"UIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 213.

      1. Inflamación dos bronquios, causada habitualmente por axentes infecciosos ou irritantes, físicos ou químicos.

      2. bronquite capilar

        bronquiolite.

      3. bronquite crónica

        Bronquite que presenta tose produtiva durante polo menos tres meses ao ano ao longo de máis de dous anos consecutivos. A causa fundamental é a inhalación de produtos irritantes, sobre todo tabaco, e tamén outros axentes ambientais ou laborais que determinan a estimulación da secreción de moco polas células das vías respiratorias, a parálise dos cilios destas células coa conseguinte dificultade para eliminar o moco, e a alteración da función dos macrófagos alveolares con diminución da resistencia á infección broncopulmonar. Clinicamente se caracteriza por tose, ás veces paroxismal, e por expectoración mucosa de predominio mañanceiro (bronquite crónica simple). Os síntomas exacérbanse periodicamente, sobre todo no inverno e despois de infeccións virais ou bacterianas; ás veces hai estertores sibilantes e poden darse crises de broncospasmo parecidas á asma (bronquite crónica asmática). Nun estado avanzado da enfermidade a tose é constante e a expectoración purulenta (bronquite...

      4. bronquite aguda

        Bronquite que, na forma simple, se manifesta con tose, inicialmente seca e despois produtiva, cun esputo mucoso ou mucopurulento, hipertermia leve e, ás veces, estertores sibilantes e húmidos. A miúdo vai precedida de rinite, farinxite, larinxite e traqueite. O epitelio dos bronquios vólvese avermellado, descámase e énchese de moco, debido a unha hipersecreción. A súa orixe está nos axentes infecciosos como o adenovirus, o virus da gripe, Mycoplasma pneumoniae, o pneumococo, o estreptococo, o estafilococo, etc. Pode aparecer no curso doutras enfermidades (febre tifoidea, gripe, sarampelo, tose ferina, etc) ou como exacerbación dunha bronquite crónica ou de bronquiectasia; normalmente, asóciase a pneumopatías subxacentes (pneumoconiose, tuberculose ou enfisema).

    1. Enfermidade do aparello respiratorio que afecta o gando bovino, ovino e cabrún novo que pace en ambientes húmidos. Está causada por un nematodo (Strongylus fileria) que penetra nos bronquios e provoca unha inflamación. Os síntomas principais da enfermidade son: enfraquecemento, respiración dificultosa, ataques de tose, expulsión de mocos, desgana e febre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á bronquite.

    2. Quen está afectado de bronquite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e filósofo neerlandés. Foi profesor na Universidade de Amsterdam (1912-1955), un dos fundadores da topoloxía moderna e o principal representante da escola matemática intuicionista, que se opón ás escolas axiomática de D. Hilbert, e loxicista, de G. Frege, G. Peano e B. Russell. A postura intuicionista négase a aceptar a existencia do infinito actual e o principio lóxico do terceiro excluído, e só considera como entes matemáticos os que se poden obter construtivamente. Os seus traballos básicos desenvolvéronse no campo da epistemoloxía e da fundamentación das matemáticas. É autor de Intuitionism and Formalism (Intuicionismo e formalismo, 1914), Zur Begründung der intuitionistischen Mathematik (Fundamentación da matemática intuicionista, 1924-1927) e Consciousness, Philosophy and Mathematics (Consciencia, filosofía e matemáticas, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo do litoral da parroquia de Moraime, concello de Muxía, situado ao O da praia de Arnela, no treito de costa comprendido entre o cabo Touriñán, ao S, e Muxía, ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora colombiana. Nos seus inicios formou parte do nadaísmo. É autora de novelas, contos, obras de teatro, relatos infantís e xuvenís, e guionista de televisión e radio nas que o amor, a morte os soños e o mundo máxico son elementos dominantes. Publicou, entre outras obras, El hostigante verano de los dioses (1963), Las istancias doradas, colección de relatos que inclúe El hombre de paja (Premio Nacional de Teatro, 1964), Cola de perro (1970), La otra gente (1973), Bahía sonora (1976), Los pañameros (1979), Los amores de Afrodita; cuatro cuentos y una novela breve (1983), Líbranos de todo mal! (1989) e La señora de miel (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave de rapina da familia dos accipítridos, que se alimenta de todo tipo de presas, incluídas preas.

    2. Ave de entre 59 e 70 cm de lonxitude, cunha envergadura de ata 165 cm, o máis pequeno dos voitres. Os sexos son moi semellantes, e diferéncianse só polo tamaño. A plumaxe do corpo é branca sucia, coas rémixes primarias e secundarias negras. A cabeza é amarela e carece de plumas, agás na zona posterior de onde parte un penacho amarelo. De hábitos migradores, vive en zonas montañosas, de cantís ou penedías con campo aberto. Existen dúas subespecies, unha asiática meridional e outra europea. Esta última ten a súa maor poboación en España, onde está presente en case todos os macizos montañosos, aínda que falta na maior parte da costa mediterránea. En Galicia só se dá como estival no SL da rexión, pero é moi raro de atopar.

    3. Ave de entre 100 e 118 cm de lonxitude, e de ata 295 cm de envergadura, o que se considera voitre de maior tamaño. Os machos é as femias só se diferencian polo tamaño. A plumaxe é marrón escura, case negra, coa cabeza e o pescozo sen plumas, pero cunha especie de colar na base do pescozo formado por plumas pálidas e curtas. Vive nas zonas de estepa e nos bosques caducifolios de coníferas e mediterráneos, nidifica na copa das árbores. É unha especie ameazada que se distribúe desde o S de Europa ata Asia central. En España dáse especialmente no SO e no centro, e en Galicia non se dá.

    4. Ave de entre 97 e 110 cm de lonxitude, e ata 290 cm de envergadura. Os sexos só se diferencian no tamaño. A plumaxe do corpo é parda leonada, pero o extremo das ás e da cola son moi escuros. A cabeza e o pescozo están cubertos de penuxe branca e na base do pescozo ten un colar de plumas pequenas brancas cincentas. Cando localizan as preas voan en círculos e posteriormente se lanzan en voo picado. É de hábitos sedentarios e gregarios, e está clasificada como rara. Viven en zonas montañosas, en rochedos ou barrancos. Distribúese pola Europa mediterránea, e en España non está presente nas illas, nin en Murcia. En Galicia é moi rara atopala, pero foi avistada na zona dos Ancares e Pena Trevinca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muxía baixo a advocación de Santiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade da cuprita que se atopa en forma de filamentos capilares de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pafnutij L’vovič Čebyšev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de cobre e aluminio hidratado de fórmula Cu4Al2(OH)12SO4·2H2O. Cristaliza no sistema rómbico en cristais capilares azuis. Ten peso específico 2,74-2,95.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Itinerario, xeralmente fixado de antemán, que volve ao punto de saída. Ex: A visita guiada fai un circuíto pola zona vella da cidade.

      2. Traxecto cuns límites onde se disputa unha carreira deportiva (de automobilismo, de atletismo, de ciclismo, de equitación ou doutros deportes), xeralmente pechado e a miúdo construído expresamente.

      3. circuíto de espera

        Traxectoria que efectúa unha aeronave a unha altura constante enriba dun aeroporto mentres espera ter unha pista libre para aterrar.

    1. Distancia que se necesita percorrer para dar a volta a algún lugar ou a algunha cousa. Ex: Se queremos rodear toda a montaña e estar de volta antes da noite debemos proxectar un circuíto máis curto.

      1. circuíto integrado

        Dispositivo electrónico que consiste nun conxunto de elementos conectados permanentemente e que forman un determinado circuíto miniaturizado, capaz de desenvolver as mesmas funcións ca un circuíto electrónico convencional. Nun circuíto integrado, os compoñentes activos (transistores, etc) e os pasivos (resistencias, condensadores, etc) están integrados dentro dun mesmo elemento ou soporte, chamado substrato, xeralmente de silicio. Os compostos dos grupos III-V (arseniuro de galio, fosfuro de galio, etc) empréganse en circuítos de alta velocidade e optoelectrónica. Nalgúns casos empréganse tamén substratos illantes como o zafiro. Segundo o proceso de fabricación, hai diferentes tipos de circuítos integrados. Os circuítos monolíticos fabrícanse de maneira que todos os elementos se forman sobre un substrato e as diversas zonas se someten a diferentes procesos de difusión ou de implantación iónica de substancias dopadoras. Os circuítos integrados híbridos fabrícanse...

