"San Pedro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 110.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Destaca a tipoloxía construtiva pola situación da torre integrada na fachada, que forma na base un pórtico con arcos de medio punto, co corpo superior cúbico e a torre das campás octogonal rematada en pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga igrexa parroquial situada en Muros. Coñecida como a colexiata de Santa María do Campo,e construída en estilo románico durante a segunda metade do s XII, o edificio que se conserva foi iniciado polo arcebispo Lope de Mendoza e rematado polo concello de Muros. Da súa construción orixinal só se conservan algúns canzorros e algunhas pezas de cantaría. A antiga ábsida románica foi substituída por unha capela de estilo oxival, cuberta con bóveda de cruzaría e con varios sepulcros medievais no seu interior. A nave principal presenta cuberta de madeira a dúas augas e a ela ábrense seis capelas laterais, con cubertas que varían desde a bóveda estrelada á bóveda de cruzaría. Do interior, destacan as imaxes de Xesús Cristo agonizante, os relicarios e algúns ornamentos litúrxicos. A fachada presenta un pórtico sostido por catro columnas que precede á portada románica, con arquivoltas semicirculares e tímpano sobre mochetas. Na parte superior leva un rosetón e remata cunha estrutura pétrea que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Nantón (Cabana de Bergantiños). Construída no s XVIII, ten unha nave rectangular cuberta cunha bóveda de canón e ábsida rectangular do s XVI cuberta cunha bóveda nervada. Destacan os seus retablos, un neoclásico e dous de estilo barroco-rococó compostelán. O seu campanario data do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A construción inicial datouse cara ao s X, pero reedificouse posteriormente sobre a antiga cimentación. Presenta tres naves de tres tramos, separados por piares que cargan arcos forneiros e cuberta de madeira a dobre vertente. O esquema orixinal foi o mesmo que se empregou na basílica de Santiago de Compostela e en templos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Verea que data de 1755. Ten unha soa nave de catro tramos con arcos faixóns e un arco triunfal que arrinca de pilastras. A fachada presenta portada alintelada coa fornela que acolle a imaxe de san Pedro, e nos extremos remata con pilastras. Destaca a espadana de dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída a mediados do s XVIII baixo o padroado do marqués da Sierra. De estilo barroco, ten planta de cruz latina e está construída en cantaría. Sobre a porta da fachada atópase a fornela de san Pedro. Destaca a torre anexa, de estilo barroco e con tres corpos ornamentados con pilastras estriadas e balaustradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Construída en estilo románico (s XII), uniuse á igrexa de San Nicolao de Cis e a comezos do s XIV ambos os dous templos anexionáronse a San Martiño Pinario. Consta dunha soa planta rectangular, rematada nunha ábsida rectangular cuberta por unha bóveda de canón apuntada. O espazo entre a nave e o presbiterio ocúpao un arco triunfal sostido por semicolumnas adosadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Ten unha soa nave con arco triunfal sobre pilastras e prebisterio cun pórtico acaroado. A fachada está moi decorada e ten rebaixes verticais nos extremos e grandes pináculos sobre a cornixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portomarín. Data do s XII, e a mediados do s XIII contaba cun hospital de peregrinos. Foi consagrada polo bispo de Lugo Rodrigo II en 1182 e dedicada á Virxe e aos santos Pedro, Cosme e Damián. Trátase dunha construción románica realizada en cantaría de granito. De época medieval só queda a portada, composta de tripla arquivolta de medio punto, abucinada e con media cana na rosca e no intradorso, que se decora con motivos xeométricos. O lintel bilobulado data de 1182 segundo se recolle nunha epígrafe. O tímpano é liso. No interior destaca o sepulcro do marqués de Bóveda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Oza dos Ríos. Construíuse en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII. Pénsase que puido pertencer a un convento templario. Ten planta rectangular dunha soa nave rematada nunha ábsida rectangular, cuberta cunha bóveda de canón apuntada. Destaca o rosetón calado do testeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Pedro de Mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Moraña. Datada no s XII, construíuse en estilo románico con reformas posteriores, sobre todo no s XVIII. Ten planta de cruz latina e ábsida semicircular románica con columnas anexadas con capiteis figurados sobre os que se apoia a cornixa. O arco triunfal é de ferradura e apóiase en columnas lisas.Os muros están realizados en cachotaría e cantaría de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construída a finais do s XII e comezos do s XIII, ten planta rectangular cunha soa nave e unha ábsida cuberta con bóveda de canón. Da época románica só conserva o arco triunfal, a ábsida, unha pequena fiestra no testeiro e os canzorros que sosteñen o aleiro do tellado. O arco triunfal é peraltado. A fachada remata nunha espadana dun corpo con dous arcos de medio punto peraltados, con frontón, dous acroterios piramidais e unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Realizada en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave, abovedada con arcos faixóns, e unha ábsida, de tramo recto con cabeceira redonda e capiteis figurados. No interior destacan as pinturas murais que representan o Xuízo Final. A fachada, reformada no s XVIII, conserva a metade das xambas e do arco interior da portada orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bande. Ten planta rectangular con presbiterio elevado. No interior destaca o retablo maior, que conta con relevos onde se representan escenas haxiográficas de san Pedro. Na fachada, a porta ten un arco de medio punto e un ollo de boi no frontispicio. A espadana ten un corpo de arcos que remata nun frontón triangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Rocas. A súa construción pode datar de 573 segundo consta nunha lápida conmemorativa atopada no lugar. Estivo abandonado durante séculos, e non foi redescuberto e rehabitado ata o s X. En 1007 o Rei Afonso V confirmou a posesión dos bens do mosteiro que doara Afonso III e neste documento constátase a restauración da vida monástica por parte do abade Gemondo. O s XII foi a época de máximo esplendor, a mediados do s XII sufriu varias reformas e nos ss XIV e XV iniciouse a súa decadencia. Pouco habitado e con escasas rendas, no s XV os Reis Católicos redactaron un documento para frear os abusos dos nobres, que ansiaban as terras do mosteiro, e finalmente incorporouse ao priorado de San Salvador de Celanova. Foi destruído por varios incendios, ardeu en 1641 pero foi restaurado, e en 1928 queimouse a igrexa do mosteiro, que non se restaurou. Escavado na rocha, na súa orixe, constaba dunha dobre nave aberta á rocha e posteriormente abríronse tres naves, realizadas durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Damil (Xinzo de Limia). O seu cumio acada os 758 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequenas illas do Océano Atlántico, situadas fronte á punta Penaboa, na parroquia de Visma (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Corme e Laxe, na parroquia de Canduas (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as puntas de Ravela e O Carallete, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO