"Vigo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 93.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida o 24 de maio de 1870 en Vigo. Subtitulouse “Periódico semanal, progresista-democrático”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel, incluíu información xeral e variedades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario literario aparecido en Vigo a partir do 25 de novembro de 1911. Cesou a súa edición en abril de 1912, con 22 números publicados. Dirixiuno o escritor Avelino Rodríguez Elías. No terreo literario, cómpre salientar algúns relatos costumistas titulados “Cousas da miña terra” e “Cousas da miña aldea”, asinados por Xan de Ningures, pseudónimo empregado polo propio director.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de publicidade fundada en 1960 por Emilio e José del Río. Foi a primeira axencia galega en realizar anuncios para a televisión, a finais dos anos sesenta, e tras vinte anos no mercado considérase unha construtora de marcas que define comercialmente as empresas que promociona. Dentro da súa carteira de clientes aparecen empresas como Faro de Vigo, Caixanova e Augas de Mondariz, e institucións como o Concello de Vigo. En 1993 foron premiados con dous Pavos Reales polo anuncio Compostela 93 do Consorcio de Santiago de Compostela e en 1998 co premio ao mellor anuncio do ano concedido pola RTVE en Galicia polo anuncio Avó e neno de Caixavigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico decano da prensa española editado en Vigo a partir do xoves 3 de novembro de 1853. Fundado polos xuristas Xosé Carvajal Pereira, o seu director, e Xosé Mª Posada, co tempo pasou a ser propiedade do impresor Anxo de Lema e Marina. No seu primeiro consello de redacción figuraban tamén Xoaquín Yáñez, Vicente Coca, Nicolás Taboada Leal e Basilio Besada. A súa impresión levábase a cabo nos obradoiros tipográficos da rúa Oliva, nº 2, nunha prensa construída a man por Xacinto Valenzuela e cun papel fabricado en Lavadores por Antonio López de Neira. Nos seus comezos definíase como un periódico independente, cun marcado acento oficialista, conservador e católico. O seu éxito debeuse á identificación do periódico cos intereses da cidade e destacou polas súas campañas en favor do ferrocarril. Subtitulouse “Periódico mercantil, agrícola e industrial”, era bisemanal, saía todos os xoves e domingos e constaba de catro páxinas de pequeno formato. A súa subscrición mensual era de seis reais....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro creada en 1996 polo Real Club Celta de Vigo coa colaboración de diversas empresas e persoas individuais. O seu obxectivo principal é fomentar o desenvolvemento deportivo e cultural dos máis novos, promovendo a práctica do deporte. Concede bolsas deportivas a mozos e axudas aos atletas e a actividades deportivas como o alpinismo, o ciclismo e o hóckey. Entre as actividades que organiza destaca a celebración de campus de fútbol destinados aos rapaces no verán. Dende as Aulas de Formación imparte cursos de diversa índole e, xunto coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, organiza un máster en xestión e administración de entidades deportivas, cursos de posgrao para licenciados sobre psicoloxía aplicada ao deporte e á actividade física, e cursos validables con créditos de libre elección. En 1999 creou o Museo Deportivo del Real Club Celta de Vigo, que mostra a historia do club, e o Museo de Arte Deportivo, primeiro en temática deportiva de Galicia e un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Locutor radiofónico. Desenvolveu o seu labor no departamento de relacións públicas da Cadena SER. Foi delegado en Lugo de La Región e colaborador da Televisión Española en Galicia. A partir de 1968 traballou en Radio Popular de Lugo. Publicou os guións de radio El Dios de Roma que lloró por Lugo (1979), Salou, novia del mar (1980) e Medio cento de galegos e Rosalía (1983). Obtivo o Premio Galicia de Xornalismo (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario liberal editado a partir de 1 de xullo de 1912 en Vigo. Cesou a súa edición en marzo de 1914. Dirixido por Justo Fernández Herva, incluía información xeral e un apartado literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea situado no antigo edificio dos xulgados e do cárcere de Vigo, inaugurado en 2002. Mostra obras nacionais e internacionais, e acompaña o seu labor de exposición con traballos de investigación, así como coa organización de congresos e seminarios, celebrados nas súas instalacións. As súas liñas expositivas diríxense á presentación de mostras pluridisciplinais de arte actual, revisións históricas e mostras de novos artistas. Está integrado na Alianza Estratégica de Museos e a súa sede foi declarada Ben de Interese Cultural en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1999 pola Fundación Celta de Vigo para achegar ao público deportista o mundo da arte e da cultura. Xurdiu do éxito da exposición “In corpore Sano…75 anos de Arte e Deporte en Galicia”, comisariada por Román Pereiro, que reuniu os artistas galegos máis sobranceiros do s XX, como Arturo Souto, Maruja e Cristina Mallo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Leiro, Andrés Pinal e Alberto Barreiro, que nalgunha das súas obras tocaron a temática deportiva. Realiza exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vigo (Cambre). Ten unha planta formada pola unión de dous corpos rectangulares, anexionados polo lado maior e desprazados. No lado máis pequeno sitúase unha torre de baixo e dous pisos, mentres que o resto do edificio só ten unha planta. Os muros están recebados, a excepción dos ocos, que están encintados en cantaría. Na fachada destaca un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Vigo a partir de 1889. Fundado por Xaime Solá, tratouse dunha publicación de tendencia católica. Os seus predecesores foron Diario de Vigo e El Independiente para, a partir de 1903, ser substituído por El Noticiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oratorio paleocristián situado no lugar de Ouvigo, nos Blancos (Ourense). Dedicado ao Santo Vello, san Breixo, é de época romana e pasou por varias etapas construtivas nas que se volveron utilizar as pezas. Sitúase á beira dunha vía romana e foi aproveitado como lugar de culto polos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Cima de Ribeira (Xinzo de Limia) e Os Blancos, no concello homónimo. O seu cumio acada os 906 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que se publicou en Madrid a partir de maio de 1879. Editado pola Sociedad Periodística Española, pertenceu a unha serie de xornais locais editados en Madrid e distribuídos nas cidades e comarcas que lles daban nome. Neste sistema de xornalismo en serie primaba a información nacional xeral, que ía acompañada dunha información local tardía e moi concisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de maio de 1994. Subtitulouse “Boletín informativo de la Fundación Provigo y su Área”. Difundía as actividades desta fundación, así como a análise dos novos proxectos que afectan á cidade de Vigo e á súa área de influencia, que parten da posta en marcha do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área. Tamén incluía información sobre diversos sectores empresariais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club fundado o 23 de agosto de 1923 pola fusión do Real Vigo Sporting e o Fortuna. Viste camiseta e medias azul celeste e pantalón branco, e xoga os seus partidos como local no Estadio Municipal de Balaídos. O seu primeiro partido disputouno contra o Boavista no campo de Coia. Despois de disputar varios campionatos galegos, debutou en Primeira División na tempada 1936-1937, e destacan as súas campañas entre finais da década de 1940 e principios de 1950, especialmente na tempada 1947-1948, en que obtivo o seu mellor posto (4º) na máxima categoría. Entre as décadas de 1960 e 1980 converteuse nun equipo moi irregular e xogou principalmente na Segunda División. Posteriormente, na década de 1990, obtivo algúns dos éxitos máis importantes da súa historia, sobre todo na Primeira División da Liga española. Xogou 41 tempadas en Primeira División, foi finalista da Copa do Rei en 3 ocasións (1948, 1994 e 2001), participou na Copa da UEFA e na Copa de Europa (2003-2004), e conseguiu diversos campionatos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade deportiva constituída o 17 de abril de 1906 por iniciativa do comandante de mariña José Ruiz Rivera, que tivo como primeiro presidente a Antonio Conde e como presidente de honra ao Rei Afonso XIII. Conta con seccións deportivas federais de remo, vela, natación, pesca, subacuáticas e de tenis de mesa. Organiza, desde 1972, o Campeonato de España de Pesca a la Cacea e, desde 1975, o Concurso Internacional de Pesca del Tiburón. Ademais das súas instalacións deportivas para o amarre de embarcacións e o seu edificio social, inaugurado en 1945, conta cunha piscina climatizada (1967) en que se adestra un equipo propio de natación, co que conseguiu diferentes medallas en campionatos galegos e nacionais, e o Club Los Abetos, adquirido en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Véneto, Italia (48.179 h [2001]). Situada no centro de Polesine, as súas rúas desenvolvéronse en círculo a partir das defensas en pentágono do antigo castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO