"Sula" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 93.
-
-
Relativo ou pertencente ás grosulariáceas.
-
Planta da familia das grosulariáceas.
-
Familia de arbustos, que engloba un só xénero (Ribes) e ao redor de 150 especies, as máis delas distribúense nas zonas templadas do Hemisferio N e os Andes. Son plantas caducas ou perennes, moitas veces espiñosas, con follas simples, alternas sen estípulas, flores pequenas que nacen en aciosos e o froito carnoso. O seu maior interese radica nos froitos comestibles do xénero, as grosellas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
grosularia.
-
PERSOEIRO
Escritora e tradutora. Catedrática de inglés e alemán, en 1968 estableceuse en Galicia e comezou a publicar as súas obras en galego. Colaborou en diversas revistas e xornais alemáns e galegos, como Dorna e A festa da palabra silenciada. Fundadora e presidenta do PEN Club Internacional en Galicia, publicou, entre outras obras, O soño perdido de Elvira M. (1982), Remuíños en coiro (1984), Arredor da muller en 18 mundos (1985), Anaiansi (1989), Mulleres (1991), Culpable de asasinato (1994, Premio Blanco Amor 1993), Confidencias (1992), Ambra (2001) e Torso (2002); ademais dos libros infantís, O buzón dos nenos (1985), Sempre Cristina (1986), A casa abandonada (1987, Premio Merlín, 1986), Xente coma min (1989), Nace un campión (1992) e Quérote (1994). No eido da tradución, cómpre salientar Y no dijo una sola palabra (1972), de Heinrich Böll,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade pouco frecuente do granate.
-
PENÍNSULAS
Península do S de Europa, situada entre o Océano Atlántico ao N, O e SO, e o Mar Mediterráneo ao S e L, unida ao continente europeo pola cordilleira alpina dos Pireneos e separada de África polo estreito de Xibraltar. Sitúase entre os 36° 0 3 N e os 43° 47 24 N. O seu territorio, 597.625 km2 de superficie, divídese entre os estados de Andorra (468 km2 no Pireneo), España (que ocupa a súa maior parte, 505.009 km2) e Portugal (92.142 km2 no O), ademais da colonia británica de Xibraltar (6km2 no sector máis meridional). Presenta un contorno rectilíneo, cunha conformación maciza e unha altitude media elevada (660 m alt). Xeograficamente está moi compartimentada e na súa superficie aparecen diferentes unidades. A Meseta organiza todo o relevo. Dentro dela sitúanse os Montes de Toledo e o Sistema Central; tres concas afundidas, Ebro, Tajo e Guadiana, e nos seus bordos, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Sierra Morena. Ademais están...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PENÍNSULAS
Península de Asia, a máis meridional das tres grandes penínsulas meridionais do continente, situada entre China, ao L, e o Indostán, ao O. Comprendida a península de Malacca, rodean Indochina o golfo de Bengala, ao O, o estreito de Malacca ao S, e o mar da China Meridional ao L e SL. A súa superficie total é de 2.270.964 km2, distribuída entre os estados de Tailandia, Myanmar, Laos, Camboxa, Vietnam, Malaisia e Singapur. < BR> Xeografía
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos trazos característicos do relevo de Indochina é a existencia, a partir dun nó montañoso setentrional, dun feixe de aliñacións diverxentes entre as que discorren os principais cursos fluviais e se estenden as chairas aluviais. Nestes fondos de val é onde se asentou a poboación. Climaticamente, a totalidade da península inclúese baixo o réxime dos monzóns. O réxime térmico presenta grandes contrastes en función da latitude e da altitude. Nas chairas as temperaturas responden aos parámetros dos climas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Lóbulo do cerebro que se sitúa no fondo da fisura de Silvio.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual de carácter literario editada en Madrid desde 1946. Subtitúlase “Revista de letras y ciencias humanas” e é unha das máis importantes dentro do panorama literario español. Fundada por Enrique Canito, está dirixida por José Luis Cano. Entre os seus contidos cómpre salientar as numerosas monografías e recensións das obras de diversos autores galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa romana formada por varios pisos, con tabernae na planta baixa, que estaba illada e rodeada por cardi (cardo maximus) e decumani (decumano) constituíndo un rueiro. Era de aluger e plurifamiliar, destinada ás clases populares ou acomodadas, unifamiliar e opoñíase á domus.
-
-
Relativo ou pertencente a unha illa.
-
Natural ou habitante dunha illa.
-
Escritura desenvolvida en Gran Bretaña e Irlanda na Idade Media, especialmente entre os ss VII e X, a partir das escrituras uncial e semiuncial, levadas desde o continente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de insular.
-
PENÍNSULAS
Península de Europa Meridional, situada ao S dos Alpes, entre os mares Tirreno, ao O, Adriático, ao L, e Xónico, ao S. O seu territorio divídese entre os estados de Italia, que ocupa a súa maior parte, San Marino e Cidade do Vaticano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do N de Rusia (10.500 km2). O seu relevo é chairo e destaca a súa vexetación de tundra.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión montañosa de Paquistán, cerca da fronteira con Afganistán. A altitude media da cordilleira é de 1.500 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do NL de Canadá, situada entre o Océano Atlántico ao L, o estreito de Hudson ao N, e a baía de Hudson ao O. É a parte máis elevada do escudo canadense (Torngat, 1.675 m de altitude). A costa é moi recortada e con numerosos fiordes. O clima é moi frío e a vexetación é de taiga e, ao N, de tundra. Os poucos habitantes (esquimós) viven da caza e da pesca. Ten importantes recursos mineiros. Descuberta por Giovanni Caboto en 1498, pasou ao poder de Reino Unido pola Paz de París (1763), ao de Canadá en 1774 e á xurisdición de Terranova en 1809. A partir de 1949 a parte NL da península formou parte da provincia de Terranova e o resto da provincia de Québec.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista estadounidense. Especializada en ciencia fición, escribiu The Left Hand of Darkess (1969), The Dispossessed (1974), o volume de poesía Wild Angels (1975) e The Compass Rose (1982). Obtivo o Premio Hugo (1988) ao mellor relato de ciencia ficción e o Premio Nebula (1900) á mellor novela, concedido pola Science Writers Fition of America (SWFA).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Envoltura fibrosa que recobre o bazo e penetra no parénquima, dividíndoo en lóbulos grandes e pequenos.