecido en París (1917), alternou a actividade arquitectónica coa pictórica e fundou co pintor Ozenfat a revista Esprit Nouveau (1919-1925), órgano do movemento purista. Coa Ville Savoie de Poissy (1928) e co pavillón suízo da cidade universitaria de París, situouse á cabeza dos racionalistas. Cos seus escritos Vers une architecture (1925), Une maison un palais (1928) e La ville radieuse (1935), deu a coñecer os cinco puntos da súa teoría arquitectónica: os pilotes, as terrazas xardín, a planta aberta, a ventá lonxitudinal e a fachada libre. Posteriormente deu un xiro antirracionalista e violento á súa obra. Neste estilo construíu a Unité d’Habitation en Marsella (1947-1952), caracterizada polos elementos de formigón deixados á vista e na que empregou un sistema de proporcións baseado no modulor,...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da wilāya de Kairouan, Tunisia (102.634 h [1994]). Fundada en 670 por ‘Uqba ibn Nāfi’, gobernador de Ifrīquiya, acadou un gran desenvolvemento como capital da dinastía aglábida (s IX). Pola súa situación xeográfica, foi codiciada polos bérberes e conquistada polos normandos en 1148. Co traslado da capital a Mahdia (947) comezou a decadencia que non superou ata mediados do s XVIII, baixo os reis husenitas. A mesquita, fundada por ‘Uqba (s VII) e reconstruída (836) por Ziyādat Allāh, é de estrutura andalusí. A UNESCO declarou a cidade Patrimonio da Humanidade en 1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (6.712 km2; 563.200 h [estim 2000]). A súa capital é Kairouan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión situada no Sáhara central e Níxer, cunha altitude media de 300-450 m sobre o nivel do mar. O seu oasis principal é o de Bihma.
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Representante do movemento literario beat, é autor de obras como The Town and the City (1950), On the Road (1957), The Dharma Bums (1958), Desolation Angels (1965) e Pic (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Guinea (468 km2; 106.872 h [1983]). A súa capital é Kérouané (2.500 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (16.315 km2; 275.400 h [estim 1995]). A súa capital é Thakhèk (12.676 h [1985]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (25.403 km2; 317.125 h [1998]). A súa capital é Laghouat (71.808 h [1987]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Lille 27.1.1823 - París 22.4.1892) Compositor francés. De orixe española, as súas composicións sobresaíron pola brillantez e claridade da orquestración e polo seu sentido da melodía. Da súa produción destacan Symphonie espagnole (1875), os concertos para violoncelo (1876) e para piano e orquestra (1889), o ballet Namouna (1882) e a ópera Le roi d Ys (1888), baseada no folclore bretón. O seu fillo Pierre Lalo (Puteaux 1866-París 1943) foi crítico musical.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Estudiou a relación entre o coñecemento científico e o coñecemento filosófico. Concluíu que as formas do saber son basicamente tres: o coñecemento común, o científico e o filosófico. Expuxo o seu pragmatismo relixioso en Dogme et critique (1907) e publicou ademais La pensée intuitive (1929-1930) e Introdution à l’étude du problème religieux (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do Congo (66.044 km2; 70.675 h [estim 1992]). A capital é Impfondo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Louangphrabang, Laos, situada á beira do Mekong (68.399 h [1985]). É unha antiga residencia real e un centro do budismo laosiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Laos (16.875 km2; 367.200 h [estim 1995]). A súa capital é Louangphrabang.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou no taller de Thomas Couture e aprendeu dos pintores clásicos temática, composición e técnica. A súa obra La déjeuner sur l’herbe (1863), con influencias de Giorgione e Rafael, escandalizou o público polo tema e a composición, que tentaba producir un efecto de plein air. Revolucionou o mundo da pintura con Olympia (1865), inspirada nas Venus de Giorgione e Tiziano. Inspirouse en Velázquez, de quen tomou a liña do horizonte alta e a ausencia dun verdadeiro fondo (Le torero mort, La femme au perroquet, 1865), en Murillo (Le fifre, 1866) e en Goya (L’execution de Maximilien, 1867; Le balcon, 1869). Desde 1873 a súa paleta aclarouse e adquiriu características impresionistas, así como a práctica do plein air. Desde 1880 sufriu ataxia. En 1882 pintou ao pastel Retrat d’Irma Breunner e ao óleo Le bar des Folies-Bergère. Aínda que sempre foi considerado un pintor clásico,...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Canadá, que desemboca no estuario do San Lourenzo, preto de Baie-Comeau, tras un percorrido de 480 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Extremo Norte, Camerún, situada na base do macizo de Mandara, ao longo do río Mayo Kaliao (80.000 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Philippe Antoine Merlin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (5.846 km2; 676.192 h [1998]). A súa capital é Mouaskar (70.885 h [1987]).
-
ILLAS
Illa do arquipélago de Comores, situada no Océano Índico (424 km2; 192.667 h [1990]). A súa capital é Montsamoudou.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Mauritania desde 1957, que constitúe un distrito propio (1.000 km2; 611.883 h [2000]). Situada na costa atlántica, é un centro administrativo e comercial.
VER O DETALLE DO TERMO