"Zos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 154.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Bernabé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao terreo moi húmido e pouco soleado que ten auga todo o ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, escudo terciado en faixa: xefe, en campo de azul, cunha flor de lis, de prata; centro, en campo de ouro, con cinco vieiras; punta, en campo de prata, con ondas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou sente cobiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    ) Xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e foi presidente da Academia Literaria. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o xornal El Centinela de Galicia (1843) e dirixiu El Oriente, de Madrid (1853). Publicou Un sueño en Estambul en el año 1550 (1840), Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español (1841) e o Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842 (1842). Atribúeselle tamén a Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor colombiano. Estudiou en Bogotá e residiu en La Habana, París e Barcelona. Da súa produción destacan os relatos El verano también moja las espaldas (1966) e Biografía del desarraigo (1974); as novelas Crónica de tiempo muerto (1975), Todo o nada (1980) e Tal como el fuego fatuo (1986); e o ensaio Textos al margen (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A temática da súa obra centrouse no nu feminino, tendente á abstracción, con volumes sobrios e ondulados. Empregou mármores negros, basaltos e dioritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada polo seu director Manuel López Castro en 1969. Legalmente está constituída como Asociación Cultural e subvencionada por entidades públicas e privadas, e, paralelamente, realiza unha intensa actividade cultural ao organizar exposicións, conferencias e certames literarios. Na súa primeira actuación presentouse con 72 compoñentes e o seu número variou co tempo, cunha media de 50 voces. O seu repertorio abrangue obras polifónicas, música sacra, habaneras, espirituais negros e música do Nadal. Destaca a súa actuación no concerto anual Ciudad de Betanzos, que se celebra co gallo das festas patronais o 13 de agosto en colaboración con outras agrupacións musicais da localidade. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Astorga, Madrid, Salamanca, Santurce e Castro Urdiales). O 18 de maio de 1973 participou, xunto coa Coral Polifónica Follas Novas e a Orquestra do Conservatorio da Coruña, na estrea mundial da Cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba; en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é da natureza do cuarzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dificulta a realización de algo.

    2. Aplícase a unha situación en que non se sabe cómo actuar ou reaccionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Licenciouse en Dereito e doutorouse en Ciencias Económicas e Empresariais (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de economía política e facenda pública na Universidad de Madrid (1982-1990), e de facenda pública, dereito financeiro e historia do pensamento económico no Centro de Estudios Universitarios Ramón Areces (1987-1989). En 1990 acadou a cátedra de Facenda Pública da Universidade da Coruña. Foi decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e vicerrector de Asuntos Económicos e de Economía e Planificación (1995-2002) da Universidade da Coruña. Publicou numerosos artigos e informes de carácter socioecómico e, entre as súas monografías, cómpre salientar La Economía del déficit público (1983), Estado, Privatización y bienestar (1991) e Sempre en Galiza: perspectivas (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e locutor. Diplomado en maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia, foi xefe de informativos da Radio Galega, coordinador do Servicio Radio Exterior, coordinador de Teletexto e Internet da CRTVG e do arquivo sonoro da Radio Galega. Ademais, edita e dirixe a revista Código Cero e o portal codigocero.com.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e canonista. Doutor en Xurisprudencia e licenciado en Canons (1835), foi catedrático en Barcelona, Salamanca e Sevilla antes de converterse no reitor da Universidad Libre de Vitoria. Colaborou coa Igrexa en materia de dereito canónico e na continuación do libro do padre Flórez La España Sagrada. Dirixiu La Gaceta de Oñate e foi redactor de La Esperanza. Entre os seus escritos destacan “Instituciones canónicas de Devoti”, “Concordia de la Iglesia y el estado en la época de la España goda” (1857), “Estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II” (1860) e un traballo inédito sobre o Colexio de Fonseca. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é algo necesario e que non se pode evitar.

    2. Que se impón á forza, de maneira non voluntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de televisión baseada na triloxía homónima de Gonzalo Torrente Ballester composta polas novelas El señor llega (1956), Donde dá la vuelta el aire (1960) e La pascua triste (1962). Producida por Arte-7 para Televisión Española, foi dirixida por Rafael Moreno Alba. Rodouse entre decembro de 1980 e xullo de 1981 e constaba de trece capítulos dunha hora de duración. A súa emisión situouno como o cuarto programa máis visto do ano (1982) e nunha das series de maior éxito na historia de TVE. Os seus exteriores rodáronse na vila pontevedresa de Bueu, contou cun orzamento importante e cun elenco encabezado por Charo López, Eusebio Poncela, Carlos Larrañaga, Amparo Rivelles, Rafael Alonso, José María Caffarel e Rosalía Dans, entre moitos otros. Anos despois, a serie foi reemitida polo Centro Territorial de TVE en Galicia en versión dobrada ao galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao gozo.

    2. Que mostra ou sente gozo.

    3. Que produce gozo.

    VER O DETALLE DO TERMO