"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires e titulada “Órgano periodístico de la Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires”. Dirixida por Eliseo Alonso, colaboran nela Xosé Clemente Sobral, Francisco V. Vázquez, Celso Arias, Francisco Araújo e Lucio Trasancos. Nela aparecen textos de Otero Pedrayo, Cunqueiro, Castelao, Bouza-Brey, Blanco Amor, Antón Fraguas e outros. Contén información sobre a colectividade galega na Arxentina e sobre aspectos culturais e literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de gaitas vigués. A historia desta formación musical está intimamente ligada ao grupo Airiños da Nogueira, xa que este daría orixe ao grupo Airiños do Parque de Castrelos no 1946. Cuarteto integrado por Severo Davila, Enrique O Merello, Juan González e Manolo Davila, verá alterada a súa formación coa incorporación de Wenceslao Cabezas Polo que dende ese momento converteríase na voz do grupo. A década que vai do 1955 ata o 1966 supuxo para Airiños do Parque de Castrelos unha etapa de continuas substitucións dos compoñentes e cambios na súa estrutura instrumental, xa que o cuarteto se converte en quinteto coa inclusión da pandeireta e a substitución da caixa, moi empregada por aquel entón nos grupos tradicionais, polo tambor. Airiños sempre tivo unha forte vinculación co baile, en concreto con Coros e Danzas da Sección Femenina, que posteriormente se integraría no Concello de Vigo baixo o nome de Escola Municipal de Danza, e Coros e Danzas de Redondela, xa no 1993....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade Cultural formada no concello de Cerdido no ano 1988. Dende 1990 son organizadores do Certame Folclórico do concello de Cerdido.
-
-
-
Composto ou formado de alabastro.
-
Da cor ou apariencia do alabastro.
-
-
Folla ou lámina de alabastro empregada en lugar do vidro para as claraboias dos templos.
-
-
RIOS
Río que nace no monte da Castiñeira (a 300 m de altitude), da confluencia do río Baña e Faílde; atravesa as parroquias da Baña e Barcala, do concello da Baña, onde recibe as augas do río Nantón, e a de Covas, no concello de Negreira, alí conflúe co río Barcala na Agra da Barca.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
De cor branca.
-
Relativo á uva e ao viño do mesmo nome.
-
ariedade de uva branca que produce o viño do mesmo nome. Non está clara a súa procedencia, existindo distintas interpretacións, que van dende considerala como unha variedade autóctona galega, ata que foi traída dende a Borgoña francesa, no s XI, por Raimundo de Borgoña, o home de dona Urraca de Castela. Este acostumaba a gozar das augas termais de Caldas de Reis. A hipótese máis estendida, apunta a que formou parte da bagaxe inmigrante dos monxes de Cluny, cando, alá polo s XII, recalaron no Salnés, sendo moi probable que dende o mosteiro da Armenteira, no monte Castrove, se estendera o seu cultivo por todo o val. Calquera que sexa a orixe desta variedade, o certo é que xa aparece catalogada no s XVIII, especialmente nas Rías Baixas e nas terras inmediatamente interiores, entre os vales do Ulla e do Miño, estendéndose o seu cultivo río arriba, ata a comarca do Ribeiro e arredores, xa con menor presencia. O hábitat natural desta variedade céntrase no ecosistema atlántico (topografía suave,...
-
Tamén recibe este nome popularmente o viño branco, amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva albariña, sobre todo na comarca do Salnés, pero tamén, por extensión, os outros viños amparados pola mesma denominación nos que o 70% é uva albariña e, o 30% restante, treixadura e outras; na comarca do Condado a uva é loureira; e outras, na subcomarca do Rosal (Baixo Miño). É un viño aromático, cunha boca xeralmente ampla e complexa e cun bo retronasal. A mediados dos anos 70 o Albariño empeza a ser obxecto dun crecente interese, pois o seu prestixio entre os consumidores empeza a rebasar o nivel dos entendidos, o que se debe en parte á Festa do Albariño, que se celebra en Cambados dende 1953, que inclúe unha cata e na que participan, co fin de enxalzar o viño albariño, famosos personaxes do mundo da cultura, da política e dos medios de comunicación. Ao seu redor xurdiron outros acontecementos locais, ademais de...
-
silveira.
-
albariño francés
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albariño histórico, elaborado e comercializado por Bodegas do Palacio de Fefiñáns pioneiro no etiquetado. Entrou no mercado no 1928, sendo premiado xa na Exposición Internacional de Barcelona de 1929-1930. Elaborado exclusivamente con uva Albariño, responde ás características dos viños da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. A adega está dirixida por Juan Gil González Coreaga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
albeiro.
-
PERSOEIRO
Escritora coñecida co pseudónimo de Víctor Català. Autodidacta, mantívose fiel ao naturalismo e, na súa primeira época, ao modernismo. Da súa obra destacan Solitud (Soidade, 1905), Marines (Mariñas, 1928) Contrallums (Contraluces, 1930) e Jubileu (Xubileo, 1951). Fuxiu do realismo e da obxectividade científicas, creou un universo mítico e impregnou a súa obra dun sentimento fatalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Habitante ou natural de Alcántara.
-
Relixioso franciscano reformado por Pedro de Alcántara.
-
-
PERSOEIRO
Astronauta norteamericano. Xunto con Neil Amstrong, e Collins, formou parte do equipo do Apolo-II que pisou por vez primeira a superficie lunar (1969). Previamente participara no último voo do programa Xémini.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insecticida agrícola que recibe o nome en honor a Kurt Alder. É un composto organoclorado, estable en presenza de álcalis e compatible coa maior parte de produtos agrícolas e fitosanitarios. Resulta velenoso para o home, por inxestión, inhalación ou absorción pola pel.
-
-
romeo.
-
alecrín nórdico
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización feminista, fundada en Vigo o 22 de marzo de 1985, coñecida tamén co nome de Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller. En 1987 abriu a Biblioteca-Centro de Documentación para consultar e investigar sobre temas relacionados coas mulleres, con fondos clasificados de acceso libre. Foi a organización feminista que comezou a prestación de servicios dirixidos a mulleres, coa creación de centros de día de atención a prostitutas, centros de información e asesoramento, particularmente en temas relacionados coas agresións. Participa tamén na xestión de centros de acollida para mulleres en colaboración coas administracións públicas. A presidenta da asociación (1999) é Ana Míguez Vigo. Cada ano concede os premios Alecrín e Alacrán, cos que desexa destacar diante da opinión pública a persoas ou institucións que se distinguen por actitudes e condutas a prol ou en contra, respectivamente, da igualdade entre os xéneros.
-
PUNTA
Punta do litoral cantábrico, na parroquia de Suegos do concello do Vicedo, na marxe O da ría de Viveiro situada ao N do Porto do Val.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral da parroquia de Suegos, concello de Vicedo, na marxe O da ría de Viveiro situada ao N da punta dos Monxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio diferencial da mecánica que di que a forza de inercia dun punto material equilíbrase coa resultante das forzas sobre el aplicadas, nun sistema non sometido a forzas de frición.
-
PERSOEIRO
Anarquista francés. Participou na Comuna de Marsella do 1871. Disolta esta, refuxiose en Barcelona, onde con Paul Brousse e Camille Camet, creou o Comité de Propagande Révolutionnaire Socialista de la France Méridionale (Comité de Propaganda Revolucionaria Socialista da Francia Meridional, 1873) e publicou o periódico La Solidarité Révolutionnaire (A Solidariedade Revolucionaria). Foi membro da Alianza da Democracia Socialista e representou á Federación Rexional Española da AIT no Congreso da Haia en 1872 e no de Xenebra un ano máis tarde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Insecticida sintético, líquido e viscoso, quimicamente moi semellante á piretrina. É activo contra os insectos que resisten o DDT e pouco tóxico para o home e para os animais domésticos.
-
-
Relativo ou pertencente a personaxes denominados Alexandre como Alexandre o Grande, o Papa Alexandre VI e outros.
-
erso polirrítmico formado por dous hemistiquios que, segundo as leis da métrica catalana, francesa e inglesa, é de 12 sílabas; segundo as métricas castelá e italiana resulta de 14.
-
liña alexandrina
-