"PRI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
-
Que ten caprichos.
-
Que obedece ou foi feito por capricho.
-
-
-
Insecto coleóptero adulto, da familia dos cerambícidos, caracterizado por presentar as antenas moi longas.
-
Mamífero do xénero Capricornis da familia dos bóvidos, de pelame mesto de cor acastañada, cabeza abrancazada co fociño sen pelo, cornos pequenos, estreitos e rectos e pezuños fondamente divididos e separados para facilitar os desprazamentos nos medios rochosos. Son animais solitarios que marcan o territorio impregnando as superficies cunha secreción das glándulas infraorbitais e vixiando dende un alto o seu territorio. No período de celo o macho incita a femia á cópula golpeando as patas posteriores coas patas anteriores. Os cornos sérvenlles aos machos para defenderse de posibles depredadores ou doutros machos que invaden o seu territorio. Existen dúas especies: o capricornio do Xapón (Capricornis crispus) e o capricornio de Sumatra (Capricornis sumatraensis), propio das rexións montañosas de Sumatra, sur de China e Himalaia.
-
Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Capricornio, décimo signo do zodíaco.
-
-
-
Constelación zodiacal situada entre Saxitario e Acuario. As súas estrelas máis brillantes son de terceira magnitude.
-
Décimo signo do zodíaco no que o Sol entra no solsticio de inverno, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero que agora, a consecuencia da precesión dos equinocios, está ocupada pola constelación de Saxitario. A este signo pertencen os nacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da familia dos bóvidos ao que pertencen os capricornios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método agrícola para a fecundación e desenvolvemento dos figos das variedades cultivadas de figueira que carecen de flores masculinas fértiles. Consiste na colocación nas pólas de figos silvestres, portadores de pequenos himenópteros do xénero Blastophaga, que transmiten o pole aos figos domésticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha caprificación.
-
-
Relativo ou pertencente ás caprifoliáceas.
-
Planta da familia das caprifoliáceas.
-
Familia da orde das dipsacais constituída por uns 15 xéneros que reúnen unhas 400 especies de arbustos e lianas, propias do reino holártico, especialmente nas rexións mediterránea e eurosiberiana. En Galicia está representada polas madreselvas e os sabugueiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso de sabor rancio, presente en forma de glicérido no aceite de coco e nas graxas do leite, que se funde a 16,7 °C e ferve a 239,7 °C. É lixeiramente soluble en auga e soluble en alcol e éter. Emprégase na síntese de colorantes, de perfumes antisépticos e de funxicidas, e como plastificante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos caprimúlxidos ao que pertencen as avenoiteiras.
-
-
Relativo ou pertencente aos caprimúlxidos.
-
Ave da familia dos caprimúlxidos.
-
Aves insectívoras nocturnas ou crepusculares, de ollos grandes, peteiro e patas pequenas, ás longas e colas amplas. Os sexos presentan plumaxes similares e crípticas. Aniñan directamente sobre o chan e capturan os insectos durante o voo. Nos voos de exhibición, practicados ao solpor, fanse aparentes as manchas brancas que adoitan presentar os machos nas puntas das ás. A especie centroafricana Macrodipteryx longipennis presenta en cada á unha enorme pluma que remata nunha ancha bandeira no extremo. En Europa está presente o xénero Caprimulgus, de especies coñecidas como avenoiteiras.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos caprinos.
-
-
Mamífero da subfamilia dos caprinos.
-
Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un bo número de especies, coñecidos co nome de cabras.
-
gando caprino
Gando formado por cabras, machos cabríos e cabuxos. É un gando moi resistente, ligado a unha agricultura de carácter extensivo, que se explota principalmente en rexións áridas ou montañosas. Críanse nos pastos, aínda que tamén se adaptan ás cortes.
