"endo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

    1. Número ou cantidade que se divide por outra.

    2. Cantidade que se reparte como ganancia (dividendo activo) ou como perda (dividendo pasivo) por cada acción nunha empresa. O importe correspondente a cada accionista determínase pola clase e número de accións posuídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Como poeta romántico desenvolveu os temas do amor, da patria e da morriña. Tamén escribiu obras de teatro e novelas. Da súa produción destaca Das Marmorbild (A estatua de mármore, 1815), Aus dem Leben eines Taugenichts (Episodios da vida dun folgazán, 1826) e Schloss Durande (O castelo de Durande, 1837).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica analítica separativa que se basea na difusión dun líquido por unha serie de poros capilares, ou ben ao longo das paredes dunha superficie sólida pola acción dun gradiente eléctrico. Este proceso emprégase para separar partículas coloidais e macromoléculas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua que pertence ao phylum nilo-sahariano, que se fala en Kenya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Realizou estudios en Lyon e recibiu a influencia de F. Mauriac. Da súa produción destaca Katorikku Sakka no Mondai (Problemas dun escritor católico, 1949), Shiroi hito (O home branco, Premio Akutagawa 1955), Kiiroi hito (O home amarelo, 1955), Aoi chiisana budo (As pequenas uvas azuis, 1956), Umi to dokuyaku (O mar e o peixe, 1957), Chimmoku (Silencio, 1966), O samurai (1980) e Escándalo (1986). Membro da Academia das Artes, foi presidente do Pen Club (1985-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dentro’, ‘interior’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta endobasidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao endobasidio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basidio formado na parte interna do aparato esporífero, como no caso dalgúns gasteromicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa celular interna do embrión, que se forma durante o proceso de gastrulación a partir de células que proveñen do blastoderme. No transcurso da organoxénese dá lugar á maior parte do aparato dixestivo e glándulas anexas, ao timo, á tiroide, aos pulmóns e ás fendas branquiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana que recobre as cavidades e as válvulas cardíacas. Está formada por dúas capas: unha exterior, de tecido conxuntivo, e outra interior, de endotelio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade inflamatoria, aguda ou crónica, das válvulas cardíacas e da membrana que recobre interiormente o corazón, o endocardio. O resultado final é a deformación das válvulas, que ocasiona valvulopatías crónicas, e a formación de émbolos. Aínda que as causas poden ser diversas, os principais tipos etiolóxicos son a endocardite infecciosa e a endocardite reumática. A endocardite infecciosa caracterízase por lesións ulcerosas producidas por diversos xermes, acompañadas de febre, sopro cardíaco e aumento do tamaño do bazo. A infección, a miúdo de orixe bucodental, implántase case exclusivamente sobre un endocardio previamente alterado por unha valvulopatía reumática ou por unha cardiopatía conxénita. Detense, case sempre, empregando antibióticos, como a penicilina. Os casos de endocardite infecciosa aumentaron paralelamente ao incremento do número de drogodependentes. A endocardite reumática localízase especialmente na válvula bicúspide ou na sigmoide aórtica, e case sempre vai acompañada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa interna do pericarpo do froito, que se corresponde algunhas veces coa epiderme interior do carpelo. Ás veces está lignificada e constitúe, neste caso, a pebida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao sintagma ou construción sintáctica en que a súa función ou distribución é idéntica á de, polo menos, un dos seus constituíntes. Por exemplo na oración O gato negro está enfurruñado, a frase nominal O gato negro é endocéntrica con relación ao seu constituínte o gato, xa que ten a mesma distribución (a mesma función) ca a frase nominal o gato (O gato está enfurruñado). OBS: Oponse ao termo exocéntrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa dunha vexiga, especialmente da urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de transporte polo que algúns materiais penetran no interior da célula sen atravesar a membrana. A membrana forma unhas dobras que engloban o material fóra da célula, formándose unha vesícula, que contén o material e que sofre unha invaxinación. A vesícula dentro da célula pode abrirse e liberar o seu contido no citoplasma, ou pode quedar en forma de vesícula para a súa posterior utilización. Tanto a fagocitose como a pinocitose son formas de endocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da mucosa vaxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás secrecións internas das glándulas.

    2. Glándula que carece de conduto excretor, polo que secreta directamente no medio interno do organismo, normalmente ao sangue, os produtos da súa secreción, para que actúen en diferentes partes do organismo. Nos mamíferos, as glándulas endócrinas son a pituitaria, a glándula adrenal, a tiroide e as glándulas paratiroides, o ovario, o testículo, a placenta e unha parte do páncreas.

    3. Conxunto de órganos especializados que sintetizan hormonas e as secretan ao sangue. Os órganos principais que o compoñen son o hipotálamo, a hipófise, a tiroide, as paratiroides, o páncreas, as suprarrenais, as gónadas e a epífise. Cada un destes órganos elabora unhas hormonas determinadas, con accións específicas sobre un tecido ou outro. A regulación deste sistema realízana fundamentalmente o hipotálamo e a hipófise, mediante retroalimentación negativa; isto é, a liberación dunha hormona inhibe que esta se siga producindo. Entre outras funcións que realiza o sistema, cómpre destacar o crecemento corporal, a actividade metabólica celular, o aproveitamento das substancias nutritivas e o desenvolvemento das características sexuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en endocrinoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO