"Rey" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
GALICIA
Artista plástico. Trasladouse coa súa familia a Bos Aires e estudiou na Escuela de Bellas Artes, onde contactou co surrealista Raquel Forner e coñeceu a Laxeiro, Colmeiro e Seoane. En 1956 volveu a España e publicou unha serie de poemas na revista Índice. Coñeceu a galerista Juana Mordó e presentou os seus debuxos na Galería Biosca que esta dirixía. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Altamira, ano no que comezaron as súas mostras por todo o mundo. Dende 1982 represéntao a galería Malborough de Nova York, onde instalou o seu estudio. A súa proposta artística reflicte unha certa figuración e un realismo, imbricado na súa propia imaxinación, que converte os seus cadros en metáforas onde mestura a realidade e o soño; deste xeito, crea un eclecticismo que parte dun autodidactismo literario, enriquecido polo coñecemento dos clásicos europeos como Goya, Friedrich e Picasso, ou correntes como o cubismo e o surrealismo. Como gravador iniciouse en 1962 cando coñeceu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Colaborador de varias publicacións periódicas, como as revistas Anthropos e Luzes de Galicia, publicou diversos artigos de cine en xornais madrileños. Entre as súas obras destacan Días, Interior como paisaje e Para ti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor inglés. Foi aprendiz dun tallista en Sheffield e logo ingresou na Royal Academy de Londres. Realizou un gran número de bustos, entre os que destacan os de William Pitt, Sir Walter Scott (1828) e George Canning. Entre outras obras sobresaen Lady Frederica Stanhope at Chevening Church (1824) e a estatua ecuestre de Xurxo IV en Trafalgar Square (Londres, 1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Nacido nunha familia de viñateiros ligados á corte, recibiu formación aristocrática. Foi paxe da condesa de Ulster (1357), participou na guerra de Francia (1359-1360), exerceu como valet do rei (1367) e foi knight of the shire (membro do Parlamento) do condado de Kent (1386). Escribiu uns vinte poemas curtos de influencia francesa, unha tradución fragmentaria do Roman de la Rose, os poemas longos The Book of the Duchess (O libro da duquesa, 1369), a sátira de amor cortesán The Parliament of Fowls (O parlamento dos paxaros, 1382?), Troylus and Cryseide (Troilo e Criseida, 1384) e The Legend of Good Women, (A lenda da boa muller), obra incompleta que preludia os seus Canterbury Tales (Contos de Canterbury). Como prosista escribiu Boece (1380?) e dous tratados didácticos de astronomía Treatise on the Astrolabe (Tratado sobre o astrolabio)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueóloga. Doutora en Xeografía e Historia, investigou os inicios da metalurxia en Galicia. Escribiu en colaboración El tesoro desencantado (1998) e publicou Los inicios de la Metalurgia en el Noroeste de la Península Ibérica (1998). Membro da Asociación Profesional de Arqueólogos de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudiou no Massachusetts Institute of Technology, centro no que se doutorou en 1950. No mesmo ano comezou a traballar como docente e investigador na Universidade de Illinois. En 1959 trasladouse á Universidade de Harvard. Realizou importantes traballos de investigación en química orgánica teórica e estrutural, en síntese orgánica e en estereoquímica. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas contribucións á síntese orgánica de máis de 100 produtos naturais, algúns destes aplicados á medicina e á industria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral creado no ano 1932 en Bos Aires. A finais de 1936 pasou por unha etapa crítica que implicou cambios na directiva; foi nomeado presidente Victoriano Martínez e director da agrupación Isidro Maiztegui, e pasou a denominarse Agrupación Artística e Cultural Ultreya. Paralelamente, realizáronse actos culturais nos que se compaxinaban conferencias sobre a cultura galega e actuacións musicais que contaron coa activa participación de Emilio Pita. En 1939 tentouse sen éxito a fusión nunha soa sociedade do coro, baixo a presidencia de Ramón Rey Baltar, coa Casa de Galicia e co Grupo Galeguista. O resultado foi a retirada de diversos membros de Ultreya e do Grupo Galeguista, que constituíron a Irmandade Galega. Das súas actuacións destaca a realizada no Teatro Solís de Montevideo en 1934.
