"andi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 305.

  • Deusa da mitoloxía galega que intercedía nas batallas entre os celtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Condición de bandido.

      2. Actuación de quen, afastándose dunha vida social normal, se dedica ao roubo, ao furto, a atentar contra as persoas e a outros actos de carácter delitivo, a miúdo formando unha banda armada cun propósito de actuación común baixo a dirección dun xefe. Os actos de bandidaxe constitúen, de xeito individual, delitos castigados polo código penal, e tamén existen lexislacións penais que castigan especificamente a bandidaxe como actuación de conxunto. Algunhas ordenacións xurídicas tipifican como tal certas actuacións con motivacións políticas ou sociais.

    1. Acción criminal.

    2. Práctica realizada polos bandidos, fuxitivos da xustiza, que eran perseguidos polo bando por actuar contra a lei e contra a comunidade. Desterrados da vila, quedaban obrigados a botarse ao monte, castigo que aparece nos expedientes de prisión xa dende o s XIII. A súa conduta violenta e criminal, que os diferenciaba dos bandoleiros, facía que a poboación os vise con malos ollos, conceptualizándoos como vulgares ladróns, sen bagaxe moral nin valores de convivencia, políticos ou relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fuxitivo da xustiza reclamado por bando.

    2. Persoa que rouba, mata ou comete actos delitivos, polo xeral en lugares despoboados. SIN: bandoleiro.

    3. Persoa que obra con astucia ou que se serve do engano e da estafa para aproveitarse dos demais, aínda que non o faga á marxe da lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Die Räuben.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota liberal. Xunto co seu irmán Emilio (1819 - 1844), oficiais ambos da mariña austríaca, fundaron unha sociedade secreta, a Esperia, que entrou en contacto coa Giovane Italia de Mazzini. Descuberto o seu proselitismo entre os mariñeiros italianos enrolados na armada austríaca, e o intento de apoderarse dunha fragata, desertaron e dende Corfú pasaron a Italia con diversos compañeiros para alentar a revolta que estalara en Calabria. Foron aprisionados e fusilados en Calabria, onde foran para capitanear unha revolta. Este feito conmoveu a todos os medios liberais de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e doutor en Historia, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela de Lingua e Literatura latinas. Nos anos vinte escribiu varios artigos para a revista franciscana Archivo Ibero-Americano sobre temas relixiosos. O seu traballo Los Arzobispos de Santiago y la Universidad Compostelana (1926) recibiu o Premio da Federación de Estudiantes Católicos de Santiago de Compostela no ano 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi protexido dos Medici. Celoso de Michelangelo, en 1534 conseguiu que o seu grupo Hercules e Cacus se colocase á beira do seu David, diante do Pazo da Signoria de Florencia. Os baixorrelevos de mármore do coro do duomo florentino (1555-1557), dunha gran calidade, son a súa mellor obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Balkesir, Turquía, na beira do mar de Mármara (77.200 h [1990]). Correspóndese coa cidade grega de Cízico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fósil pertencente a un espécime preneandertalense atopado preto do Estany de Banyoles. Recolleuno Pere Alsius no 1887 entre os travertinos calcarios da Formiga, formados polos depósitos sedimentarios do antigo lago, moito máis grande ca o actual, cunha antigüidade próxima aos 90.000 anos. Existen varias controversias sobre o desgaste do esmalte dos dentes; sen embargo, a opinión máis común é a que atribúe ese feito a unha práctica de puído das peles polo que se sostén que pertencía a unha muller adulta. Consérvase na Colección Prehistórica Alsius de Banyoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e etnógrafo vasco. Sacerdote, foi un profundo coñecedor da cultura e do pobo vascos e un dos especialistas máis destacados na Prehistoria e Etnografía dese país. Fundou en 1921 o Laboratorio de Euzko-folklore. Exiliado e Francia en 1936, fundou o Instituto Vasco de Investigacións (1946) e a revista Ikuska. Foi profesor da Universidade de Navarra e membro da Sociedade Internacional de Antropoloxía e Etnoloxía. É autor de La religión de los ancianos vascos (1923), Antropología de la población vasca (1947), El hombre prehistórico en el País Vasco (1953 e 1979), El mundo en la mente popular vasca (1960 -1961), Mitología vasca (1960), La cueva de Ekain y sus figuras rupestres (1969), El hombre prehistórico en el País Vasco (1979), Historia general del País Vasco (1980)e Brujería y brujas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que saíu na Coruña o día 1 de outubro de 1980. A publicación tiña como subtítulo “Revista de poesía”. Foi coordinada por Herminio Otero e Merchy Modroño. Figuraban entre os seus colaboradores: Víctor Sampedro, Ignacio Collado, Xan Rodríguez, etc. A revista estaba editada polo colexio dos Salesianos da Coruña. Por ser unha publicación de ámbito escolar, os primeiros números tiñan o formato de fanzine, pero mellorou a súa calidade gráfica ao contar co patrocinio da Comisión de Cultura do Concello da Coruña dende 1983. A partir de marzo de 1981 convocaban un concurso propio de poesía, e publicábanse na revista os traballos premiados no certame. Destacou a participación de Henrique Manuel Rabunhal co poema titulado “Galopando”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Botswana como protectorado británico ata a súa independencia acadada o 30 de setembro de de 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Estudiou Interpretación na Universidade de Pennsylvania. Comezou traballando como modelo publicitaria. Casou en 1980 co cineasta Louis Malle. Foi nominada ao Oscar como mellor actriz secundaria por Starting Over (Comezar de novo, 1979). Recibiu numerosos premios polo seu traballo na serie televisiva Murphy Brown. Outros traballos seus son: The Group (O grupo, 1965), Soldier Blue (Soldado Azul, 1970), The Hunting Party (Caza implacable, 1971), Rich and Famous (Ricas e afamadas, 1980) e Stick (Xogar duro, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de videira americana que, pola súa gran resistencia ao ataque da filoxera e pola adaptación a terreos moi calcarios, se estendeu en Europa como patrón para a obtención de híbridos. É resistente a enfermidades criptogámicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo, canonista e orador. Foi bispo de Astorga (1729). Publicou numerosos sermóns relacionados con Santiago de Compostela e deixou manuscrita Historia del Apóstol Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado de berilio, de fórmula Be4Si2O7(OH)2. Cristaliza no sistema rómbico, en pequenos cristais incoloros ou brancos sobre os prismas de berilio ou nas xeodas de pegmatita. Ten dureza 6 e peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārāstra, India, ao NL de Bombai (378.546 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arte italiano. Foi profesor de Historia da Arte Antiga en diversas universidades italianas ata 1965. Como director xeral de antigüidades (1945-1948) levou a cabo a reorganización dos museos italianos e a restauración dos monumentos afectados pola guerra. Dirixiu a Escola Nacional de Arqueoloxía e a publicación colectiva Enciclopedia dell’arte antica, classica e orientale (Enciclopedia da arte antiga, clásica e oriental, 1958-1967). Entre os seus traballos sobresaen: Storicità dell’arte classica (Historicidade da arte clásica, 1943), La fine dell’arte antica (A fin da arte antiga, 1970) e Dall’elenismo al medioevo (Do helenismo ao medievo, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa romanesa. Colaboradora de diversas revistas literarias, publicou, entre outras, as obras poéticas Persoana întîia, plural (A primeira persoa do plural, 1964) e Cele patru anotimpuri (As catro estacións, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas: en campo de prata, unha banda de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro no baixo; bordo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO