"Vedra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 94.

  • Liñaxe que se estableceu en Rececende (A Pontenova). As súas armas traen, en campo de ouro, cinco paxaros de sable, peteirados e membrados de goles, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan Josep Martí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir de 1999. Inicialmente editado polo grupo Filmigal, a partir de 2001 a cabeceira foi adquirida por La Capital. Seguiu publicándose de xeito independente e distribuíuse en Pontevedra e nos concellos do contorno cunha periodicidade mensual. Incluíu noticias, reportaxes, deporte e información de carácter local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en 1845 e que cesou no número oito. O seu director e único redactor foi Xosé B. Armada. Impresa, de xeito irregular, nos obradoiros tipográficos da Viúva de Pintos, tratábase dunha obra por entregas, redactada en verso, que tiña como obxectivo dar a coñecer as interioridades da vida local pontevedresa. Algúns estamentos sociais da cidade tentaron censurar a publicación e o seu responsable decidiu pechala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Fundou, xunto con Manuel Pardo Becerra, o semanario A Monteira, que tamén dirixiu. Foi un poeta non moi novidoso no tratamento dos temas, pero claro na súa expresividade artística. Autor de numerosos contos populares publicados en xornais da época, da súa produción literaria cómpre salientar Muxenas (1888), Fábulas y epigramas (1892) e Fábulas galaico-castellanas (1897). Postumamente, editáronse Fábulas galegas e outros poemas (1991) e Lugo en el pasado (1994). O seu labor como compilador de folclore valeulle a obtención de diversos premios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Pontevedra a partir de 1942. Promovida pola institución da que tomou o nome, o seu obxectivo foi recoller estudos científicos con rigor histórico. Publicada en catro entregas trimestrais que logo se reunían nun tomo, co tempo editouse un só volume de saída anual. Dirixida por X. Filgueira Valverde e por José Carlos Valle Pérez (desde 1987), incluíu investigacións sobre arqueoloxía, numismática, historia, liñaxe, folclore, filoloxía ou literatura, ademais dunha sección de artigos complementarios e outra de documentos descoñecidos. Colaboraron nas súas diferentes edicións algúns escritores e intelectuais galegos de recoñecido prestixio como Bouza Brey, Antonio Fraguas, Marcial Gondar, Clodio González Pérez, López Cuevillas, Losada Diéguez, E. Pardo Bazán, Otero Pedrayo ou Pérez Constanti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1927 pola Deputación Provincial de Pontevedra e aberto ao público en 1929. Instalado inicialmente no pazo Castro Monteagudo, posteriormente pasou a ocupar outros catro edificios: o García Flórez (s XVIII), o Sarmiento (s XVIII), o Fernández López e as ruínas de San Domingos (ss XIV-XV). A súa colección acolle restos arqueolóxicos paleolíticos, megalíticos, castrexos e romanos, obxectos navais, ourivaría, gravados, acibeches, pinturas, esculturas, louzas e olaría popular galega. Posúe ademais unha biblioteca especializada. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. Membro de diversos movementos clandestinos de resistencia contra o réxime de Anastasio Somoza, co triunfo sandinista de 1979 foi nomeado membro da xunta do goberno revolucionario. Foi elixido presidente da República de Nicaragua en 1984. As guerrillas, o embargo económico de EE UU e a inflación crecente foron a causa da súa derrota nas eleccións de febreiro de 1990, que concederon a presidencia do país a Violeta Chamorro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Bola baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Profesor (1980) de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, as súas liñas de investigación centráronse fundamentalmente na dimensión educativa e cultural da emigración transoceánica e continental (ss XVII-XXI), na educación popular na Galicia rural, no museísmo pedagóxico, e na historia e actualidade da educación en Galicia. Foi membro da sección de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega (1993-1999) e do consello científico do Centro Ramón Piñeiro (1999-2001). Vén formando parte da comisión técnica do Arquivo da Emigración Galega (1993-1999 e 2000-2005), dirixiu o proxecto MUPEGA e colaborou na recuperación do patrimonio bibliográfico, hemerográfico e documental galego en América. Desde 2001 exerce como coordinador científico do MUPEGA. Presidiu o Primeiro Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico (2001), onde se aprobaron as “Bases para unha Rede Ibérica de Museísmo Pedagóxico”. Cofundador (1995) da revista Estudios Migratorios, das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo as advocacións de san Bartolomeu e santa María que dá nome ao concello de Pontevedra onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello capital da comarca e da provincia homónima, situado ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 26’ 2” de latitude N e 9° 21’ 8” de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Barro e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra), ao L cos de Cotobade e Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra), ao S cos de Soutomaior (comarca de Vigo), Marín (comarca do Morrazo) e Vilaboa (comarca de Pontevedra), e ao O co de Poio (comarca de Pontevedra) e coa ría de Pontevedra. Abrangue unha superficie de 118,3 km 2 , en que acolle unha poboación de 80.202 h (2001), distribuída entre as parroquias de Alba, Bora, Campañó, A Canicouva, Cerponzóns, Lérez, Lourizán, Marcón, Mourente, Ponte Sampaio, Pontevedra, Salcedo, San Xosé, Santa María de Xeve, Tomeza, Verducido, A Virxe do Camiño e Xeve. A capital está na cidade de Pontevedra, localizada a 59 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Pontevedra.