Inquisición, casa da

Inquisición, casa da

Construción situada en Corzáns (Salvaterra de Miño). Conserva parte do portón monumental formado por un muro de perpiaños e dous rexistros, no inferior atópase a porta con arco de medio punto, e no superior tres escudos: no centro o da Inquisición, na dereita o dos Barbeito e na esquerda o dos Suárez de Puga. Segundo unha inscrición foi edificada por Bartolomé Barbeito Padrón, inquisidor apostólico en 1688.