"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paradela baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena serra que se estende ao longo de 2,4 km con dirección NO-SL polo SO da parroquia de Andreade, no concello de Paradela. As súas máximas cotas acadan os 747 e 740 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á orde das andreais.

    2. Brión da orde das andreais.

    3. Orde de briófitos integrada por unha única familia, as andreáceas, de pedicelo curto e cápsula que se abre en 4 ou 8 valvas, que forman coxíns escuros sobre as rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta italiano. Fixo a primeira ascensión en globo libre en Italia (1784).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Ilas dos Estados Unidos, no centro do arquipélago das Aleutianas. As illas principais son, de O a L, Tanaga, Kanaga, Adak, Atka e Amlia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Capelán da condesa María de Champaña. Por encargo seu escribiu en latín, no último terzo do s XII, o tratado De amore (‘Sobre o amor’), testemuño dos costumes morais da época que gozou de moita aceptación na literatura medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora alemana. Mantivo unha relación de amizade con Nietzsche, Rilke e Freud, de quen foi discípula. A súa influencia reflíctese en obras como: Friedrich Nietzsche in seinen Werken (‘Friedrich Nietzsche nas súas obras’), publicada en 1894; Rainer Maria Rilke, Gedenkbuch (‘Lembranza de Rainer María Rilke’), en 1928; e Mein Dank an Freud (‘O meu agradecemento a Freud’), no ano 1931. A súa autobiografía (1951) debuxa unha panorámica da vida cultural centroeuropea de comezos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor romanés. Especializado na pintura de paisaxes, viaxou a Francia (1878-1882), onde se asimilou á escola de Barbizon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador do navegador Mosaic (1993) xunto cun grupo de compañeiros da Universidade de Illinois, nos EE UU. Poucos meses despois converteuse nun dos fundadores da compañía Netscape, que produce un dos dous navegadores máis populares para a Internet, o Netscape Navigator.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Aragón e Raíña de Pamplona. Filla do conde de Aragón Galindo III, achegou en dote o condado de Aragón ao Rei de Pamplona García III e transmitiulle os seus dereitos a seu fillo Sancho Garcés II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático e actor italiano. Fillo de actores, incorporouse á compañía dei Gelosi (1594) co alcume de Lelio e, máis tarde, á dei Fedeli. Nas súas obras, procurou xuntar a tradición clásica co teatro improvisado: Turca (1608), I due Lelii simili (1622) ou Due commedie in commedia (1623). Escribiu tamén dramas relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Or’ol, Rusia 1871 - Mustamäki, Finlandia 1919) Novelista e dramaturgo ruso. Entrou como folletinista no Correo de Moscova e obtivo un éxito inmediato. Ao fracasar a revolución de 1905 pasou a residir en Finlandia, onde escribiu: Judes Iscariot (‘Xudas Iscariote’, 1907) e Rasskaz o semi povešennykh (‘A narración dos sete aforcados’, 1908), baseada nos acontecementos de 1905. Como dramaturgo escribiu entre outras: K zv’ozdam (‘Camiño das estrelas’, 1905) e Car’ golod (‘O rei fame’, 1908), pezas que o converteron no representante máis salientable do Simbolismo ruso. Co triunfo da Revolución rexeitou o recoñecemento oficial e retirouse a Finlandia, dende onde atacou duramente os bolxeviques con SOS (1919). Exerceu unha grande influencia en Europa, sobre todo no Expresionismo alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduardo Gómez de Baquero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político demócrata cristián italiano. Foi deputado dende 1945 e ocupou diversos ministerios e cargos parlamentarios, ademais de presidir os gobernos dos anos 1972, 1972-1973, 1976, 1977, 1979-1988 e 1989-1993. Dimitiu, en 1993, polo descubrimento de casos que o relacionaban directamente coa corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estudiou Dereito na Universidade de Nápoles e despois entrou na congregación teatina. Morreu aos 87 anos cando se dispoñía a celebrar unha misa. Invócaselle nalgúns exorcismos galegos na compaña de san Bertomeu, santo Agostiño e san Caetano. É avogoso da morte repentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Creta. Foi o primeiro poeta-músico da igrexa grega que cultivou a forma musical chamada canon. A súa festividade celébrase o 4 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • É o propio apóstolo de Cristo. A lenda que o vencella a Galicia di que chegou ao lugar de Teixido por mar e, en desembarcando, a barca quedou petrificada e converteuse no penedo mariño coñecido co nome de Barca de san Andrés. Outro relato conta que unha vez Xesús, na compaña de san Pedro, atopou neste cabo do mundo a santo Andrés cheo de morriña por ser patrón dun sitio tan afastado que ninguén ía visitar. Xesús, compadecido, prometeulle unha romaría que só deixaría de existir cando o mundo acabase e á que acudirían todos, mesmo os mortos, xa que quen fose a ela sete veces acadaría a salvación eterna. O seu santuario (A Régoa, Cedeira), nun escarpado acantilado da serra da Capelada -ó igual co Purgatorio de san Patricio en Station Island do Lough Derg (Irlanda)-, é cita obrigada de peregrinaxe para todo bo fillo do país, pois como di a tradición: “A San Andrés de Teixido vai de morto o que non foi de vivo”; caso semellante ao de santa Ana na Bretaña e san Patricio en Irlanda. Uns...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador aragonés autor, xunto con Diego José de Dormer, de Progresos de la Historia en el reino de Aragón y elogios de Jerónimo Zurita, su primer cronista (1680), única obra sobre Zurita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario de orixe rioxana instalado en Santiago desde 1756, onde abriu unha tenda e un almacén. A partir dos anos sesenta do s XVIII desenvolveu unha importante actividade comercial con América e con outros puntos de Galicia e España ata converter a súa firma comercial nunha das máis importantes de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta valenciano. Caracterizouse por un estilo renovador dentro do seu ámbito. Extraordinariamente prolífica, a súa expresión poética presenta dúas constantes, a morte e o sexo, aludindo con frecuencia á realidade cotiá. Foi autor, entre outras obras, do Llibre de les meravelles (1971), L’hotel París (1973) e Festas llunyanes. Tamén publicou uns volumes de Memòries.

    VER O DETALLE DO TERMO