"Salt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 65.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno reino de taifas formado na illa de Saltes (Huelva) tras a desmembración do Califato de Córdoba (1031).
-
CAPITAIS
Capital do estado de Coahuila, México (578.046 h [2000]). Posúe industria alimentaria, siderúrxica, papeleira, téxtil e de maquinaria agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que gaña a vida facendo xogos e acrobacias en espectáculos ao aire libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicio de boa pesca no mar que se reflicte no feito de lanzarse as aves contra a superficie do mar para coller peixes ou no salto dos propios peixes.
-
-
Acción e efecto de saltar.
-
Distancia percorrida ao saltar.
-
-
Proba atlética que consiste en acadar unha marca en altura ou en lonxitude. O programa olímpico inclúe catro especialidades: salto de altura, salto con pértega, salto de lonxitude e triplo salto.
-
salto con pértega
Salto en que se emprega unha pértega de fibra de vidro ou de carbono duns 5 metros de longo para superar o listón do saltómetro, pasando primeiro as pernas, despois o corpo e finalmente os brazos, soltando previamente a pértega.
-
salto de altura
Salto en que se tenta superar o listón que indica unha altura determinada impulsándose cun só pé.
-
salto de carneiro
Salto que dá un cabalo levantando as patas traseiras para facer caer ao xinete por riba da súa cabeza.
-
salto de lonxitude
Salto en que se percorren uns 40 m ata a táboa de batida, enterrada ao mesmo nivel da pista onde se efectúa, sen pisala, efectúase un salto en extensión sobre a zona de caída cuberta de area.
-
salto de obstáculos
Salto que se realiza en hípica e onde o participante ten que superar determinados obstáculos no menor tempo posible.
-
salto de trampolín/panca
Salto que se realiza en natación e que se efectúa desde un trampolín elástico situado a 3 m sobre o nivel da auga. Os de panca fixa fanse desde unha superficie ríxida colocada a 5,75 e 10 m de altura.
-
...
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Oza dos Ríos baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Uruguay (14.163 km2; 123.120 h [2004]). A súa capital é Salto (99.072 h [2004]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as de Graña e Congreiras, na parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na ribeira dereita da ría de Arousa, na parroquia de Rianxo, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Salto (Rodeiro). O seu cumio acada os 700 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre as de Langosteira e Muros, na parroquia de Suevos (Arteixo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada entre os cabos de Cee e A Nasa, na parroquia de Corcubión, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na ribeira dereita da ría de Muros e Noia, na parroquia de Abelleira (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. De estilo románico, construíuse a finais do s XI ou comezos do s XII. Da primitiva construción só se conserva a ábsida e a fachada. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida tamén rectangular, á que se accede por un arco triunfal lixeiramente apuntado. Ten un coro alto aos pés da nave. A portada principal está formada por arquivoltas tóricas, decoradas cun billete, apoiadas en columnas acobadeladas. No tímpano atópase inscrita unha cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo priorado cisterciense, dependente do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, que está situado en Rodeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que serve para medir a altura do salto nas competicións deportivas.
-
-
Que salta moito.
-
Que sobresae ou que é moi prominente.
-
-
Insecto da orde dos ortópteros incluídos en diferentes xéneros de familias moi diversas. Ten o corpo macizo de cores terrosas, as antenas curtas, o órgano estriduloso formado polos élitros e os fémures, o órgano timpánico no abdome e o oviscapto moi curto. Son fitófagos e de costumes gregarios. Algunhas especies son alimento humano para certas poboacións dos desertos africanos. O saltón marroquí (Dociostaurus marocanus) habita no N e no centro de África, no O de Asia, na Península Ibérica, en Italia, no S de Francia, en Hungría e nos Balcáns, onde é sedentario e provoca pragas non periódicas nos mesmos lugares que habita. O saltón migratorio (Locusta migratoria) habita en Europa central e meridional, onde é sedentario e non gregario, e no O de Asia, onde é gregario, emigrante e provoca estragos considerables. O saltón peregrino (Schistocerca gregaria) habita en África e no O de África. É dos máis nefastos para...
-
saltón verde [Tettigonia viridissima, Fam dos tetigónidos]
Insecto da orde dos ortópteros que acada ata 7 cm de lonxitude. É de cor verde intensa e ten unhas antenas longuísimas e filamentosas, máis longas ca o corpo, e o oviscapto longo, en forma de sabre. Habita entre as herbas e plantas cultivadas.
-
-
marolo.
-
Molusco bivalvo de menos de 8 cm de lonxitude que habita en zonas próximas á costa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran propiedade señorial rexida por un procurator independente da autoridade territorial municipal, que se destina normalmente ao pastoreo ou á caza. A lei permitía un arrendamento de cultivo en pequenas parcelas, dereito que posteriormente chegou a ser de posesión. As maiores extensións estaban en África.