"asia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 168.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade de quedar de pé, incluso non existindo parálise nos músculos dos membros inferiores. É un trastorno da coordinación dos movementos. Combínase habitualmente coa dificultade de camiñar, tamén chamada abasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carácter de letra de catorce puntos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución do volume ou colapso do tecido pulmonar a consecuencia da ausencia de aire nos alvéolos. Segundo o mecanismo de produción, a atelectasia pode ser obstrutiva, compresiva ou contráctil por un aumento do tecido fibroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado antigamente ao conxunto de terras situadas ao S de Asia que se fixo despois extensivo a toda Oceanía. Actualmente recibe este nome a unión de Australia, Nova Celandia e, xeralmente tamén, Nova Guinea.
-
REINOS
Reino da monarquía franca da que foi separada e á que foi reincorporada en distintas ocasións. Comprendía esencialmente o que despois constituíu a Alta e a Baixa Lotarinxia, Franconia e Alemaña, e durante varios períodos tamén a totalidade ou parte da Champaña, Frisia, Turinxia e Baviera. A súa capital habitual era Metz. Despois da repartición do reino dos francos por Clodoveo I (511), Austrasia entrou no proceso de divisións, reunificacións e loitas dinásticas do período merovinxio do reino franco.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ao territorio ou aos habitantes do conxunto constituído por Australia e Asia.
-
Familia de linguas que se falan no sueste de Asia, naqueles países situados entre China e Indonesia, aínda que tamén se rexistran algunhas destas linguas ao oeste, nas illas Nicobar e en determinadas zonas da India. Descoñécese con exactitude cáles son os seus membros e as súas principais divisións; poucas destas linguas teñen unha historia escrita. Tense falado da súa relación coa familia austronesia pero os vínculos resultan dubidosos e aínda non foron demostrados. A familia austro-asiática presenta tres ramas principais. O mon-khmer que é o grupo máis grande falado na zona sur da península, principalmente en Vietnam do Norte e do Sur, Laos e Camboxa, nalgunhas zonas de Myanmar e Malaisia. Este grupo está constituído por tres linguas importantes. Máis de medio millón de persoas falan o mon (o talaing) no territorio de Myanmar e Tailandia; máis de cinco millóns utilizan o khmer (o camboxano), lingua oficial de Camboxa. As inscricións máis antigas destas linguas datan dos séculos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ellez exenta dos achaques ou padecementos propios desa idade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
elocidade excesiva na linguaxe falada coa omisión de sílabas ou palabras. Pódese distinguir a taquilalia e a logorrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira creada en 1965 con sede en Manila (Filipinas). En 1999 agrupaba a 57 estados de Asia, América e Europa e interviña en 40 países asiáticos. Ten cinco obxectivos de desenvolvemento estratéxico: crecemento económico, redución da pobreza, apoio ao desenvolvemento humano, recoñecemento do status da muller e protección do medio ambiente; en resumo, contribuír ao desenvolvemento substancial das rexións asiáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro piso do Cretácico inferior, situado por riba do Portlandiano, do Xurásico e debaixo do Valanginiano. Estratotipo en Berriás (Ardescha, Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Berriasiano.
-
-
Facultade ou habilidade dun organismo para soportar os cambios ambientais sen resultar alterado por eles.
-
Episodio da historia xeolóxica e biolóxica dunha rexión caracterizada pola existencia dunha cuberta vexetal densa e unhas condicións climáticas húmidas e mornas ou quentes, que favorecen os procesos de formación dos solos e unha erosión lenta (o principal axente erosivo é a alteración química e o transporte de sedimentos é lento, debido á existencia da cuberta vexetal).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dilatación crónica e irreversible dun ou máis bronquios acompañada de infección secundaria que xeralmente afecta tamén á parte correspondente do pulmón. As bronquiectasias poden ser conxénitas ou adquiridas e poden localizarse nun pulmón ou nos dous; as adquiridas son secundarias a obstrucións ou a infeccións como broncopneumonías, bronquite crónica ou tuberculose. Caracterízase por tose, dispnea, expectoración abundante matutina e variable cos cambios de postura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2canela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome masculino procedente do latín Cassianus. Na súa orixe trátase dun adxectivo derivado de Cassius, apelido dunha familia romana. Con posterioridade pasou a cognome e, xa na época imperial, a prenome. Dous santos levan este nome: san Casiano de Marsella (360?-432?), celebrado o 23 de xullo, e san Casiano de Ímola (s IV), o 26 de marzo e o 13 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (s IV) Bispo de Bruxas e mestre en Ímola, cidade da Romaña italiana. Instruía os seus alumnos na relixión cristiá, pero estes martirizárono ata matalo cravando no seu corpo os estilos cos que lles aprendera a escritura taquigráfica. Por esta razón, é patrón dos mestres de escola que sofren agresións por parte dos seus discípulos e tamén dos estenógrafos. Na arte iconográfica aparece sentado nunha cadeira e leva como atributos persoais un libro aberto na man e un estilete ou punzón; ás veces, represéntase tamén vestido de bispo. A súa festa celébrase o 26 de marzo e o 13 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Dobruxa 360? - 432?) Monxe e escritor latino cristián. De nome Johannes Cassianus, iniciouse no monaquismo en Belén, foi monxe en Palestina e, a partir do 385, eremita en Exipto. No 401 marchou a Constantinopla, onde foi ordenado diácono por san Xoán Crisóstomo. Logo de ser este desterrado, refuxiouse en Roma, cidade na que foi elevado ao presbiterado no 405. Finalmente, chegou a Marsella, onde fundou dous mosteiros entre o 413 e o 416: un para homes, o de San Víctor, e outro para monxas. Escribiu De institutis coenobiorum et de octo principalium vitiorum remediis libri XII (As regras cenobiais e os oito principais remedios dos vicios, libro XII), tratado sobre as institucións monásticas que contribuíu ao desenvolvemento do monacato en Occidente, e Collationes XXIV (XXIV Confrontacións), onde se critica a doutrina agustiniana da graza desde a liña teolóxica semipelaxiana. Ambas as dúas obras serviron de base para a composición da súa regra...
-
REXIÓNS
Rexión que se estende entre o Mar Negro e o Mar Caspio. Ten como límite setentrional as concas do río Kuban’ e Terek, e como límite meridional a meseta de Anatolia e Irán. Constitúe o núcleo central da cordilleira do Gran Cáucaso, que divide a rexión en dúas grandes áreas: a Ciscaucasia no N e a Transcaucasia no S. Entre os recursos económicos máis importantes destacan a agricultura, especialmente no val do Kuban’, e a gandería. Tamén é importante o cultivo de algodón, especialmente no val do Kura (Kür), e os cultivos mediterráneos. A pesca está ben organizada, fundamentalmente na beira do Mar Caspio. Os recursos mineiros e as explotacións petrolíferas son abundantes. Administrativamente comprende Xeorxia, Acerbaixán, Armenia e as seguintes divisións administrativas da República de Rusia: República de Daguestán, República da Ossetia Setentrional, República dos Chechenos e dos Inguxos (Čečnja-Ingušetija), República dos Kabardinos e dos Balkares (Kabardino-Balkarija), Républica...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Caucasia ou ao Cáucaso, ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Caucasia ou do Cáucaso.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Asia central.
-
Natural ou habitante de Asia central.
-