-
GALICIA
Avogada. Licenciada en Dereito e diplomada en criminoloxía. No ano 2000 foi elixida deputada do Partido Popular no Congreso de los Diputados pola circunscrición de Lugo. No Congreso ocupou os cargos de secretaria segunda da Comisión de Xustiza e Interior e foi vogal da Comisión Constitucional e da Comisión Mixta para o estudo do problema das drogas. Membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Lugo, tamén colabora na Escola de Práctica Xurídica da capital lucense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Acadou un grande éxito en Broadway co drama The Petrified Forest (O bosque petrificado, 1933), e coa versión cinematográfica que tamén interpretou en 1936. Foi contratado pola Warner dende 1932 ata 1951. Converteuse nun novo tipo de “duro” e de gángster do cine americano, cunha personalidade rica e de dimensión tráxica, con filmes como High Sierra (Serra Alta, 1941); The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941); Casablanca (1942); The Big Sleep (O soño eterno, 1946); Key Largo (1948); The African Queen (A raíña de África, 1952), pola que obtivo un Oscar; Sabrina (1954); The Desperate Hours (Horas desesperadas, 1955) e The Harder They Fall (Máis dura será a caída, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador e construtor de avións inglés. Iniciou o seu traballo na industria do automóbil, ata que en 1908 deseñou o seu primeiro enxeño voador, un aeroplano cun motor de 50 HP de potencia, que construíu e pilotou en 1910. En 1920 fundou a compañía De Havilland Aircraft, dedicada á construción de avións. Durante a Segunda Guerra Mundial creou o bimotor Mosquito. Ademais, foi un dos primeiros construtores de avións a reacción.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico canadense. Licenciouse en Física na University of Toronto e doutorouse na University of Chicago en 1916, na que exerceu como profesor entre 1919 e 1950. Investigou as descargas eléctricas nunha masa gasosa e deseñou un espectrógrafo de masas, co que descubriu o isótopo deuranio 235U.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra impresa cara ao 1535 (ou cara ao 1550, segundo outras fontes) en Mondoñedo, da autoría do licenciado Molina. Editada na imprenta de Agustín de Paz, está considerada como unha das primeiras publicacións que viron a luz neste obradoiro tipográfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa do Reino de Galicia elaborado polo frade dominicano Fernando de Ojea e publicado en Anveres en 1603, no interior do Theatrum Orbis Terrarum de Ortelius. A carta, que se acompaña dunha escala gráfica en leguas españolas e leva nas marxes as marcas da retícula latitudinal e lonxitudinal, inclúe dous cadros de texto redactados en castelán que describen o Reino de Galicia política, histórica, xeográfica, climática e economicamente. No primeiro cadro, no que respecta á descrición política, indícase que “Galizia es uno de los muchos Reynos de España que posee nuestro Rey Filipo”. A continuación dá unha breve nota histórica (“Era antiguamente mucho mayor que ahora, comprendía todas las tierras y provincias que ay dentro de los límites siguientes: de la Mar del Norte y montaña de junto a Vizcaya hasta las fuentes del gran Río Duero y de aí todo lo que el corre hasta dar consigo en la Mar, y corriendo por las orillas della hasta volver al mismo punto de donde salimos”). O...
-
GALICIA
Pintora, escultora e ceramista. Licenciouse en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidad de Barcelona. Comezou a súa carreira artística no campo da pintura traballando con ceras de cores. Nos anos oitenta formou parte do grupo Nome e do grupo Remol. Foi secretaria da Asociación de Artistas Plásticos de Santiago de Compostela. As súas primeiras obras cerámicas foron sinxelas figuras nas que algúns motivos decorativos procedían dos debuxos dos tecidos xaponeses. O seu horizonte creativo ampliouse co emprego de diferentes materiais como o ferro, o chumbo, o estaño e a pedra, para realizar esculturas de formas xeométricas que se relacionan co construtivismo e o minimalismo. Na década dos noventa, introduciu novos materiais como o arame, os plásticos, o cánabo e o látex para crear formas e volumes abertos que invitan o espectador a participar das obras. As caixas de malla de nailon, características da súa produción nos anos noventa, remiten á concepción minimalista da obra como...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e crítico literario. Licenciado en Filosofía, doutor en Lingüística Hispánica e profesor titular na Universidad Nacional de Educación a Distancia, fundou e dirixiu a Aula de Literatura Antonio Machado en Francia. Colaborador en revistas especializadas, como Zurgai, onde publicou “Última poesía gallega” (1993), publicou os poemarios Garlopa Marina (1974), Fendas (1991), Eidos da mirada (1994), Gremor (Premio Puente Cultural) e ensaios como Antonio Machado (1979), El signo poético (1987) ou La llama exótica: el pensamiento de Emmanuel Lévinas: eros, gnosis, poíesis (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reynaldo dos Santos.
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico. Dun estilo lento e reflexivo, a procura da abstracción dos seus filmes é sobre todo reflexo da alma e da condición humana. Entre as súas películas destacan Blade af Satanas bog (Follas do libro de Satanás, 1919); La passion de Jeanne d’Arc (A paixón de Xoana de Arco, 1926-1927); Vampyr (Vampiro, 1932); Dies Irae (Día de ira, 1943); Ordet (A palabra, 1954), premio do Festival de Venecia; e Gertrud (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Foi director do observatorio de Armagh, en Irlanda (1882-1916), e presidente da Royal Astronomical Society (1923-1926). En 1886 elaborou o segundo catálogo de Armagh, onde clasificou 3.300 estrelas, e en 1888 o New General Catalogue of Nebulae and Clusters of Stars, que completou ata localizar case 13.000 galaxias e cúmulos estelares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e novelista alemán. Os seus primeiros dramas, como Drei (Tres, 1892) e Der Probenkandidat (O pasante, 1899), reflicten a influencia de Ibsen. Entre as súas novelas cómpre citar Der siegende Wald (O bosque vitorioso, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar francés. Fillo dun fabricante xudeu de Alsacia, en 1893 era capitán do estado maior. Acusado de alta traición no denominado caso Dreyfus (1894-1906), foi rehabilitado, ascendido a comandante e condecorado coa Lexión de Honra. Tomou parte na Primeira Guerra Mundial co grao de tenente coronel.
VER O DETALLE DO TERMO