"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político. Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas no primeiro goberno autonómico (1982). Foi tamén director de Obras Públicas da Deputación Provincial de Ourense, director xeral de coordinación de investimentos no ministerio de Obras públicas e presidente da comisión nacional de recursos da auga no III Plan de Desenvolvemento. Presidiu a comisión nacional de Deportes de Alianza Popular (1986-1996) e, a partir de 1989, foi deputado no Parlamento español polo Partido Popular. Foi voceiro do Grupo Popular na comisión parlamentarias de Deportes (1989-1996), e da comisión de Transportes e secretario da comisión de Infraestruturas a partir de 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Doutorouse en Farmacia no Colexio de Farmacia de San Fernando no 1832; en Filosofía, en Santiago de Compostela e, na década de 1870, en Medicina. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1872. Interesado na aplicación práctica da química, prestoulle atención á nutrición e a diversas análises químicas, entre as que destacan as dedicadas ás augas minerais. En 1847 colaborou cos cirurxiáns González de Olivares e Guarnerio na primeira aplicación en España da anestesia con éter e cloroformo. Publicou diversos libros de texto, primeiro traducións como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia ou o libro de química de Berzelius, e logo, libros propios como o Manual de Química General. Á súa morte mereceu unha sesión necrolóxica na Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e dobrador. Participou como actor de teatro en diversos traballos do grupo Itaca e colaborou con Producións do Noroeste no espectáculo Rei Lear (1990). Traballou tamén nos filmes Divinas palabras (1987) e Era unha vez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e guerrilleiro. Despois de participar como comisario no exército republicano, exiliouse en Francia e colaborou na loita fronte aos nazis. En outubro de 1944 regresou a España coa misión de organizar os grupos guerrilleiros galegos segundo as directrices do PCE. Detido o 15 de outubro de 1945, foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. En 1987 gañou o I Premio Literario Ánxel Fole coa obra O trasmundo de Ánxel Fole.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou a maior parte da súa produción na Revista gallega (1898-1899), a miúdo baixo o pseudónimo de Vícaro. Destaca o seu poema “A sequía” (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora dende 1987 en El Correo Gallego (Correo das Culturas) e noutras publicacións como Grial, Boletín Galego de Literatura, Xermolos, Encrucillada e codirixe a revista Casa da Gramática. Realizou as edicións de Alfredo Brañas. Obras selectas (1990), Valentín Lamas Carvajal. Obras selectas (1991) e Antón Avilés de Taramancos (2000), e participou na edición e estudo de Aturuxo (1994), Alba (1995), Gelmírez (1995), Plumas e letras en La Noche (1996) e La Noche (1996). Publicou as traducións Don Don e Dona Dona veñen á escola (1989), Historia da Arte Galega. Renacemento (1991), Historia da Arte Prehistórica e Romana (1993) e Cadernos para a reforma (1989-1991). Coordinou e participou no equipo de redacción do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Estudiou no colexio de Farmacia de Santiago de Compostela e participou no Batallón Literario. Foi practicante de farmacia militar ata o ano 1814. Terminada a guerra, rematou os seus estudios de farmacia e estableceuse en Rivadavia, onde iniciou unha intensa actividade política antiabsolutista. En 1826 abriu unha botica en Vigo e proseguiu coas súas actividades políticas, polas que foi perseguido. En 1835, o gobernador de Pontevedra deulle unha comisión para realizar as fumigacións dos buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas. Posteriormente, a Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo. Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera que padeceu a provincia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Realizou os seus primeiros estudios musicais da man do seu pai, sonado organista e pianista, e xa de neno compuxo pezas a varias voces para violín e piano. En 1860 marchou a Zamora, onde dirixiu a banda de música da Beneficiencia, e posteriormente a París e Milán, onde foi discípulo de Lauro Rossi. Volveu a Madrid en 1869 e dedicouse á docencia e a ofrecer concertos por España, Francia e Portugal. Colaborou en La España Musical, El Diario de Zaragoza e na Gaceta de Galicia. En 1892 designárono para reorganizar a banda de música de Santiago de Compostela. Das súas composicións destacan Aire gallego (1888), con texto de Alfredo Brañas e publicado en Galicia Humorística, Zapateado (1888) e El Gimido, publicado en La Aurora de Galicia. Foi galardoado coa Cruz de Carlos III e nomeado socio de mérito do Ateneo de Señoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Belas Artes, foi vicedecano nas facultades de Belas Artes de Euskadi e de Pontevedra. Participou en exposicións colectivas e en montaxes teatrais (P 7) e cinematográficas (P 7, Amanecer). Recibiu en distintas ocasións o premio Gure Artea do goberno vasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xuíz. Ingresou na carreira xudicial en 1951. O seu primeiro destino foi o xulgado de San Vicente de la Barquera, en Cantabria. Posteriormente, exerceu como xuíz en Corcubión, Quiroga e Sarria. Ascendeu a maxistrado en 1961 e pasou a exercer na Audiencia Provincial de Badajoz. En 1963 foi nomeado xuíz especial con xurisdición en toda España para o caso do metílico. De volta a Galicia, exerceu como maxistrado-xuíz nun xulgado ourensán e en 1983 obtivo a praza de maxistrado na Audiencia Provincial de Ourense. Nese mesmo ano foi nomeado presidente da Audiencia Territorial de Galicia, posto que ocupou ata a desaparición deste órgano xudicial en 1989. En maio dese mesmo ano, foi nomeado primeiro presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo Consejo General del