"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

    1. Novela de Ramón Otero Pedrayo editada por vez primeira en 1930 pola editorial Nós, que por entón dirixía o intelectual Ánxel Casal. A obra constitúe unha descrición detallada do que para Galicia significa a Xeración Nós, e desenvólvese tomando como modelo a conversión ao galeguismo dos homes que integraron Nós partindo dunha Galicia antiga e esquecida, afastada da mirada dos intelectuais e das xentes, moi atrasada económica e culturalmente, e ancorada nun pasado que a perseguía e lle pesaba. Otero debuxa a súa imaxe e figura no personaxe principal da novela, Adrián Solovio, un idealista inadaptado, protagonista tamén doutra novela do mesmo autor intitulada Escrito na néboa (1927). O personaxe de Adrián, Galicia e Otero, embarcaranse nunha profunda viaxe por Madrid e por Europa que lles abrirá os ollos de tal forma que trocan esa desorientación, esa inadaptación, ese andar perdido, que traizoa as súas raigames e orixes, nunha procura da identidade propia do individuo, do país e...

    2. Espacio máis ou menos extenso que rodea a unha cousa ou persoa.

    3. Franxa estreita de terreo que se deixa sen cultivar para marcar o lindeiro ou servir de paso entre dúas leiras.

    4. Espacio que rodea a un núcleo de poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio máis ou menos extenso que rodea a unha cousa ou persoa.

    2. Franxa estreita de terreo que se deixa sen cultivar para marcar o lindeiro ou servir de paso entre dúas leiras.

    3. Espacio que rodea a un núcleo de poboación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Ramón Otero Pedrayo editada por vez primeira en 1930 pola editorial Nós, que por entón dirixía o intelectual Ánxel Casal. A obra constitúe unha descrición detallada do que para Galicia significa a Xeración Nós, e desenvólvese tomando como modelo a conversión ao galeguismo dos homes que integraron Nós partindo dunha Galicia antiga e esquecida, afastada da mirada dos intelectuais e das xentes, moi atrasada económica e culturalmente, e ancorada nun pasado que a perseguía e lle pesaba. Otero debuxa a súa imaxe e figura no personaxe principal da novela, Adrián Solovio, un idealista inadaptado, protagonista tamén doutra novela do mesmo autor intitulada Escrito na néboa (1927). O personaxe de Adrián, Galicia e Otero, embarcaranse nunha profunda viaxe por Madrid e por Europa que lles abrirá os ollos de tal forma que trocan esa desorientación, esa inadaptación, ese andar perdido, que traizoa as súas raigames e orixes, nunha procura da identidade propia do individuo, do país e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo inglés. Estudou en Inglaterra con Massine e María Rambert. Debutou na compañía de Ida Rubinstein en 1927 e foi primeiro coreógrafo (1935-1970) e director (1963-1970) do Royal Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederick E. Austerlitz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre,afiliado ao Partido Socialista Obrero Español. Foi Secretario Xeral da agrupación local do Barco e da comarcal de Valdeorras. Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, entre decembro de 1987 e outubro de 1989, cubrindo a baixa do electo Manuel Veiga Pombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Fred Astaire (Omaha, Nebraska 10.5.1899 - Los Ángeles 22.6.1987) Actor, cantante e bailarín de teatro, cine e TV. Figura habitual nas comedias dos anos trinta como parella ideal de Ginger Rogers, cambiou cara a un novo estilo interpretativo baixo a dirección de Stanley Donen, Charles Walters e Vicente Minnelli. A fama veulle dada por unha forma de actuar elegante, acompañada de grandes dotes para a danza e o canto, amais de contar cunha capacidade prodixiosa para o baile. Participou nos filmes Fanchon the cricket (1915), Dancing lady (A muller bailarina, 1933), The story of Vemon and Irene Casel (A historia de Vemon e Irene Casel, 1939), The belle of New York (A bela de Nova York, 1952), Daddy long legs (Papá pernas longas, 1955), The notorius landlady (A misteriosa muller de negro, 1962), Imagine (Imaxina, 1973), The towering inferno (O coloso en chamas, 1974), pola que obtivo unha nominación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns instrumentos de topografía pola que se obtén a distancia horizontal sen ter efectuado ningunha clase de cálculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao instrumento co que se efectúa a autorredución. O máis coñecido é o taquímetro autorredutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e estudoso da Lóxica. A súa obra de xuventude Language, Truth and Logic (Linguaxe, verdade e lóxica, 1936, revisada no 1940), é unha síntese do neopositivismo lóxico anglosaxón que insiste no principio de que o significado dunha proposición reside na súa verificación, e no rexeitamento de toda proposición metafísica por inverificable. De entre as súas obras posteriores destacan The Foundations of Empirical Knowledge (Os fundamentos do coñecemento empírico, 1940), The Problem of Knowledge (O problema do coñecemento, 1956), Concept of a Person (O concepto de persoa, 1963), The Central Questions of Philosophy (As cuestións centrais da Filosofía, 1973), Perception and Identity (Percepción e identidade, 1979) e Philosophy in the 20th Century (Filosofía do século XX, 1982). Foi un membro destacado do grupo de Oxford.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, un conxunto de tizóns ou brasas que quedan despois de cociñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Ourense. As súas armas levan, en campo de azul, un conxunto de tizóns ou brasas que quedan despois de cociñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fundador da Oficina Internacional da Paz en Berna no ano 1891. Escribiu obras pacifistas. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi xefe da policía de Montevideo (1931), vicepresidente (1934) e ministro de Defensa (1935). Elixido Presidente da República (1938-1943) proxectou a revisión da Constitución de 1934 e apoiou ás potencias aliadas na Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo, constituído en Madrid no ano 1962 como sucesor do Instituto de Crédito para a Reconstrución Nacional, creado no ano 1939 para financiar a reparación dos danos materiais da Guerra Civil española. No 1982 foi disolto debido á súa absorción polo Banco Hipotecario de España (BHE); en 1991 á súa vez integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1964 como continuadora do Servicio Nacional de Crédito Agrícola, fundada no ano 1925. Ata o 1962, o servizo actuou con cartos da banca privada e das caixas de aforros, e tiña por obxecto conceder préstamos para investimentos no agro. No ano 1964, cando cambiou o seu nome para Banco de Crédito Agrícola, quedou subordinado ao ministerio de Finanzas; en 1991 integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding bancario creado no 1972 polo paquistaní H. Abedi. Con presenza en sesenta e sete países, foi suspendido no 1991 e conducido á liquidación por mor das súas actividades fraudulentas e ilícitas (droga, terrorismo, corrupción, branqueo de diñeiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a medio e longo prazo constituído no ano 1920 en Madrid. O seu obxectivo é o de conceder préstamos para novas industrias ou para a ampliación das existentes. Operou ata que foi absorbido polo estado (1962), mediante contribucións do tesouro e pola emisión de cédulas. Dende entón depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1925 coa finalidade de facilitar créditos ás corporacións locais. Ata a lei de reforma bancaria do 1962 o banco estivo financiado mediante a emisión de cédulas de crédito local. Depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO