Dilophosaurus
Dilophosaurus
[PALEONT]
Xénero de dinosauros, da familia dos megalosauros, de ata 6 m de lonxitude. Presentaban cabeza grande, con cristas óseas semicirculares os machos, e pescozo, cola e brazos longos e esveltos. De hábitos preeiros, habitou Norteamérica a principios do Xurásico. Os xacementos máis importantes están en Arizona.