Poder Judicial, onde exerceu ata marzo de 1990. Uns meses máis tarde, o Parlamento galego nomeouno valedor do pobo, cargo para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como inspector de servizos da consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Concelleiro en Foz dende 1967, accedeu á alcaldía en 1979, pero dimitiu para presidir a Deputación Provincial de Lugo (1979-1983). Por decisión de Antonio Rosón Pérez, foi membro da Comisión dos 16 e participou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia en decembro de 1978. Foi conselleiro da Xunta preautonómica no goberno de José Quiroga Suárez (1979-1982), concelleiro de Lugo e membro da Deputación Provincial (1983-1987). Parlamentario na II lexislatura (1985-1989) pola circunscrición de Lugo, foi vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia dende o 13 de maio de 1986, en substitución de Tomás Pérez Vidal. Entre 1992...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Farmacia, pertenceu á escola de vilancetes mindoniense. Da súa produción consérvanse varios vilancetes manuscritos escritos en galego no arquivo musical da catedral de Mondoñedo. As composicións “A noite de Navidá” e “A Belén” publicáronse no Álbum de la Caridad (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Técnico de turismo e árbitro internacional de balonmán. Principiou a súa carreira deportiva en 1968. En 1973 ascendeu á División de Honor, máxima categoría do balonmán español. En 1978 acadou a categoría internacional, na que, entre 1978 e 1999, dirixiu máis de 300 partidos oficiais de clubs e máis de 100 entre seleccións nacionais de todas as competicións; entre eles destacan as fases finais de tres campionatos mundiais sénior masculinos (1979, 1986 e 1990), dous campionatos mundiais júnior masculinos (1981 e 1995) e un júnior feminino (1993), dous Xogos do Mediterráneo (1991 e 1993; nun deles arbitrou a final), uns Xogos da Commonwealth (Edimburgo 1998, nos que dirixiu a final) e a final da primeira Copa Intercontinental (Qatar, 1998). Tamén participou como anotador-cronometrador nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Polo que respecta ás competicións de clubs, dirixiu unha final da Liga Europea feminina (1999) e unha final da Copa City masculina (1996). No ámbito español, ao longo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. De formación autodidacta, viaxou por Europa e instalouse en Barcelona. Nas súas obras utilizou a figuración cun estilo expresionista e esquemático, achegado á abstracción e cunha paleta chea de tonalidades neutras, ocres, grises e negras. Das súas obras destacan, entre outras, Mediterraneoatlántico (1986), Los Bárbaros (1989) e as colaxes. Participou nas convocatorias da Bienal de Pontevedra e acadou unha bolsa da Deputación de Pontevedra (1983) e outra da Xunta de Galicia (1985). Participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Plástica Gallega (1981), Mail-Art 666 (Bélxica, 1982), Homenaje a Castelao (1982), Alternativas 80 (Salvaterra do Miño, 1985), 3 pintors (Barcelona, 1988) e I Mostra Unión Fenosa (1989). Individualmente, celebrou diversas exposicións na Sala Alma (Vigo, 1980), na Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, 1983), na Galería Matisse (Barcelona, 1987) e na Galería Evmaros (Atenas, 1987). Recibiu, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, debuxante e ceramista. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid. Foi profesor de debuxo. En 1926 realizou a súa primeira exposición en Santiago de Compostela. A súa obra, de raíces expresionistas e con temática galega, mostra un gran dominio técnico con ritmos e escorzos atrevidos e cun equilibrado colorismo. En 1943 creou unha industria de decoración cerámica e realizou decoracións de fachadas de edificios. Nestas obras están presentes as incisións, os relevos e a investigación, sobre todo nos esmaltes cerámicos. Ilustrou Sanos y enfermos de Eduardo Pérez Hervada (1962). En 1969 celebrouse unha exposición antolóxica na Coruña. Obtivo a primeira medalla na Exposición de Pintores Coruñeses (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Acadou os títulos de mestre de primeiro ensino, bacharel e procurador dos tribunais de Xustiza. Foi profesor numerario da sección de letras nas Escolas Normais de Pontevedra, de Salamanca, Santiago de Compostela e de Logroño. Ademais ocupou o cargo de secretario nas Escolas Normais de Pontevedra, Salamanca e Santiago de Compostela (1922), e de director desta última (1935-1940, 1945-1952). É autor de Resumen de derecho usual y legislación escolar, Resumen de derecho y legislación para las escuelas de 1ª enseñanza, Nociones de geografía de Galicia (1916), Nociones de historia de Galicia (1916), Tratado elemental de pedagogía (1927), Compendio de historia general de Galicia (1928), Compendio de geografía especial de Galicia (1928) e Compendio de agricultura industrial de Galicia (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, escultor, ceramista, deseñador gráfico e vidreiro. Coñecido como Chema Dapena, iniciouse na arte da man de Saturno Lois, López Guntín e Esteve Adam. Realizou estudios de pintura, escultura, deseño industrial, cerámica, vidro e microfusión de metais, entre outras, na Escola de Artes e Oficios Ramón Falcón (Lugo) e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Dende 1980 vive en Ourense. No eido do deseño gráfico, foi director artístico e creativo de Porcelanas Galos (1983-1991). Dende entón compaxinou a actividade artística coa docencia. Deu cursos de deseño, vidro e cerámica para a firma Olarte en Montemor O Vello (Coimbra), no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, na Escola de Vidro de Galicia, na Fundación Centro Nacional del Vidrio e na Real Fábrica de Cristales de La Granja. Na súa obra conviven os distintos materiais, como o vidro, a madeira, o chumbo, o ferro e o aceiro, nunha proposta na que a figuración deixou paso a unha abstracción na que propuxo mundos...

    VER O DETALLE DO TERMO