"arria" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 55.
-
GALICIA
Comarca situada no centro-S da provincia de Lugo e ao L de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Lugo (O Corgo) e Os Ancares (Baralla), ao S coa comarca de Terra de Lemos (O Saviñao, Bóveda e A Pobra do Brollón), ao L novamente coa comarca dos Ancares (Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e Quiroga (Folgoso do Courel) e ao O coa comarca de Lugo (Portomarín e Guntín). Abrangue unha superficie de 842,2 km2en que acolle a unha poboación de 25.882 h (2001), distribuídos entre os concellos do Incio (146,2 km2; 2.427 h), Láncara (121,7 km2; 3.186 h), Paradela (121,1 km2; 2.545h), O Páramo (74,8 km2; 1.907 h), Samos (136,6 km2; 2.057 h), Sarria (184,6 km2; 12.887 h) e Triacastela (51,2 km2; 873 h). A cabeceira comarcal é a vila de Sarria, ademais de ser partido xudicial.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A comarca de Sarria sitúase nunha cubeta tectónica terciaria formada por materiais... -
PERSOEIRO
Escritor e predicador dominicano. Coñecido como Luis de Granada, foi provincial da súa orde en Portugal (1557). Predicaba ao xeito de Xoán de Ávila, de quen escribiu unha biografía, e expuxo a súa técnica oratoria en Rhetorica ecclesiastica. O seu estilo mostra a influencia de Cicerón. Escribiu Introdución al símbolo de la fe (1583) e Memorial de la vida cristiana (1561). Sospeitoso de erasmista, os seus libros foron prohibidos en 1556.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa que abrangue os concellos de Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Sarria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción sobre o río Sarria ao seu paso por Vilar de Sarria (Sarria) que cobre o camiño entre Becerreá e Vendas de Narón. Feita en cantaría, presenta seis arcos de medio punto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída durante o s XIV, mestura elementos románicos e góticos. Feita con sillaría, ten planta rectangular e ábsida redondeada, precedida dun tramo recto. Destaca a portada norte, cun tímpano monolítico de estilo románico e decoración nas bases, fustes e capiteis das columnas. A portada principal, de trazado gótico, presenta arco e arquivoltas apuntadas. Os laterais da fachada rematan con pináculos e na parte central destaca o campanario de dobre van. No interior conserva un retablo de estilo románico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Actuou en asuntos diplomáticos vinculados á Corte por mandato de Filipe IV e foi arcebispo de Trani (Nápoles) en 1656 e de Tarento, en 1665. Creou no convento dominicano de Pontevedra a cátedra de Filosofía e Teoloxía Moral. Publicou Compendio de la Doctrina Cristiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Construída arredor do s XIII por orde dos señores de Sarria e Lemos, despois do ataque irmandiño de 1467 Pedro Osorio reconstruíuna. Tiña catro torres e diversas dependencias que foron derrubadas a mediados do s XIX. Consérvase unha torre de granito e lousa rematada en ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Sarria, Samos, Láncara, Triacastela e Baralla.
-
-
Relativo ou pertencente a Sarria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Sarria.
-
-
PERSOEIRO
Mestre de cantaría. Realizou un cruceiro de pedra para Santo Andrés de Castro, o campanario da igrexa de San Estevo de Reiriz (Samos) e o da igrexa de Santa María de Pena (Sarria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estela funeraria romana do s III atopada en Vilar de Sarria (Sarria), que contén dous relevos realizados nunha placa granítica rectangular. No anverso aparecen dúas figuras con roupaxes tipo toca, e no reverso represéntase unha escena marítima.