"hum" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 173.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista dedicada á investigación e á didáctica que se editou en Ferrol a partir de 1982 e ata 1991 aproximadamente. Subtitulada “Publicación cuatrimestral de Investigación y Didáctica”, os seus directores foron Edelmiro Gil, Javier de Fuentes e José A. Ponte. Tratou temas variados, dende a poesía, a filoloxía ou a heráldica, ata as matemáticas, a informática, o medio ambiente, a bioloxía, a agricultura, a pesca ou a alimentación. Os artigos acostumaban levar bibliografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza de metal, en forma de anel, que serve para manter unha árbore de transmisión na súa correspondente chumaceira.
-
GALICIA
Poeta e xornalista. Colaborou asiduamente na prensa da cidade olívica, particularmente nas seccións de humor. Escribiu Berzas y otras legumbres (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bronce de chumbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual convocado dende 1985 polo Museo de Humor de Fene, dirixido polo humorista Xaquín Marín. Divídese nas modalidades: gráfica, literaria, fotográfica, de honra, de barro e aos medios. Entre algúns dos galardoados destacan Antón Cortizas (1986), en literatura; Xan López Domínguez (1987), no apartado gráfico; e Manolo Rivas (1989); a revista Can sen dono (1990) e o programa radiofónico Corre Carmela que chove (1994), no que atinxe aos medios. Entre os premiados coa curuxa de honra destacan Isaac Díaz Pardo (1985), Xulio Prieto Nespereira (1988), Xosé Neira Vilas (1989), Laxeiro (1991), Arsenio Iglesias (1994), Fernando Quesada Porto (1996), Clodio González Pérez (1999) e Siro López (2001).
-
PERSOEIRO
Químico e físico inglés. En 1798 trasladouse a Bristol, onde ingresou na Medical Pneumatic Institution por mediación do doutor Beddoes. En 1800 Rumford fíxoo entrar como profesor axudante de química na Royal Institution of Great Britain de Londres. Tres anos máis tarde nomeárono membro da Royal Society, da que foi presidente. En 1807 conseguiu illar o sodio e o potasio por electrólise. Tamén descompuxo minerais alcalinotérreos e illou o bario, o calcio, o estroncio e o magnesio. En 1811 descubriu o arco eléctrico e en 1817, con Faraday, as propiedades do platino. Creou unha lámpada para evitar a explosión de grisú nas minas. Unha gran parte dos seus traballos están recollidos en Elements of Chemical Philosophy (Elementos de filosofía química, 1812).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Acadou un grande éxito en Broadway co drama The Petrified Forest (O bosque petrificado, 1933), e coa versión cinematográfica que tamén interpretou en 1936. Foi contratado pola Warner dende 1932 ata 1951. Converteuse nun novo tipo de “duro” e de gángster do cine americano, cunha personalidade rica e de dimensión tráxica, con filmes como High Sierra (Serra Alta, 1941); The Maltese Falcon (O falcón maltés, 1941); Casablanca (1942); The Big Sleep (O soño eterno, 1946); Key Largo (1948); The African Queen (A raíña de África, 1952), pola que obtivo un Oscar; Sabrina (1954); The Desperate Hours (Horas desesperadas, 1955) e The Harder They Fall (Máis dura será a caída, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra fundamental de Andrés Vesalio publicada en Basilea en 1543, que constituíu o primeiro tratado científico de anatomía humana e no que se expresa que a anatomía ten que considerarse a base da medicina. Estableceu unha crítica aberta ás concepcións, procedementos e erros de Galeno, feito que supuxo a destrución da visión medieval do home. A obra está dividida en sete libros: no libro I describe os ósos, as cartilaxes e as articulacións; no libro II, os músculos e os ligamentos; no libro III, o aparato circulatorio; no libro IV, o sistema nervioso periférico; no libro V, os órganos abdominais e xenitais; no libro VI, os órganos da cavidade torácica, entre os que están o corazón e os pulmóns; e no libro VII, o cerebro. Cada libro conta cunha serie de ilustracións nas que se observa a coordinación lograda entre as descricións do anatomista e a representación gráfica das preparacións confiadas ao gravador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...
-
PERSOEIRO
Militar e político portugués. Director xeral do secretariado de Aviação Civil (1944-1958), en 1945 fundou os Transportes Aéreos Portugueses (TAP) e creou as primeiras liñas aéreas que comunicaban con Angola e Moçambique, coñecidas como Linha Imperial. No ano 1952 foi destinado a Washington como agregado militar e representante na OTAN. Regresou a Portugal e en 1958 presentouse como candidato independente ás eleccións presidenciais, que gañou o candidato oficial salazarista. Tralas eleccións exiliouse ao Brasil onde entrou en contacto con núcleos de oposición portugueses en América Latina. En 1964 instalouse en Alxer e asumiu a xefatura da Junta Revolucionária Portuguesa, órgano directivo da Frente Patriótica de Libertação Nacional, que agrupaba as distintas correntes de oposición a Salazar. Tras acudir a unha cita con membros do exército en Badajoz, o 13 de febreiro de 1965, déuselle por desaparecido; o seu corpo localizouse dous meses máis tarde preto da fronteira hispano-portuguesa....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Quitar o chumbo dun aparello de pesca.
-
Caer o chumbo dun aparello de pesca.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deshumanizar ou deshumanizarse. O concepto empregouno José Ortega y Gasset no seu ensaio La deshumanización del arte (1925), para referirse á característica fundamental da arte que defendían certos movementos de vangarda. Supón a eliminación do sentimental, de todo o que teña relación coa intimidade do home, en favor do conceptual. A arte convértese nun exercicio intelectual que deixa á marxe todo o que non sexa exclusivamente estético. Liberados de todo compromiso, social, cultural, relixioso ou político, os obxectos artísticos teñen sentido en si mesmos polos seus valores estéticos. Concibe a arte como xogo intranscendente, usa a ironía como factor distanciador da materia tratada e nega toda interpretación sentimentalista. A influencia posterior do surrealismo e o compromiso político e social de moitos artistas fixo que se abandonase progresivamente este concepto. Síntoma deste cambio foi a publicación do ensaio El nuevo Romanticismo (1930), de José Díaz Fernández,...
-
-
de deshumanizar ou deshumanizarse.
-
Que carece do sentido humano ou que non ten en conta o ser humano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que deshumaniza.
-
-
Facer perder o carácter humano a algo ou a alguén.
-
Perder o carácter humano.
-
-
-
Que deshumidifica.
-
Aparato que serve para diminuír a cantidade de vapor de auga do ambiente, polo xeral por contacto cun líquido a temperatura suficientemente baixa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliminar a humidade dun lugar ou do ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘borracheira’.
-
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Northumbria (593-616), príncipe de Bernicia e de Deira (?-616), fillo do Rei Etelrico I. Estendeu o seu reino ata o Mar de Irlanda, ao vencer os escotos e os cumbrios (603) e os galeses (613), e converteuno no máis poderoso dos reinos anglosaxóns. Enfrontouse ao Rei Raedwad de Anglia do Leste e morreu na Batalla do río Idle.
VER O DETALLE DO TERMO