"Simón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 82.

  • Denominación de Orixe creada pola Orde de 20 de abril de 1999 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. É unha variedade de queixo que se elabora nas parroquias de San Simón da Costa, Samarugo e Vilapedre, e no barrio de Moreda da parroquia de Lanzós, pertencentes ao concello de Vilalba, e nas parroquias da Balsa e do Viveiró, no concello de Muras. Toma o seu nome da parroquia vilalbesa de San Simón da Costa, que constitúe o seu punto de orixe. Presenta unha forma intermedia entre buxaina e bala cunha codia afumada e algo graxa. A súa pasta é semidura, con fendas, preta e de cor entre branca e amarela. A característica fundamental deste queixo é o seu afumado, despois do período de maduración que é de sesenta días, que se realiza de forma artesá con madeira de bidueiro. É un queixo entre un 45% e un 60% de materia graxa que se comercializa en dous tamaños distintos, ordinario e bufón, de menor peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como O Tigre de Maracaná, foi porteiro titular do F. C. Barcelona (1949-1961) e da selección española, coa que foi 36 veces internacional. Acadou a internacionalidade en México (1950) e consagrouse como un dos mellores porteiros do mundo nos campionatos de Brasil do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra inglés. Debutou no mundo operístico con The Rake’s Progress, de Stravinsky. Dirixiu a Royal Liverpool Philarmonic Orchestra (1977-1980), a Filharmónica de Los Angeles e a Sinfónica de Birmingham (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi abade mitrado de Villafranca del Bierzo e bispo de Lleida entre 1819 e 1824. Opúxose ao sistema constitucional e, detido como represalia pola invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823), foi desterrado a Málaga e despois a Tortosa. Unha vez restablecido o absolutismo, reuniu nun volume os seus escritos anticonstitucionais. En 1824 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Foi discípulo de Domingos Antonio de Andrade nas obras da catedral de Santiago de Compostela e mestre de obras desde 1701. Representou unha nova liña dentro do decorativismo barroco, cun marcado carácter xeométrico e máis realista nos temas vexetais, acentuando o grosor e volume das placas e obtendo unha considerable sensación espacial. Dirixiu a reedificación de San Fiz de Solovio e a construción dos derrubados Cuarteis do Barrio da Cerca (1703-1707). Proxectou a igrexa de Santa María de Dodro (1719) e encargouse da dirección das obras do convento de Santa Clara ata 1730. Realizou retablos como o da capela da Prima (1721) da catedral de Santiago de Compostela e os retablos maior (1727) e de San Francisco de Borja e San Luís Gonzaga (1735) na igrexa da Compañía de Xesús. Entre 1729 e 1737 realizou a capela do Santo Cristo no convento de Santa María de Conxo. Continuou a traballar para a catedral compostelá, como a Casa de Exercitantes, e entre 1740 e 1752 realizou a igrexa de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz francesa. Coñecida como Michèle Morgan, despois da súa estadía sen éxito en Hollywood volveu a Francia, onde se converteu nunha das actrices máis admiradas. Da súa filmografía destacan The Fallen Idol (1948), Obsession (1954), Le chat et la souris (1975) e Stanno tutti bene (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claude Henri de Rouvroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis de Rouvroy.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao conde de Saint- Simon ou ao saint-simonismo.

    2. Seguidor do saint-simonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e movemento formado polos seguidores do conde de Saint-Simon, despois da súa morte e baseándose nas súas últimas obras, que pretendían fundar unha relixión secular da sociedade. Estendeuse principalmente por Francia e algúns países europeos. Por defender a clase máis numerosa e máis pobre, viuse a miúdo como precursor do marxismo. O seu socialismo, chamado utópico, pretendía ser non só un substituto da Igrexa senón incluso unha relixión. Defendían a convicción de que a Revolución Francesa e a sociedade industrial que xurdía representaban a superación da vella moral cristiá como aglutinador social e que era necesaria unha moral baseada na ciencia, é dicir, na socioloxía entendida como ciencia dos costumes ou da moralidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Covelo (Palas de Rei) e Marzán (Monterroso). O seu cumio acada os 706 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Simón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Espazo natural de 2.700 ha situado no fondo da ría de Vigo limitado polo estreito de Rande. Nel está situada a illa de San Simón e desembocan os ríos Alvendosa, Ponte Nova e Verdugo. Baña as costas dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. O espazo intermareal forma parte da Rede Natural 2000 desde 2001. Está formado por superficies de lama e areas cubertas por pradarías de algas e uceiras. Faunisticamente destaca a poboación de anátidas e a presenza de limícolas durante os pasos migratorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Pequena illa situada na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela). De 250 m de longo e 84 de ancho, é pouco elevada e escarpada no litoral. Orixinariamente eran dúas illas, San Simón e Santo Antonio, que máis tarde se uniron por unha ponte. Pertenceu á orde do Temple desde o s XII ata o s XIV e as súas dependencias foron ocupadas polos franciscanos, que sufriron o saqueo de F. Drake en 1589. En 1598 instaláronse monxes procedentes de San Xoán de Poio que reconstruíron o vello convento. Anos despois regresaron os franciscanos ata que en 1702, despois da Batalla de Rande, o convento foi destruído. Reedificado de novo, permaneceron nel ata que se trasladaron en 1809 a Agrelo. En 1830 aprobouse este emprazamento para usalo como lazareto da cidade de Vigo. Na illa de Santo Antonio estaban os enfermos sen cura e na de San Simón os que poderían curarse. Durante a Guerra Civil e ata 1943 foi cárcere e despois albergue e fogar para orfos de mariñeiros. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción que une as illas de San Simón e Santo Antonio no fondo da ría de Vigo, en Cesantes (Redondela). Construída no s XIX en cantaría, ten tres arcos rebaixados e fitos nos accesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico suízo. Foi profesor en Basilea, Tubingen e Berlín. Fixo investigacións sobre os tecidos vexetais e especialmente sobre os liques, e triunfou ao demostrar que estaban compostos de algas e fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simone Henriette Kaminker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O primeiro dos doce apóstolos, san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dueto musical formado en 1965 por Paul Simon (compositor) e Arthur Garfunkel (cantante). Da súa discografía destacan Wednesday Morning 3AM (1964), Sounds of Silence (1966), The Graduate (1968), Old Friends (1997) ou Live From New York City, 1967 (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón internacional outorgado desde 1983, para recompensar aquelas actividades (creación intelectual, artística, realización social ou acción de motivación da opinión pública) consideradas particularmente meritorias no que respecta á contribución á liberdade, a independencia e a dignidade dos pobos, así como ao fortalecemento da solidariedade entre as nacións, favorecendo o seu desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO