"dis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 645.

  • En certos sistemas de depuración de augas residuais, disco de gran tamaño que contén bacterias e que, a medio somerxer dentro do depósito da auga contaminada, vai xirando lentamente ao redor dun eixe horizontal para favorecer a oxidación bacteriana das impurezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porcentaxe ou fracción liberada dunha substancia administrada (droga) ou inxerida (alimento) que resulta útil ou que é bioloxicamente activa ao ingresar na circulación xeral ou ao chegar ao órgano ao que vai destinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de partidos baseado na existencia de dúas únicas organizacións ou, no caso de existir máis, na supremacía de dous partidos no panorama electoral. Son exemplos desta alternancia no poder os casos de Gran Bretaña (entre o Partido Conservador e Partido Laborista) ou España (entre forzas conservadoras e socialdemócratas), en Europa; Uruguay (Partido Blanco e Partido Colorado) e Argentina (Partido Radical e Partido Justicialista), en Hispanoamérica; ou o caso estadounidense onde está practicamente institucionalizada a alternancia entre o Partido Demócrata e o Republicano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de bípede.

    2. Xeito de camiñar de forma erecta e sobre os dous pés propia das persoas ou dos animais que teñen ou andan a dúas patas. Como modo habitual de locomoción, o bipedismo é común entre as aves, igual que nalgúns xéneros de dinosauros; sen embargo, non adoita atoparse entre o resto dos vertebrados, aínda que os osos pardos, os cans dos prados e os suricatos son parcialmente bípedes, en particular cando inspeccionan unha paisaxe distante en busca dalgún perigo; así mesmo, o bipedismo parece que foi a adaptación orixinal da familia dos Homínidos -caracterizada por unha pelve de forma cóncava con ilión curto, fémures longos e rectos e pés planos (plantígrados) con dobre arco-, que se identifica e designa en diferentes xéneros. Os chimpancés e gorilas actuais poden manter a marcha erecta en distancias curtas, polo que se identifica un tipo de bipedismo particular de cada un deles. Do Oreopithecus, que é un xénero fósil do que se coñece o esqueleto completo, sábese que mantiña unha locomoción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Blastoderme propio dos ovos telolecíticos ou meroblásticos de peixes, réptiles, aves e cefalópodos, caracterizados por presentar un tipo de segmentación parcial discoidal que afecta tan só ao polo animal, mentres que a parte inferior ou vexetativa queda sen segmentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dunha sociedade científica formada por xesuítas belgas que desde 1643 se dedicou á publicación da Acta Sanctorum e que leva o nome do seu iniciador, o xesuíta flamengo Jean Bolland (1596 - 1665), iniciador da publicación de documentos haxiográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que apareceu en Vigo en 1913, con periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual do Concello de Lugo que apareceu no ano 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Pontevedra no ano 1914.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no ano 1913 na Coruña. Tiña periodicidade mensual e puido ter a súa continuidade no Boletín de la Estadística Municipal de La Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da frecuencia do pulso debido a un retardo dos latexos do corazón ou á produción de extrasístoles que non alcanzan as arterias periféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos bradisismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ascendente ou descendente do solo nunha área determinada da superficie terrestre. Obsérvase especialmente nas áreas costeiras, onde a superficie do mar dá un nivel de referencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Brindisi, na Puglia, Italia, situada á beira do Mar Adriático (94.029 h [1998]). Polo seu porto natural e profundo, canalízase o comercio cara ao Mediterráneo oriental e cara aos países de Oriente. Posúe aeroporto internacional. Primitivamente habitada polos gregos (Bρεντέσιον), Brindisi (Brundisium) foi conquistada polos romanos (266 a C) e convertida nun centro comercial e no porto de embarque cara a Grecia. Durante a Alta Idade Media perdeu moita importancia a causa das invasións bizantinas, lombardas e musulmanas e non volveu recobrala ata que foi conquistada polos normandos (1071). Foi destruída por un terremoto en 1456. Entre os seus monumentos cómpre destacar a fonte Tancredi, o castelo do s XIII e as igrexas de San Giovanni al Sepolcro, románica do s XI de planta circular, Santa Maria de Casale, románico-gótica do s XIV, e a catedral construída no s XIII e reedificada no 1799. Ten un museo arqueolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Puglia, Italia (1.839 km2; 413.243 h [1998]). A capital é Brindisi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo occidental que indica o sistema polimorfo de crenzas e prácticas centradas no ensino e na persoa de Buda. A pesar da súa unidade orixinaria, presenta unha gran complexidade e heteroxeneidade motivada polos diversos desenvolvementos e distintas interpretacións da doutrina primitiva e pola súa adaptación ás características dos países onde penetrou. O núcleo da doutrina orixinal de Buda foi dado, segundo a tradición, no sermón de Benarés. Céntrase nas catro nobres verdades: primeira, a constatación da universalidade do sufrimento; segunda, a causa deste é o desexo; terceira, a súa cura é a supresión da dor mediante a supresión do desexo; e cuarta, o camiño ao que conduce é a vía media que evita estes dous extremos do aferramento ao pracer e da mortificación e se condensa na óctupla vía excelente: comprensión recta, intención recta, palabra recta, acción recta, medios de existencia rectos, esforzo recto, atención recta e concentración recta. Tratábase sobre todo dunha pedagoxía moral...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao budismo.

    2. Que ou quen profesa o budismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Candeda, no concello de Carballeda de Valdeorras. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena a parroquia de Domiz. Virando cara ao NO penetra no concello do Barco de Valdeorras pola parroquia de Éntoma, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO