Inquisición, casa da

Inquisición, casa da

Construción situada en Donas (Gondomar). Fundouna o inquisidor Francisco Antonio Lorenzo de Guntín en 1777 segundo unha inscrición do patín. Ten planta en forma de L, con dúas alturas, e con construcións adxectivas e muros laterais que conforman un patio ante a fachada principal.