inquisidor -ra
(< lat inquisitōre)
-
adx e s
inquiridor.
-
[RELIX/HIST]
-
s
m
Membro principal dos tribunais do Santo Oficio, xuíz instrutor das causas que se abrían na súa xurisdición. Por riba de todos os inquisidores dos tribunais de distrito estaba o inquisidor xeral.
-
inquisidor xeral
Inquisidor nomeado polo papa, que tiña como misión inspeccionar, regular e ordenar o funcionamento de todos os tribunais do Santo Oficio, especificar o equilibrio entre delitos e penas, aconsellar e dirimir dúbidas dos inquisidores locais e decidir os procedementos cando as circunstancias o aconsellasen; presidía o Consello Supremo da Inquisición, que o asesoraba; e podía procesar a calquera bautizado, polo que a súa autoridade era a máis ampla despois da do papa. Para ser inquisidor, agás se se era de condición nobre, precisábase o estatuto de limpeza de sangue. A maioría eran de extracción eclesiástica e da nobreza, licenciados en teoloxía, dereito canónico ou civil ou graduados en filosofía, gramática ou retórica. Desde a refundación da Inquisición en Castela polo Papa Sisto IV (1478), ata a súa primeira abolición por Napoleón I Bonaparte, os inquisidores xerais do Santo Oficio español, foron, no s XV Tomás de Torquemada, OP; 1º inquisidor xeral de Castela e Aragón (1483-1496). No s XVI, Diego de Deza, OP (1498-1507); Francisco Jiménez de Cisneros, OFM, inquisidor xeral de Castela, e Juan Enguera e Luis Mercader, inquisidores de Aragón (1507-1517); Adrián de Utrech, cardeal e logo Papa Adrián VI (1518-1522); Alfonso Manrique de Lara, cardeal (1523-1539); Juan Pardo de Tabera, cardeal arcebispo (1539-1546); Fernando de Valdés (1547-1566); Diego Espinosa (1566-1572) e Gaspar de Quiroga (1573-1596). No s XVII, Juan Bautista de Acevedo (1603-1608); Bernardo de Sandoval y Rojas (1608-1619); Luis de Aliaga, OP (1619-1622); Andrés Pacheco (1622-1627); Antonio de Zapata (1627-1632); Antonio de Sotomayor, OP (1632-1643); Diego de Arce y Reinoso, bispo de Tui (1643-1665); Juan Everardo Nithard, SI alemán (1666-1669); Diego Sarmiento de Valladares (1669-1695) e Juan Tomás de Rocaberti, OP (1695-1699). No s XVIII, Vidal Marín (1705-1709); Francisco Judice, italiano (1711-1717); Juan de Camargo (1722-1733); Andrés de Orbe y Larreátegui (1733-1742); Felipe Beltrán (1774-1784); Agustín Rubín de Ceballos (1784-1792); Manuel Abad y la Sierra (1792-1794) e Francisco A. de Lorenzana (1794-1798). No s XIX, Ramón José de Arce (1798-1808).
-
s
m