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de 1982. Subtitulada “Revista de estudios provinciales”, foi promovida pola Deputación de Pontevedra. De periodicidade anual, aínda que en ocasións algo irregular, dirixiuna Miguel Pereira. Destaca o seu coidado deseño e o carácter sociocultural, co que abordou unha gran cantidade de contidos, con especial dedicación á historia local, arte, arqueoloxía, patrimonio, xeografía, lingua ou literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Guarda a partir de 1985 como voceira do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén. Dirixida por Ramón Patiño, no seu consello asesor participaron algúns dos máis destacados investigadores de Galicia no campo da arqueoloxía, a prehistoria, a historia e a antropoloxía. Incluíu diferentes artigos sobre escavacións, sondaxes estratigráficas, prospeccións arqueolóxicas e notas etnográficas, acompañadas de debuxos, mapas, fotografías e abundante bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de fútbol fundado en Pontevedra o 16 de outubro de 1941. Xoga os seus partidos como local no estadio de Pasarón e viste camiseta e medias granates con pantalón azul. A historia do club iniciouse no campo da Xunqueira, á beira do Lérez, onde xogou o equipo do Spórting, en que militaron xogadores como Eduardo Novoa e Luís Otero. Co tempo, o Spórting trasladouse a Campolongo, un campo que alternou co equipo do Deportivo, en que xogou outro ilustre, Pasarín. Da fusión de ambos os dous equipos xurdiu o Atlético Pontevedra, primeiro equipo que principiou a xogar no estadio de Pasarón. Nesta etapa tamén xurdiron os equipos do Eiriña e do Alfonso CF, que competiron co Atlético Pontevedra en campionatos rexionais. En 1941, tras a desaparición do Atlético Pontevedra, fusionáronse o Alfonso CF e o Eiriña e xurdiu o Pontevedra CF. Despois de moitos anos militando na 3ª división, na tempada 1959-1960 conseguiu o ascenso a 2ª, e na tempada 1962-1963 logrou xogar en 1ª, éxito que volveu acadar na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na praza de España, en Pontevedra. Realizada sobre os restos das antigas casas do concello dos ss XV e XVI, é obra de A. Rodríguez Sesmero. Construída en estilo ecléctico, está composta por dous corpos rematados nunha balaustrada con xarróns. Na parte central combináronse as ordes xónica e corintia e conta cun balcón no piso superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no centro da provincia do mesmo nome e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ O. Limita ao N coa comarca do Salnés, a de Caldas e a de Tabeirós-Terra de Montes, ao O co Salnés, a ría de Pontevedra e O Morrazo, ao S coa comarca e ría de Vigo, e ao L coas comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Abrangue unha superficie de 623,9 km2, en que acolle unha poboación de 114.206 h (2001), distribuída entre os concellos de Barro (37,6 km2, 3.468 h), Campo Lameiro (63,8 km2, 2.235 h), Cotobade (134,7 km2, 4.687 h), A Lama (111,7 km2, 2.947 h), Poio (33,9 km2, 14.271 h), Ponte Caldelas (87 km2, 5.921 h), Pontevedra (118,3 km2, 74.942 h) e Vilaboa (36,9 km2, 5.735 h). Esténdese en sentido O-L desde o fondo das rías de Pontevedra e Vigo cara ao límite da provincia. Na xerarquía funcional dos núcleos de poboación, destaca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme galego realizado polo fotógrafo Enrique Barreiro e proxectado por vez primeira no Teatro Principal de Pontevedra o 2 de maio de 1927. Como mediametraxe documental, ao longo das súas escenas altérnanse panorámicas en cor, algunhas pintadas polo propio Barreiro, a medida que se expoñen títulos insertados na pantalla en que aparecen as xustificacións da orixe galega de Colón. Foi unha das primeiras cintas en cor do cine español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Cotobade, A Lama, Poio, Ponte Caldelas e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pontevedra. Datada no último terzo do s XIX, foi realizada por A. e Domingo Rodríguez Sesmero. De planta rectangular, elévase sobre un podio con escaleira de acceso na fachada principal e na posterior. Construíuse en estilo renacentista con reminiscencias barrocas e clasicistas, e ten un xogo de entrantes e saíntes que lle dá á fachada sensación de movemento. No corpo central ten columnas con capiteis xónicos na planta baixa e dóricos na parte superior, e arcos de medio punto en fiestras e portas. Este corpo remata en claraboias e un frontón triangular en que se sitúa o escudo da Deputación Provincial de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO