"alea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar o cal dunha parede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido vasco creado en 1895 por Sabino de Arana. Limitado inicialmente a Bizkaia, estendeuse a comezos do s XX ás outras provincias vascas do territorio español. En 1911 creouse na súa órbita o sindicato ELA-STV (Solidaridad de Trabajadores Vascos). Participou nas eleccións municipais e provinciais con éxito, ata que en 1921 graves crises internas o conduciron a unha situación límite e a diversos fracasos electorais. Na Segunda República converteuse no máximo defensor da autonomía e do Estatuto. Trala sublevación de xullo de 1936, mantívose fiel á legalidade republicana e no mes de outubro seguiu participando nun goberno autonómico que presidiu o lehendakari José Antonio de Aguirre. Trala toma de Bilbao (xuño de 1937), o nacionalismo marchou ao exilio, instalándose o grupo principal do partido en Francia, onde tomou parte na resistencia durante a ocupación nazi. Volveu á loita clandestina ata a súa legalización en 1977. Desde entón foi a forza preponderante nas sucesivas consultas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pos brancos, solubles en auga e alcohol, que se empregan como antihistamínico.
-
-
Casco acolchado que empregaban os soldados romanos. Dispuña de dúas aletas laterais e unha posterior unidas por unha correa que se ataba debaixo do queixo para aseguralo.
-
Lóbulo externo das maxilas dos insectos.
-
-
PUNTA
Punta que constitúe o extremo meridional da illa Onza, na parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor que ten algunha estrutura en forma de helmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
galadura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eduardo Hughes Galeano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
galar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nave de guerra máis pesada e robusta ca a galera, cunha soa cuberta, que arboraba tres paos con velas latinas. Levaba ata 32 remeiros por banda e 8 potentes canóns inscrustados nuns buratos das bordas que sobresaían do casco para permitir a colocación da artillería. Empezouse a construír no s XV como consecuencia da necesidade de naves máis fortes ca a galera mediterránea -que carecía de gran capacidade de transporte para longas travesías- para aventurarse a navegar polo Océano Atlántico. Acadou a súa máxima relevancia no s XVI -algunhas destas naves formaron parte da Armada Invencible-, e deixouse de construír a comezos do s XVIII.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. A principios da década de 1950 estudiou dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Despois do triunfo da Revolución Cubana de Fidel Castro, formou parte da directiva do Instituto Cubano del Arte y la Industria Cinematográfica, para o que dirixiu algúns documentais de propaganda. Deste xeito, converteuse no realizador oficial do réxime castrista, para o que realizou películas como Historias de la revolución (1960), Cumbite (1964) ou Memorias del subdesarrollo (1968). Tamén dirixiu La última cena (1976), Hasta cierto punto (1983), Fresa y chocolate (1993) ou Guantanamera (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Florida, EE UU, pertencente á aglomeración urbana de Miami (188.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Eduardo Galeano, foi redactor xefe do diario La Marcha (1960-1964), director de Época (1964), e en Bos Aires fundou e dirixiu a revista Crisis. Na súa obra pretendeu reflectir a intrahistoria dos pobos e das xentes de América Latina en base a pequenas historias. Escribiu Los días siguientes (1963), Guatemala, país ocupado (1967), Las venas abiertas de América Latina (1971), Días y noches de amor y de guerra (1978) e Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998). A súa triloxía Memoria del fuego, composta por Los nacimientos (1982), Las caras y las máscaras (1984) e El siglo del viento (1986), foi premiada polo Ministerio de Cultura de Uruguay e recibiu o American Book Award da Washington University.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao molusco lamelibranquio que presenta nas valvas a impresión paleal continua e paralela á cuncha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade dun material de deformarse dunha maneira permanente en forma de láminas, pola acción dun esforzo externo. É unha propiedade característica de moitos metais: ouro, prata, cobre, cinc, chumbo ou ferro. Os esforzos que dan orixe á deformación son esforzos de compresión, que poden ser producidos mediante un martelo, unha prensa ou a presión de dous cilindros. A maleabilidade, como a dutilidade, é función da curva de esforzo-deformación. Nun metal, aumenta coa temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento térmico de recocido de arrefriamento lento que se realiza sobre as fundicións brancas e fráxiles para aumentar a súa maleabilidade. Efectúase nunha atmosfera oxidante e a 1.000 - 1.050°C prodúcese unha disociación da cementita en ferro e carbono, que queda en forma de módulos ou esferas de grafito no interior da peza, á vez que se produce unha descarburación superficial (fundición maleable branca). Nunha atmosfera neutra e a 900 - 1.000°C, todo o carbono queda en forma de grafito e dá á fundición unha cor negra (fundición maleable negra).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer unha maleabilización.
-
-
Aplícase ao material que pode estenderse en láminas ou pranchas.
-
Que pode ser traballado ou modelado con facilidade.
-
Que non ten caráter e que se deixa influír facilmente.
-
Que se adapta ou acomoda sen dificultades.
-
-
PUNTA
Punta de Grecia, situada no Mar Exeo, que constitúe o extremo sudoriental de Peloponeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Glumela superior das poáceas.
-
Escamas que se atopan en moitos receptáculos das asteráceas.
-
Nome que reciben outros apéndices escamiformes ou membranosos.
-