"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Lesión que unha persoa se causa a si mesma co obxectivo de obter determinados resultados (exención de determinados servicios, imposibilidade para a procreación, etc) como consecuencia dun trastorno moi profundo da actividade psíquica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provocarse lesións un mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade que teñen algúns enxeños (automóbiles, motonaves, avións, etc) de propulsarse por medios propios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dalgúns procesos estocásticos pola que o estado do proceso nun instante determinado depende linealmente dun certo número de estados anteriores e mais un termo aleatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesión na que unha comunidade é substituída por outra da mesma composición e estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio. Isto conséguese comprimindo cunha vendaxe os puntos máis distais do sistema (brazos e pernas), reducindo así o continente.

      2. Método para retornar o sangue extravasado á circulación. O sangue vertido na cavidade peritoneal, sobre todo en casos de ruptura dun embarazo ectópico ou do bazo, recóllese durante a intervención cirúrxica e transfúndese inmediatamente á circulación xeral do paciente.

    1. Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha necesidade futura, como é o caso da práctica dunha intervención cirúrxica. Este método evita a posibilidade de transmisión de enfermidades infecciosas e os efectos secundarios que eventualmente se producen nas transfusións de sangue de doadores. Se esta técnica se emprega en deportistas ou en animais de carreiras considérase dopaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repugnancia cara a algunha cousa.

    2. Repulsión violenta cara a alguén.

    3. Método terapéutico que intenta acadar o aborrecemento ou simplemente a anulación dun hábito patolóxico mediante un estímulo, físico ou farmacolóxico, que produce efectos desagradables ao actuar paralelamente ou concatenadamente co obxecto do hábito a tratar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. extirpación.

    2. Tipo de accesión natural dos bens inmobles que consiste no acrecentamento de terras aos predios cercanos aos ríos, non de maneira sucesiva e lenta como no aluvión, senón violenta e transitoria, como consecuencia da corrente das augas. Contra a norma xeral de accesión, se se puidese chegar a coñecer a procedencia do terreo incorporado, continuaría pertencendo ao anterior propietario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria creada en 1988, denominada antigamente Banco de Huesca. Foi adquirido polo Hypovereinsbank o 29 de xaneiro de 2000 adoitando o nome de Banco Inversión Hypovereinsbank.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto caniométrico saxital situado no centro do bordo anterior do foramen magnum.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dúas dimensións: a altura e a anchura.

    2. Calquera espazo vectorial de dimensión 2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación que, por medios biolóxicos, converte unha forma determinada de enerxía noutra diferente. Por exemplo, o proceso de fotosíntese que transforma a enerxía electromagnética procedente do Sol en enerxía química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno presente en certas linguas africanas, consistente en dúas interrupcións sucesivas, pero moi inmediatas na produción de fonemas oclusivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca endorreica do Chad, ao NO do lago Chad (160 m alt), coñecida tamén como depresión de Djourab. Alí converxen os torrentes do macizo de Tibesti e do altiplano de Ennedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Difusión da luz causada por un fluído transparente, na que a lonxitude de onda difundida é lixeiramente diferente da incidente. Como resultado deste efecto, o espectro da luz difundida presenta, ademais da raia correspondente á frecuencia incidente, un par de raias (par de Brillouin) a ambos os lados desta. O espectro de Brillouin é dunha gran complexidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que se m¹n, entón non hai ningún homeomorfismo dun aberto de Om nun aberto de On.

    VER O DETALLE DO TERMO