-
-
-
TERRITORIOS
Territorio en forma de banda do NL de Namibia, que enlaza o país co río Zambeze e que se estende entre Angola, Zambia e Botswana. O chanceler alemán Caprivi obtivo a posesión deste territorio para Inglaterra en 1893. En 1939 a Unión Sudafricana anexionou a parte oriental deste territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político alemán, conde de Caprivi. Foi xefe da mariña alemá (1883-1888) e chanceler do Imperio (1890-1894). En política exterior renovou a Triple Alianza (1891) e distanciouse de Rusia. Cedeu Zanzíbar a Inglaterra a cambio de Heligoland (1890) e obtivo a posesión denominada banda de Caprivi. En desacordo con Guillerme II, retirouse da política en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que actúa sobre o sistema regulador renina-anxiotensina-aldosterona, inhibindo a acción do enzima ACE-peptidildipéptido-carboxi hidrolasa, que controla a conversión da anxiotensina I e a anxiotensina II, provocando unha diminución da presión sanguínea. En terapéutica emprégase para combater a hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos enunciados do segundo principio da termodinámica segundo o que, ao redor de calquera estado de equilibrio dun sistema hai outros estados que non son accesibles por medio dun proceso adiabático reversible ou irreversible. OBS: Chámase tamén principio de inaccesibilidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor. Deste xeito, un motor térmico ten que traballar con dúas fontes de calor a distintas temperaturas, tomando calor da máis quente e transmitíndoa á máis fría.
-
PERSOEIRO
Militar e político venezolano. No 1888 foi nomeado gobernador de Táchira e en 1890 deputado polos Andes. Invadiu Caracas o 23 de maio do 1899 e asumiu a presidencia da República. Instaurou un réxime ditatorial ata que Juan Vicente Gómez o derrocou en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Chipre ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Chipre.
-
Individuo do pobo chipriota.
-
Pobo indoeuropeo que, procedente das costas de Grecia, colonizou a illa de Chipre e se estableceu alí.
-
Dialecto grego antigo, estritamente vinculado co arcádico (arcádico-chipriota) e posiblemente tamén co panfílico (aqueo), documentado na illa de Chipre, lugar no que se estableceu coa chegada dos colonizadores gregos. Represéntase graficamente nunha escritura silábica procedente da Creta minoica, transformación da antiga lineal A (escritura lineal), en caracteres denominados chipro-minoicos e que datan aproximadamente da Idade de Bronce. Mantida aínda en inscricións de finais do s II a C, esta escritura silábica non é moi adecuada para a expresión da lingua grega, tanto polas acumulacións de consoantes como polas terminacións trabadas, dado que só representaba sílabas libres (así, pe-re-ta-li-o-ne por Ἐδαλιων, pa-ta por πάντα, a-po-ro-ti-tai por Ảφροδίτα). Ademais da escritura, o dialecto chipriota antigo presenta moitas coincidencias co dialecto xónico (como...
-
Arte desenvolvida na illa de Chipre. É o resultado da fusión das civilizacións occidentais e orientais, das diversas correntes artísticas procedentes de Grecia, Asia e Exipto coas características propias de Chipre. Entre os xacementos arqueolóxicos destacan os de Khirokitia, Engomi, Alassia e Kition. En Khirokitia, onde traballaban a pedra pulimentada, descubríronse tholoi, casas cunha cúpula como cuberta. En Engomi, preto de Famagusta, as ruínas de Alassia, testemuño da Idade de Bronce, presentan un desenvolvemento urbanístico notable, con muros ciclópeos que cercan un conxunto de habitáculos, talleres, edificios públicos e templos; nun destes descubriuse a estatua dun deus cornudo do s XII a C identificable con Apolo. Ademais, atopáronse unha gran cantidade de vasos micénicos, alfaias e esculturas, pezas conservadas no Museo de Chipre (Nicosia). A cerámica, lixeiramente recuberta de pasta avermellada no Neolítico, ofreceu posteriormente unha decoración máis rica, con motivos...
-
Aínda que vinculada á literatura grega, ofrece en diversas épocas unha personalidade propia. Na época medieval destaca a figura de Neófito o Recluso, monxe ermitán do s XII, autor de oficios litúrxicos e do escrito Calamidades de Chipre, sobre a conquista da illa por Ricardo I Corazón de León. Posteriormente, localizouse o Livre des assises des bourgeois (O libro dos fundamentos dos burgueses), redactado probablemente en lingua francesa e traducido ao grego demótico cara ao s XIV. Os Assises, instaurados primeiro en Xerusalén e despois en Chipre, constitúen unha normativa para regular as relacións entre o rei e os seus vasalos, e á vez son unha codificación dos costumes de Occidente, arraigados na illa baixo a soberanía dos Lusignan. No s XIV destaca a obra poética de Geórgios Lapithis titulada Os deberes do cidadán, inspirada nos poetas da antigüidade clásica; no s XV, século da historiografía, destaca Descrición do doce país de Chipre,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome Cibrán.