"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Con relación a un estado ou fase do ciclo dalgunhas algas, caracterizado polo formato diminuto, con filamentos libres ou soldados nun disco, aplicados ao substrato.
-
-
Relativo ou pertencente a Adiguesia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Adiguesia.
-
Pobo que habita na oblast autónoma de Adiguesia. Nas aproximacións que se fixeron no ano 1959 eran sobre 80.000 habitantes. É o nome autóctono do antigo pobo circasiano ou cherkés -polo que tamén é coñecido como circasiano occidental ou cherkés inferior, que, a raíz das guerras entre os imperios ruso e otomano do s XIX, foi obrigado a dispersarse fóra do seu territorio tradicional, por Rusia e Turquía.
-
Lingua caucásica do grupo noroccidental ou grupo abkhazo-adigueo, falada polos adigueos de Adiguesia e polos dispersados por Rusia e Turquía. O alfabeto foi creado no ano 1918. A partir dese momento foise desenvolvendo unha literatura escrita baseada tanto nas tradicións orais do país como na súa nova realidade social. Destacan literariamente o poeta nacional de Adiguesia, Cug Alievic Teucez, o novelista Tambot Magometovic Kerasev e o iniciador da poesía escrita, Akhmed Katkov.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral sueco, conde de Adlesparre. Chegou a ser un dos líderes do golpe de estado (1809) que depuxo a Gustavo IV e foi membro do Consello de Estado (1809-1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome que adoptou Theodor Wiesengrund, filósofo e musicólogo alemán. Estudiou filosofía e música (1924), con A. Berg, A. Webern e A. Schönberg. A súa orientación filosófica é inseparable da teoría crítica e da Escola de Frankfurt, pero con un acento acusadamente dialéctico e asistemático. Foi autor de Dialektik der Aufklärung (Dialéctica da Ilustración, 1947) onde analiza o racionalismo como instrumento de dominación da natureza e do home; de Negative Dialektik (Dialéctica Negativa, 1966), onde sinala a vía de superación dos límites da razón instrumental, grazas ao momento negativo do proceso dialéctico, e de numerosas obras de estudo da fenomenoloxía artística contemporánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Franz Ulrich Theodosius Hoch, físico alemán. Ensinou Astronomía en Berlín e San Petersburgo, onde foi membro da Academia de Ciencias. Considérase o inventor do condensador eléctrico e do electróforo. A súa obra principal foi o Tentamen theoriae electicitatis et magnetismi (1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao aire.
-
Lixeiro, vaporoso, de pouco peso ou entidade.
-
Relativo ou pertencente á aeronáutica.
-
Dise do órgano que crece no aire, en lugar de facelo na auga ou na terra, como raíz aérea, talo aéreo e outros.
-
Selo emitido para correspondencia por avión.
-
Dise do conduto que leva aire aos pulmóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence a abeleira da terra.
-
PERSOEIRO
Xeólogo ruso. Fixo estudios sobre a formación das rochas magnéticas no Cáucaso, sobre a orixe das rochas e sobre a xénese do petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás agaricáceas.
-
Fungo da familia das agaricáceas.
-
Antiga familia de agaricais, que comprende case que todas as especies da orde, agás os lactarios, rúsulas e higróforos.
-
Moderna familia de agaricais restrinxida aos xéneros Macrolepiota, Lepiota, Agaricus, e outros afíns.
-
-
-
Fungo da subclase dos agaricomicetídeos.
-
Subclase de fungos da clase homobasidiomicetos con cogomelos de himenio libre antes da madureza, ao que pertencen as ordes dos agaricais, amanitais, boletais, cortinariais, entolomatais, pluteais, rusulais e tricolomatais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de artrópodos da clase dos trilobites, integrada por especies de pequenas dimensións, duns 8 mm, característicos do Cámbrico medio.
-
PERSOEIRO
Nome latinizado do médico e minerólogo alemán Georg Bauer, coñecido como o pai da mineraloxía. Exerceu de médico en Joachimsthal (Jáchymov), Bohemia (1527-1533) e en Chemnitz, Saxonia (1534-1555). A súa obra máis importante é De re metallica (Sobre a materia metalúrxica, 1546), que é unha descrición exhaustiva dos coñecementos xeolóxicos, mineiros e metalúrxicos do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral romano. Foi tribuno da plebe (66), pretor (68), legado de Vespasiano (74-76) e pontífice (77). Enviado por Vespasiano (77) a Britannia, baixo o imperio de Domiciano conquistou Escocia (84). A tradición di que o mandou encarcerar o propio Domiciano porque envexaba a súa fama. Morreu envelenado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que trata da constitución xeolóxica dos terreos e da súa dinámica, en relación coa actividade agrícola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.
-
PERSOEIRO
Prateiro e gravador en cobre. A súa aprendizaxe puido facerse no mosteiro de San Martiño Pinario, (Santiago de Compostela) onde parece que houbo neste século un taller de gravado moi importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Aiantos Alcumado o Pequeno, fronte a Aiax Telamón, o Grande. Heroe da Guerra de Troia, fillo de Oileo, Rei da Lócrida. Violou o templo de Atenea e raptou a sacerdotisa Casandra, filla de Príamo, Rei de Troia, polo que foi castigado pola deusa Palas Atenea, que coa axuda do seu antagonista Posidón, divindade do mariño, fixo naufragar as naves de Aiax cando volvían da Guerra de Troia.
-
PERSOEIRO
Astrónomo inglés. Director do observatorio de Greenwich (1835-1886) que mediu a densidade media da Terra, formulou unha teoría sobre o arco da vella e estudiou o magnetismo terrestre a partir da hipótese da isostasia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador bizantino. Preceptor do futuro Emperador Teodoro II Láscaris, do que foi tamén gran logoteta. Baixo Miguel VIII Paleólogo foi legado ao Concilio II de Lión (XIV ecuménico, 1274) para a unión das Igrexias. Autor de diversas obras poéticas e teolóxicas, coñécese sobre todo pola Crónica do Imperio Romano de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre francés. Profesor da clínica neurolóxica da Salpétrière de París (1947-1960). O seu nome pasou á asociación dunha sintomatoloxía pseudo-tabética e dunha espondilite (síndrome de Alajouanine-Françon).
VER O DETALLE DO TERMO