"SAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

  • Xénero de hadrosáuridos de ata 9 m de lonxitude, co fociño longo e aplanado nun peteiro desprovisto de dentes na parte anterior. Presentaba unha curupela ósea semicircular e oca con condutos internos de aire e de ata 30 cm de altura, relacionada coa emisión de voces para a comunicación da manda. Alimentábase, sobre as catro patas, de acículas de coníferas e das follas das primeiras magnoliofitinas e, en caso de fuga, corrían sobre as patas traseiras. Viviron no Cretáceo e os xacementos máis importantes están no norte de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética, case sempre de tema amoroso, constituída por pareados estróficos separados por un verso que se repite a xeito de retrouso (aab, ccb, ddb, etc). Na súa orixe foi unha fórmula destinada ao canto, na que o solista cantaba os pareados e o coro respondía co retrouso. Tamén chamado canción paralelística, procede da poesía galego-portuguesa, aínda que o seu uso se documenta noutras tradicións de Europa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico. Interesado desde novo pola aviación, desenvolveu melloras nos avións franceses da Primeira Guerra Mundial. Desde 1945 construíu un holding industrial e financeiro moi diversificado, que tiña como núcleo a sociedade Avions Marcel Dassault, que realizou os modelos dos grandes cazas Mirage e Mystère.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle pola que saen as augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desaugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar auga dun lugar para deixalo seco.

    2. Ir dar unha corrente de auga a outra.

    3. Saír un líquido por unha canle cara a un determinado lugar.

    4. Deixar que se baleire o líquido que contén un recipiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto do formalismo ruso que debe a súa primeira manifestación a V. Sklövski, quen sostiña que a linguaxe poética xorde da vontade de contrarrestar a automatización da linguaxe común. No uso ordinario, as palabras son instrumentos de referencia para nomear os obxectos e non interesan como tales palabras. Isto implica que a lingua se automatice porque a relación signo-realidade se converte en habitual e, polo tanto, réstase importancia ao discurso en si, que se converte en algo recoñecible, esperado, por estar ligado de forma rutinaria á realidade que representa. Posteriormente, o concepto ampliouse a través das contribucións de I. Tinianov e J. Mukarovski, que o empregaron para explicar a historia literaria. Sinalaron que o valor estético dos artificios verbais non é inmutable, senón que co uso acaba perdendo o seu carácter de novidade e, polo tanto, a súa efectividade, de xeito que consideran a evolución da arte como resultado da busca de novas formas que desautomaticen as que xa están...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desautorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Declarar unha autoridade que algo non ten a aprobación necesaria para que se realice.

    2. Desmentir algo que se declarara con anterioridade.

    3. Quitar a alguén o prestixio moral.

    4. Quitar a unha persoa a autoridade ou competencia para facer algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Saxonia Anhalt, Alemaña, á beira do río Mulde, preto da confluencia co Elbe (103.200 h [1991]). Desde mediados do s XIX desempeñou un importante papel como centro de innovación industrial, polo que se converteu na terceira cidade máis importante do land despois de Halle e Leipzig. A rexión experimenta desde os anos noventa un forte proceso de reconversión e privatización. A maior parte da poboación activa está empregada no sector terciario, ao que lle seguen en importancia a industria, o comercio e a construción. Do seu patrimonio cultural destaca o edificio da Bauhaus de Walter Gropius, onde estivo instalada a escola entre 1925 e 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Emigrou a EE UU onde coñeceu a Bertolt Brecht e onde lle puxo música de escena a varias das súas obras. Compuxo tamén temas para o cine. Da súa produción destaca a ópera Einstein (1973) e numerosas pezas corais e de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de máis de 12 m de lonxitude. Propio de finais do Xurásico, do que os xacementos máis importantes están en Tanzania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros, da familia dos megalosauros, de ata 6 m de lonxitude. Presentaban cabeza grande, con cristas óseas semicirculares os machos, e pescozo, cola e brazos longos e esveltos. De hábitos preeiros, habitou Norteamérica a principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están en Arizona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación popular dos réptiles das ordes dos saurisquios e dos ornitisquios que, xunto coas ordes dos pterosauros e dos crocodilos, forman a superorde dos arcosauros. Caracterizaron as comunidades de vertebrados terrestres da era Mesozoica, comprendida entre os 200 e os 65 millóns de anos, e a partir do Cenozoico a súa representación quedou reducida ás aves. Os dinosauros mesozoicos tiveron un tamaño medio de 200 cm, moito maior ca o tamaño medio dos mamíferos cenozoicos, que é de 20 cm. Algúns dinosauros foron os animais de maior tamaño da historia da Terra, como o Diplodocus, que acadou os 30 m de lonxitude. Os arcosauros apareceron hai uns 250 millóns de anos como animais depredadores e preeiros. Os primeiros arcosauros tiñan as patas abertas aos lados do corpo, como os lagartos actuais, pero durante o Triásico Medio e Superior, nos crocodilos e nos dinosauros apareceron extremidades situadas baixo o corpo. Ao adoptar esta posición, estes animais podían correr de xeito máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Joaquín Domínguez Bécquer, foi tío e mestre de Valeriano Bécquer. Dirixiu as obras dos Reales Alcázares e foi pintor de cámara honorario de Isabel II. Cultivou o retrato e a pintura costumista andaluza. Entre outras obras destacan Feria de Sevilla, Baile de Gitanos e La lonja en día de carnaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como José Domínguez Bécquer, foi pai do poeta Gustavo Adolfo Bécquer e do pintor Valeriano Bécquer. Realizou cadros costumistas andaluces e colaborou nos xornais España artística e Sevilla pintoresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos hipsilofodóntidos, de ata 3 m de lonxitude. Presenta patas longas e delgadas con tres dedos, sen dentes na parte anterior da mandíbula superior e unha mandíbula inferior a xeito de peteiro córneo. Viviron dende finais do Xurásico ata principios do Cretáceo en América do Norte, África, Australia e Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e orientalista. Participou en campañas arqueolóxicas no Líbano e Siria. Foi profesor na École d’Antropologie e na École du Louvre, e conservador do departamento de antigüidades orientais do Musée du Louvre dende 1928. Publicou a revista Syria. Escribiu, entre outras obras, Les civilisations préhelléniques dans le bassin de la mer Égée, études de protohistoire orientale (As civilizacións prehelénicas do Mar Exeo, estudios de protohistoria oriental, 1910) e L’Art phénicien du IIe millénaire (A arte fenicia do segundo milenio, 1949). Membro do Institut de France, nomeárono secretario perpetuo en 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO