"sido" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 103.
-
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos háfsidas.
-
Membro dunha dinastía bérber de Tunes (1229-1574). Os momentos culminantes do seu poder foron o goberno de Abu Zakariya Yahyà (s XIII), quen independizou o territorio que comprendía de Trípoli a Ceuta, e o do seu fillo, o califa Al-Mustansir bi-llah (1235). As loitas internas e as ocupacións estranxeiras debilitaron a dinastía ata que desapareceu a mans dos turcos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome co que eran designados os heteropolisacáridos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido constituído unicamente por un só tipo de monosacáridos.
-
PERSOEIRO
Política e dirixente comunista. Coñecida como Dolores Ibárruri a Pasionaria, tomou parte no I Congreso do Partido Comunista de España (1923) e foi elixida membro do Comité Central (1930) e do Comité Exectivo tralo IV Congreso (1932). Apoiou a constitución do Frente Popular e obtivo acta de deputada por Asturias nas eleccións de 1936. Durante a Guerra Civil levou a cabo un intenso labor de propaganda. Exiliada na URSS desde 1939, ocupou a secretaría xeral do partido entre 1942 e 1960, data na que se converteu na súa presidenta. En 1977 regresou a España e nas eleccións xerais de xuño foi elixida deputada por Asturias. Foi redactora de Mundo Obrero e escribiu varios libros de memorias. Recibiu o Premio Lenin da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
inquiridor.
-
-
Membro principal dos tribunais do Santo Oficio, xuíz instrutor das causas que se abrían na súa xurisdición. Por riba de todos os inquisidores dos tribunais de distrito estaba o inquisidor xeral.
-
inquisidor xeral
Inquisidor nomeado polo papa, que tiña como misión inspeccionar, regular e ordenar o funcionamento de todos os tribunais do Santo Oficio, especificar o equilibrio entre delitos e penas, aconsellar e dirimir dúbidas dos inquisidores locais e decidir os procedementos cando as circunstancias o aconsellasen; presidía o Consello Supremo da Inquisición, que o asesoraba; e podía procesar a calquera bautizado, polo que a súa autoridade era a máis ampla despois da do papa. Para ser inquisidor, agás se se era de condición nobre, precisábase o estatuto de limpeza de sangue. A maioría eran de extracción eclesiástica e da nobreza, licenciados en teoloxía, dereito canónico ou civil ou graduados en filosofía, gramática ou retórica. Desde a refundación da Inquisición en Castela polo Papa Sisto IV (1478), ata a súa primeira abolición por Napoleón I Bonaparte, os inquisidores xerais do Santo Oficio español, foron, no s XV Tomás de Torquemada, OP; 1º inquisidor xeral de Castela e Aragón (1483-1496). No s...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome grego Isídoros ‘don da deusa Isis’, composto de Isis e doros ‘don, regalo’, latinizado en Isidorus. Forma parte da serie Artemidoro, Apolodoro, Teodoro e Doroteo. A orixe remota está en Exipto, por ser frecuente entre os gregos de Exipto e por aludir á deusa exipcia da protección materna e da fidelidade matrimonial máis alá da morte. A forma usual deste nome na época medieval era san Isidre, de onde vén o galego Sidro/Cidre. Destacan con este nome os santos Isidoro de Sevilla (560?-636), celebrado o 26 de abril, e Isidoro de Khíos (s III), celebrado o15 de maio.
-
PERSOEIRO
Mártir cristián. Foi de Alexandría á illa de Khíos, onde bautizou as mulleres e sufriu a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 15 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico bizantino. Estudiou en Constantinopla, onde foi monxe. Elixido metropolitano de Kiev (1437) e de toda Rusia, participou no Concilio de Florencia (1438-1439), onde defendeu a unión da Ortodoxia con Roma e foi nomeado cardeal. De volta en Moscova, proclamou a bula de unión, pero foi encarcerado por Basilio II de Moscova, aínda que conseguiu escapar e refuxiouse en Siena. En 1453 ferírono en Constantinopla cando a cidade foi tomada polos turcos, pero novamente foi quen de fuxir a Italia. De gran cultura humanística, reuniu moitos códices na Biblioteca Apostólica Vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeómetra. Traballou como arquitecto xunto con Antemio de Tralles na construción de Santa Sofía de Constantinopla, consagrada en 537. Houbo outro mestre coñecido como Isidoro o Novo, que reconstruíu a cúpula de Santa Sofía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sevilla 560? - 636) Doutor da Igrexa e arcebispo de Sevilla (601-636). Era irmán de san Leandro, a quen lle serviu de titor e mestre, e do que herdou o arcebispado. Compilador e sistematizador da ciencia antiga, foi un dos principais mestres da Europa medieval latina. Presidiu distintos concilios en Sevilla e Toledo, organizou bibliotecas e ordenou a liturxia hispamo-visigoda. Autor de numerosas obras, a de maior relevancia foi Etymologiae, obra enciclopédica que comprendía o saber humano da época. Tamén destacan Historia Gothorum Vandalorum Sueborum, Setentiae e Regula monachorum. As súas reliquias trasladáronse a León onde recibe culto desde o s XI. É patrón das facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia, Filosofía e Ciencias da Educación. Na iconografía viste de pontifical con casula ancha e sagrado palio, ás veces coa mitra na cabeza, e leva como atributos: un báculo da tripla cruz arcebispal, un libro aberto e unha colmea....
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Guinea (8.872 km2; 183.236 h [1983]). A capital é Kissidougou (30.724 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica situada en León. No lugar houbo un mosteiro, que foi derrubado polas incursións de Almanzor no s X. A nova construción sobre a basílica do mosteiro comezouna o Rei Fernando I o Grande no s XI baixo a advocación de san Xoán. O Panteón Real foi a primeira parte construída, con planta cadrada e dúas alturas. O piso inferior ten seis bóvedas sostidas por dúas columnas e está decorado con frescos románicos de finais do s XII. Represéntanse escenas bíblicas inspiradas nos labores da vida cotiá, na Apocalipse e na vida e Paixón de Xesús Cristo; tamén se atopan signos do zodíaco, e un calendario coas faenas propias de cada estación do ano. En 1063 a igrexa recibiu os restos de santo Isidoro de Sevilla, e cambiou a advocación inicial. Urraca, filla de Fernando I, promoveu a ampliación en estilo románico. No s XII retomáronse as obras e construíuse a igrexa nova, proxectada por P. Deustamben, que foi consagrada no reinado de Afonso VII en 1149. Ten planta de cruz...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos licósidos.
-
Araña da familia dos licósidos.
-
Familia de arañas, da clase dos arácnidos, de corpo pequeno e peludo, de cor marrón ou negra. Son animais que se moven con moita rapidez e presentan unha maior actividade durante a noite. En Galicia estan presentes especies dos xéneros Alopecosa, Arctosa, Aulonia, Lycosa, Pardosa, Trochosa e Xerolycosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lorísidos.
-
Simio da familia dos lorísidos.
-
Familia de mamíferos, da orde dos primates, que acadan entre 15 e 40 cm, coa pelaxe espesa e laúda e os ollos moi grosos e dirixidos cara a diante. Son arborícolas e de costumes nocturnos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos macroranfósidos.
-
Peixe da familia dos macroranfósidos.
-
Familia de peixes, da orde dos singnatiformes, que presentan o corpo comprimido e un fociño tubular longo. A esta familia pertence a especie Macroramphosus scolopax (trompeteiro).
-
-
-
Relativo ou pertencente ás marattiópsidas.
-
Fento da clase marattiópsida.
-
Clase de fentos que presentan os esporanxios na cara abaxial das frondes e os seus talos están cubertos de mucilaxe. Esta clase inclúe a orde das marattiais, sendo o representante máis estendido o xénero Marattia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás marchantiópsidas.
-
Briófito da clase das marchantiópsidas.
-
Clase de briófitos, coñecidos comunmente como hepáticas, que se caracterizan por ter un protonema reducido, un gametófito taloso ou folioso, folíolos dispostos en dúas fileiras, esporanxio sen estomas e que carecen de eláteres.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado sobre un outeiro de 300 m de altitude e regado polo río Barbastre e polo seu afluente (10.728 h [2001]). Na súa base económica predomina a agricultura. Capital do ducado homónimo, conserva fragmentos da muralla árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -