"Oio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de San Pedro de Viana e Santa Cruz de Viana (Chantada). O seu cumio acada os 615 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cidade de Nova York, ao estado de New York ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da cidade de Nova York ou ao estado de New York.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Guiné-Bissau (5.403 km2; 156.084 h [1991]). A súa capital é Farim (4.468 h [1979]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Araba, Euskadi, situado ao N do Ebro e delimitado ao L por Nafarroa e ao S por La Rioja (2.464 h [2001]). As actividades económicas principais derivan da agricultura, a gandaría e a industria alimentaria, sobre todo da elaboración de aceites, fariña e conservas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do Océano Atlántico situada entre as puntas de Atalaia e A Insua na parroquia de Caión (A Laracha).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Banco de pedra pegado á parede preto das portas das casas.
-
Pedra que teñen por fóra as ventás.
-
-
Pedra ou banco alto que serve para subir ás cabalarías ou para colocar as cargas nos lugares de tránsito.
-
Pedra que está colocada ao pé do hórreo para poder entrar facilmente.
-
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Poio, onde está a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia baixo a advocación de santa María Madanela, que actualmente está integrada na de Padornelo, no concello de Pedrafita do Cebreiro.
-
GALICIA
Concello da comarca de Pontevedra, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-O da provincia de Pontevedra. A súa posición xeográfica é 42° 26’ 40” latitude N e 8° 41’ 00” lonxitude O. Limita ao N co concello de Meis (comarca do Salnés), ao L co de Pontevedra (comarca de Pontevedra), ao O co de Meaño e Sanxenxo (os dous da comarca do Salnés) e ao S coa ría de Pontevedra. Abrangue unha superficie de 33,9 km 2 , en que acolle unha poboación de 15.456 h (2007), distribuída entre as parroquias de Combarro, Poio (San Salvador), Poio (San Xoán), Raxó e Samieira. A capital está no lugar do Convento, na parroquia de Poio (San Xoán), localizada a 63 km de Santiago de Compostela e a 4 km de Pontevedra. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Os principais elementos do relevo de Poio son a liña de costa da ría de Pontevedra e o macizo de Castrove, que forman un relevo en costa con fortes... -
CUMIOS
Cumio situado na parroquia de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), á beira do Camiño Francés de Peregrinación a Santiago. Acada os 1.463 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no SL da parroquia de Quintela de Umoso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.458 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Valdín (A Veiga). O seu cumio acada os 1.423 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro mercedario situado en Poio. A tradición di que o fundou san Froitoso no s VII, ou algún dos seus discípulos, e que estivo relacionado co mosteiro da illa de Tambo, que foi eremitorio e lugar de retiro. Segundo un documento de doazón da Raíña Urraca (1116), sábese que foi reedificado e que o Rei Vermudo III fixo posible a instalación dos monxes entre 982 e 999. En 1105 Urraca doou a metade do couto, mentres que a outra metade é a que se traspasou no citado documento de 1116. Desde 942 ocupárono monxes bieitos e entre os ss XV e XVI renovouse. En 1548 Carlos I creou o Colexio Maior de Teoloxía e en 1613 fundouse o Colexio de Pasantes. Coa desamortización de 1835 a orde beneditina abandonou o edificio que foi ocupado en 1890 por monxes mercedarios de Conxo. En 1959 comezáronse a construír as novas dependencias do mosteiro que, xunto coas antigas, acollen diversas actividades culturais, sociais e artísticas, como a Escola de Canteiros ou a Escola de Mosaicos. A igrexa, que substituíu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Portas. De planta rectangular, presenta dúas alturas no seu alzado principal e unha máis no posterior. O conxunto complétase cunha torre con ameas de tres alturas e cuberta a catro augas, un hórreo de oito pés, un pombal circular e unha fonte-lavadoiro.
-
-
Relativo ou pertencente ao efecto termoiónico.
-
Emisión de ións que se produce pola calor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
tiracroios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xoguete en forma de galla con mango, a cuxos extremos se suxeitan dúas tiras de goma unidas por un anaco de coiro, onde se poñen croios que se lanzan estirando as gomas e soltándoas bruscamente.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (23.657 h [2001]). Predominan os cultivos de regadío. Ten industria diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO