"Pula" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 101.

  • Apéndice, xeralmente foliáceo, que presentan, a cada lado do punto de inserción, as follas de moitas especies de plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a unha estípula ou da súa natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estipular.

    2. Disposición ou cláusula dun documento público ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisto de estípulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que estipula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fixar o prezo ou as condicións de algo por medio dun contrato ou acordo verbal.

    2. Determinar ou establecer algo unha lei, norma ou acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á estípula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada en 1986 co obxectivo de divulgar a música de banda como tal, a través de festivais e da súa publicación O son dun pobo; atender todo tipo de xestións de carácter administrativo, xurídico ou fiscal para conseguir que as bandas de música se atopen en situacións e condicións legais durante a realización das súas actividades musicais, formativas ou lúdicas; crear e fomentar a música para banda a través de festivais, concursos, composicións por encarga, intercambios, certames, etc; informar de todo aquilo que fai referencia ás bandas de música populares (concursos, prazas, oposicións, subvencións, certames); e formar as agrupacións como conxunto e os directores das mesmas coa intención de acadar un mellor nivel musical para elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de extrema esquerda, xurdido en Portugal en 1980, que tomou o seu nome da revolución contra a ditadura salazarista (25.04.1974), coñecida como Revolução dos Cravos. A súa ideoloxía centrábase na loita contra o imperialismo e o poder exercido pola burguesía capitalista, para o que levou a cabo diversos atentados contra o goberno portugués, entidades bancarias, delegacións estadounidenses e da OTAN ata 1986, ano en que foi detido o seu líder, Otelo Saraiva do Carvalho, condenado a quince anos de prisión. En 1995 beneficiouse dunha amnistía xeral concedida aos membros do grupo e saíu en liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición política formada por diversos partidos de esquerda, republicanos e asociacións sindicais constituída en 1936. As súas orixes están na resistencia á supremacía política da dereita nos anos 1934-1936, que deu lugar á creación dunha alianza de forzas republicanas de esquerdas. O proceso de negociación culminou o 15 de xaneiro de 1936 cun programa común aprobado por Izquierda Republicana, Unión Republicana, Partido Federalista Republicano, PSOE, UGT, Federación Nacional de Juventudes Socialistas, PCE, Partido Sindicalista e Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM), que avogaba fundamentalmente pola amnistía para os presos políticos e sindicais e por unha política de reformas progresista. Trala vitoria nas eleccións do 16 de febreiro, o goberno da FP adoptou as medidas acordadas; entre outras, a liberación de presos, o impulso da reforma agraria e do proceso autonómico, o restablecemento de políticos nos seus cargos e o traslado de mandos do exército sospeitosos de involucionismo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización frontista de esquerda nacionalista. Fundouse en 1987 como resultado da confluencia do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN), Galicia Ceibe e outros grupos de carácter marxista-leninista e independentista. A súa presentación pública tivo lugar o 10 de marzo de 1988, e no seu documento fundacional declara o seu carácter de organización independentista e fai un chamamento á amnistía para todos os demócratas que se enfrontan co Estado español. Entre os colectivos integrantes xurdiron tres elementos de discusión: a cuestión da normativa linguística, a división no campo anti-represivo e as alternativas militancia política-militancia armada. Na Asemblea Nacional Extraordinaria convocada polo sector oposto ao PCLN en xuño de 1989, tivo lugar a escisión que creou o grupo APU (Assembleia do Povo Unido). O portavoz da organización foi Mariano Abalo. Malia o seu escaso teito electoral, con electores localizados en comarcas concretas, foi quen de aglutinar arredor de si a unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte común propugnada por movementos de esquerda, de carácter defensiva e que reunía as organizacións da clase obreira, dos campesiños e da pequena burguesía urbana e liberal a fin de frear o avance do fascismo e do nacionalsocialismo. Inaugurada polos franceses e consolidado polo VII Congreso do Komintern (1935), como expoñente da táctica do movemento comunista mundial, tivo tamén a súa expresión en España (1936), Indochina (1936), China (1937) e Chile (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico compostelán, voceiro do Centro Republicano local, editado entre 1892 e 1893 baixo a dirección do tipógrafo federal José C. Otero. Polémico cos liberais-monteristas e a curia católica, sufriu a prohibición arcebispal propagada desde todos os púlpitos de Compostela, logo de publicar un artigo do anarquista Anselmo Lorenzo onde se puña en cuestión a infalibilidade papal. Moi influído polas correntes obreiristas, publicou a comezos de 1893 retrincos da obra de Carlos Marx O Capital, a xeito de folletín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome oficial do antigo estado prosoviético de Iemen do Sur ata 1990, cando se fusionou con Iemen do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é grato ao pobo ou á maioría da xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impopular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África central que sinala a maior parte da fronteira oriental da República Democrática do Congo con Zambia (1.000 km). Nace ao S do lago Bangweulu e desemboca no lago Mweru, do que xorde co nome de Luvua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zambia (50.567 km2; 526.705 h [1990]). A súa capital é Mansa (34.801 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser manipulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de manipular.

    2. Conxunto de operacións que se poden facer coas mans sen necesidade de efectuar desprazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO