"uru" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
-
Relativo e pertencente a Burundi ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Burundi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua afroasiática da rama cuxítica meridional. Rexistráronse 31.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burundi, na marxe L do lago Tangañika (2.465 km2; 385.490 h [1990]). A capital é Bururi (15.816 h).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua asiática illada xeneticamente que falan os buruxos. Situada na rexión de contacto de familias lingüísticas diversas (índicas, iránicas, turcas e tibetanas), posúe unhas características particulares que non permiten clasificala en ningunha agrupación coñecida. Conta cuns 30.000 falantes no Paquistán setentrional.
-
-
Relativo ou pertencente aos buruxos.
-
Individuo do pobo buruxo.
-
Pobo de agricultores e gandeiros de lingua buruxaski que habita entre o Karakorum e o Hindūkush. A súa poboación limítase a uns 20.000 individuos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos camarasáuridos, de ata 18 m de lonxitude, propio de finais do Xurásico. Os seus principais xacementos están na actual América do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural lucense que formaba parte da Juventud Antoniana de Lugo e que se presentou ao público en 1916. O seu cadro dramático escenificou entre 1919 e 1925 pezas de Nan de Allariz, Manuel Lugrís Freire, Galo Salinas, Avelino Rodríguez Elías, e as zarzuelas Carmela e Amor na cume. Xa en 1943 puxo en escena Non chores Sabeliña, de José Trapero Pardo, en colaboración co coro Frores e Silveiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 6 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos notosáuridos. Propios do Triásico, acada os 4 m de lonxitude e ten as patas transformadas en aletas. Os xacementos máis importantes están en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da orde dos coristoderios. Presenta un corpo longo e estreito de ata 1,5 m de lonxitude, con patas curtas, cola longa e longas mandíbulas con numerosísimos dentes finos e de pequeno tamaño. Foi unha especie acuática e piscívora que habitou nos ríos e lagoas das actuais Europa e Norteamérica dende finais do Cretáceo ata principios do Terciario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da suborde dos proterosuquios de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo alongado e as patas pequenas e fortes de cinco dedos, dispostas en ángulo respecto ao corpo. Pasaban a maior parte do tempo nos ríos onde se alimentaban principalmente de peixes. Propios de principios do Triásico, os xacementos máis importantes están en Sudáfrica e China.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos ceratópsidos, de ata 5,2 m de lonxitude, propios de finais do Cretáceo. Na fronte presentaban un par de grandes cornos revirados cara a arriba, outro máis pequeno no fociño e unha gran gola ósea dende a parte posterior do cranio que cubría o pescozo e a parte superior dos ombreiros. Os principais xacementos localízanse no N de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘barro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘gaiteiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘música’.
-
-
Gordura da carne.
-
Líquido que expulsa a carne crúa ou ao cociñala.
-
Preparado líquido máis ou menos espeso feito a base de diferentes substancias que acompaña as comidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘aceite’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles mariños da familia dos henodóntidos, que existiron a finais do Pérmico, de ata 60 cm de lonxitude e de pescozo longo. Alimentábanse na beiramar e desprazábanse con movementos ondulantes da parte posterior do corpo. Os xacementos máis importantes están en Madagascar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da familia dos celúridos, de ata 2 m de lonxitude e cunha cabeza menor aos 20 cm de longo. As patas traseiras, coas que corrían velozmente, eran longas, e as dianteiras contaban con tres dedos con garras, coas que capturaban réptiles e pequenos mamíferos. Viviron a finais do Xurásico e os principais xacementos están en América do Norte.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou a carreira de filoloxía románica na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que abandonou para ingresar na Escuela de Periodismo de la Iglesia en Madrid. O seu primeiro traballo xornalístico desenvolveuse no Diario SP. Da man de Raimundo García Rodríguez, Borobó, entrou a formar parte da revista Chan como redactor, e ademais, escribiu artigos para o Diario de Noticias Médicas. Posteriormente, colaborou na revista Triunfo e noutras publicacións como Actualidad Económica ou Gaceta Universitaria. Xunto co editor Silverio Cañada, en calidade de director editorial, participou na publicación da Gran Enciclopedia Gallega, que comezou a súa edición en 1974. Traballou no centro da TVE en Galicia e na revista Teima. A partir de 1976 principiou o seu labor como correspondente do xornal El País e como delegado da revista Interviu en Galicia, publicación á que estivo...
VER O DETALLE DO TERMO