      2. circuíto lóxico

        Dispositivo electrónico que efectúa unha determinada operación lóxica. Pode ser un circuíto electrónico discreto, aínda que actualmente son integrados. Os circuítos lóxicos son os elementos básicos dos sistemas automáticos de conmutación, combinatorios ou ben secuenciais. Un circuíto lóxico posúe diversas entradas e unha saída que dá o resultado da operación efectuada cos sinais aplicados ás entradas. Os sinais, codificados de forma binaria (con valores 0, 1) atribúense convencionalmente a dous niveis de tensión. As funcións lóxicas básicas son: NOT correspondente á negación, OR correspondente á reunión, AND correspondente á intersección, e as funcións complementarias NOR e NAND. Un circuíto que realiza unha destas funcións chámase porta lóxica. Coa combinación de portas lóxicas conséguense os circuítos combinatorios, nos que o sinal de saída soamente depende do valor das entradas. Nos circuítos secuenciais, a saída depende, ademais, do valor que tiña nun instante...

      3. circuíto magnético

        Conxunto de medios que forman un circuíto pechado e nos que pode existir un fluxo magnético no seu interior. Unha parte importante dun circuíto magnético adoita estar constituída por unha substancia ferromagnética, e en moitos casos por entreferros. O comportamento dun circuíto magnético vén dado pola lei de Hopkinson.

      4. circuíto oscilante

        Circuíto que posúe unha indutancia L e unha capacidade C determinadas, e unha resistencia R moi pequena, capaz de producir oscilacións eléctricas a unha frecuencia que depende dos valores de R, L e C. Esta frecuencia vén dada pola fórmula


        FORMULA


        e é aproximadamente igual á da resonancia f 0 cando R é pequena.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por algúns retóricos latinos á perífrase ou circunlocución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución colexial creada en 1973 pola segregación do antigo Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia. A asemblea constituínte celebrouse en Santiago de Compostela en outubro de 1973. Ao abeiro do colexio, naceu a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1975). Estrutúrase en dous niveis: un órgano xeral ou central situado na Casa da Conga, en Santiago de Compostela, e as delegacións da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. A dirección do colexio corresponde á Xunta de Goberno, formada polo decano presidente, o tesoureiro contador, o secretario, catro vocais e os presidentes das distintas delegacións. Pola súa banda, as delegacións contan cunha xunta directiva integrada por un presidente, un tesoureiro e un secretario. O colexio ten como funcións atender os aspectos profesionais dos colexiados, así como a problemática social, cultural, económica e urbanística galega. Para velar pola deontoloxía profesional e para impoñer as correccións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesquita omeia situada en Córdoba. Iniciou a súa construción ‘Abd al-Ra ḥ mān I cara ao ano 785 da era cristiá, sobre o lugar que ocupara un templo visigodo dedicado a san Vicente. Na primeira etapa construtiva empregáronse materiais romanos e visigodos, principalmente nas columnas. A planta da mesquita, practicamente cadrada, está dividida en dous sectores: o do N é o patio ou sahn e o do S é a sala de oración ou haram, formada por once naves aliñadas de N a S e perpendiculares ao muro da quibla co mihrab no seu centro. As naves teñen doce tramos que se abren cara ao patio. No interior destaca a ampliación do espazo vertical mediante a superposición de arcos; estes son de ferradura e alternan a cor branca e vermella nas doelas. Ten cuberta plana de madeira e tellado de dobre vertente no exterior. Hixem I construíu o primitivo alminar ou minarete. En tempos de ‘Abd al-Ra ḥ mān II derrubouse a quibla e alongáronse as naves...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato destinado a cortar un circuíto eléctrico cando a corrente que circula por el sobrepasa un determinado valor durante un certo tempo. Un tipo moi corrente é o de fusible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Botar esterco na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de diversas materias orgánicas, como excrementos animais ou vexetais e algas en descomposición, que se empregan para fertilizar a terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecer un curtocircuíto.

    VER O DETALLE DO TERMO