"TAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 143.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inscrición que se pon nunha sepultura.
-
-
Indución a un terceiro a cometer un acto que provoca, por parte deste, un erro que deriva nun prexuízo propio ou alleo e un beneficio ao indutor, que actúa con dolo e ánimo de lucro.
-
Engano que sofre alguén en canto á calidade, prezo ou cantidade de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘coitelo’.
-
-
de estafar.
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘morto’.
-
-
-
Persoa ou entidade que comete estafa.
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘asasino’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘enterrar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cometer unha estafa.
-
-
Persoa que aparenta ter ou ser máis do que é.
-
Persoa pouco animosa e sen iniciativa.
-
Persoa alta, delgada e sen xeito.
-
-
-
Correo ordinario que ía a cabalo dunha casa de postas a outra.
-
Correo especial para o servicio diplomático.
-
Oficina do servizo de correos na que se despacha a correspondencia e os demais servicios postais (xiros, telegramas, certificados, reembolsos) e onde se localizan os apartados.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia absolutista aparecida en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1813. Cesou o 2 de setembro do ano seguinte. Fundada e dirixida por Manuel Freire Castrillón, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de El Estafetero, saía os mércores e os sábados. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Los Dos Amigos, nos talleres de Ignacio Aguayo e, finalmente, nas súas propias prensas. Defendeu a Santa Inquisición, a fe católica, e os foros e privilexios dos terratenentes; por outra banda, criticou os liberais, a Constitución de 1812 e as Cortes de Cádiz. Cómpre salientar a inclusión dun dos primeiros textos en prosa escritos en lingua galega e titulado “Carta a un liberal”. Aos seus ataques políticos responderon as publicacións liberais El Redactor General, de Cádiz, e a Gazeta Marcial y Política de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal cultural aparecida en 1944 en Madrid. Cesou na súa primeira etapa en 1946. Editada pola Delegación Nacional de Prensa, dirixiuna inicialmente Juan Aparicio. Nos seus artigos incluía referencias á poesía subxectiva, aos escritores do 98 e ao seu pesimismo, aos experimentos vangardistas, á poesía española do s XIX e á Xeración do 27. Tamén tiveron cabida na revista os poetas garcilasistas. A súa segunda época desenvolveuse entre 1956 e 1957. Na terceira etapa, ata 1962, dirixiuna Rafael Morales e a edición correu a cargo do Ateneo de Madrid. Na cuarta etapa (1962-1968) levou a dirección Luis Ponce de León e a edición dependeu da Editora Nacional. En tres dos números editados en 1965 apareceron un Mapa literario de Galicia e un Dicionario de escritores. Na quinta e última etapa, a partir de 1968 e ata 1977, exerceu como director Ramón Solís. Dedicouse á información cultural, á crítica e á creación literaria. En 1978 modificou o seu nome polo de Nueva Estafeta e desapareceu...
-
-
Relativo ou pertencente aos estafilínidos.
-
Insecto da familia dos estafilínidos.
-
Familia de coleópteros con adultos dende menos de 1 mm a máis de 30 mm de lonxitude. A maioría son delgados e cilíndricos, con élitros curtos, abdome flexible e antenas sinxelas. As larvas son alongadas con antenas de 3 ou 4 segmentos, cun apéndice sensorial de forma particular no penúltimo. O extremo do abdome presenta un estilo articulado e cada pata remata nunha uña. Os adultos da maioría das especies son nocturnos ou cando menos foxen da luz durante as horas do día e están confinados aos hábitats húmidos. As larvas e os adultos da maioría das especies son depredadores facultativos, pero algúns son depredadores especialistas. Algúns aliméntanse de fungos ou de materia orgánica en descomposición e algunhas larvas son parasitoideas de pupas de mosca. Outras moitas especies habitan niños de formigas e térmites. Algunhas larvas tecen un casulo antes da metamorfose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de formación de palabras co significado de ‘acio’, ‘úvula’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dado ás enfermidades producidas por estafilococos patóxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacteria que ten forma de cocos agrupados en acios, como as do xénero Staphylococcus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ectasia escleral e uveal debida a un aumento sostido e elevado da presión intraocular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘morto’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘matar’.
-
GALICIA
Agrónomo e político. Estudiou ciencias naturais nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, na que acadou o título de doutor (1925) e ampliou os seus coñecementos no estranxeiro. Foi catedrático de Agricultura, director do instituto de ensino medio de Pontevedra e profesor de bioloxía no instituto Lope de Vega de Madrid. Participou na Misión Biolóxica de Galicia, na que desenvolveu traballos de investigación sobre as patoloxías víricas das patacas. Foi un dos fundadores do Centro Republicano de Pontevedra (1931) e participou na fundación da Federación Republicana Gallega (FRG). Elixido alcalde de Pontevedra en abril de 1931, dimitiu ao ano seguinte e pasou a ocupar a presidencia da Deputación. Durante a Guerra Civil encargouse da dirección de Política, o diario de Izquierda Republicana, e foi nomeado por Negrín comisario xeral do exército (marzo de 1938). Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde exerceu como profesor na Universidad Autónoma e no Instituto Politécnico...
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de impresores e xornalistas liberais composteláns. Manuel Bibiano Fernández creou en 1872 o obradoiro tipográfico que tirou do prelo a Gacetilla de Santiago. Co tempo, a súa imprenta modificou a súa denominación e adoptou os nomes das cabeceiras de El Diario de Santiago e La Gaceta de Galicia, en dúas épocas diferentes. Publicou Las prolongaciones del ferrocarril compostelano a Pontevedra y Tieira (...) (1895). O seu fillo Antonio Fernández Tafall (Santiago de Compostela 1869 - Madrid 27.2.1936), posiblemente en colaboración co seu irmán Xosé Fernández Tafall (Santiago de Compostela? - Pontevedra 1922), fundou outra imprenta á marxe da do seu pai, co que colaborou en diversas ocasións. Antonio, xornalista de profesión, dirixiu La Gaceta de Galicia e escribiu os dramas Perlas del arroyo, que se estreou en diversos teatros de Galicia en 1906, e El estudante...
VER O DETALLE DO TERMO