"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. Estudiou arquitectura na Cornell University e ampliou estudios nas universidades de Columbia e Cambrigde, onde se doutorou en Filosofía. Entre 1960 e 1967 traballou con Michael Graves e, aínda que proxectou diversas vivendas, ata 1980 centrou o seu traballo no estudo teórico da arquitectura e no ensino. Foi profesor, entre outras, nas universidades de Yale, Princenton, Cambrigde, Harvard e Ohio. En 1980 estableceu un estudo de arquitectura en Nova York con Jaquelin Robertson que en 1987 pasou a denominarse Eisenman Architects. Entre as súas obras destacan o proxecto Romeo e Xulieta, galardoado co León de Ouro da Bienal de Venecia (1985); o Wexner Center da Ohio State University (1983-1989), polo que recibiu o Premio de Honor do American Institute of Architectes; o edificio Koizumi Sangyo de Toquio (1988-1990), premiado co Premio Nacional do American Institute of Architectes en 1991; a sede da Nunotani Corporation de Toquio (1990-1992); a Max Reinhardt Haus de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Como comandante xeneral de Montevideo (1807) fixo fronte á invasión dos ingleses e aos primeiros conatos revolucionarios en Río de la Plata. Regresou a España, foi nomeado capitán xeneral de València e Murcia, e converteuse nun dos homes de confianza do Rei Fernando VII. Destituído durante o Trienio Liberal, condenárono a morte e executárono.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Javier Bardem, participou en diversas series de televisión como Segunda Enseñanza ou Brigada Central. En 1990 o director Bigas Luna deulle un papel en Las Edades de Lulú que significou o inicio dunha importante carreira cinematográfica na que destacan títulos como Tacones lejanos (1991), Amo tu cama rica (1991), Jamón, jamón (1992), Huevos de oro (1993), El amante bilingüe (1993), Días contados (1994), Boca a boca (1995), Airbag (1997), Carne trémula (1997), Torrente (1998), Entre las piernas (1999), Before Night Falls (Antes de que anoiteza, 2000) ou Los lunes al sol (2002). Entre os distintos galardóns que recibiu destacan o Premio ao mellor actor no Festival Internacional de Cine Donostia-San Sebastián en 1994 por Días contados e El detective y la muerte; o Premio Goya ao mellor...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Saxonia (1142-1178) e de Baviera (1156-1181), fillo de Enrique XI o Soberbio de Saxonia. Perdeu o dereito á herdanza do seu pai, pero o Emperador Conrado III concedeulle o ducado de Saxonia, que gobernou como un Estado independente, á vez que o estendeu cara ao L sobre os territorios dos eslavos. Enfrontouse cos duques Alberte I de Brandenburgo o Oso e Adolfo de Holstein. Fundou, entre outras cidades, Brunswick, e impulsou o crecemento de Hamburgo. Coa cesión do ducado de Baviera polo Emperador Federico I Barbarrubia ampliou os seus territorios e fundou Múnic (1158). Casou con Matilde, filla do Rei Enrique II de Inglaterra (1168). Negoulle a súa axuda na campaña de Italia ao emperador (1176), quen o proscribiu e lle quitou os seus territorios (1180). Malia que houbo unha reconciliación posterior en Erfurt (1181), refuxiouse na corte do seu sogro. Trala marcha do emperador á cruzada, sublevouse para recuperar os seus territorios (1189) e posteriormente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Pavia. Conseguiu reconciliar o rei visigodo Eurico co Emperador Xulio Nepote e deulle asilo a Teodorico, rei dos ostrogodos. É o patrón dos prisioneiros de guerra. Na iconografía leva como atributo unha cadeas rotas. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo xeorxiano. Participou nunha conspiración contra a nobreza e desterrárono a Siberia en 1832, ata que volveu a Xeorxia en 1852 e fundou a revista literaria Giskari. A decadencia das clases nobres é o tema máis destacado das súas obras. Da súa produción cómpre salientar A repartición (1850) e Escenas do pasado (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Embarcación antiga lixeira, de vela e armada, que se empregaba para vixiar a costa ás ordes do gardacostas.
-
Barco lixeiro armado e de pouco calado que pode acadar unha gran velocidade.
-
-
REXIÓNS
Rexión do N de Europa que, nun sentido físico, inclúe a Península Escandinava, situada entre o Océano Atlántico, ao O, o Océano Glacial Ártico, ao N, e o Mar Báltico, ao L; que se estende ao longo duns 1.800 km desde o Cabo Norte, no Ártico, ata os estreitos dinamarqueses. A península ocupa unha extensión duns 770.000 km2, divididos entre o territorio de Noruega, Suecia e Finlandia. A súa poboación é duns 13.500.000 h (estim 2000). Desde o punto de vista lingüístico, cultural, histórico e socioeconómico inclúese tamén na denominación de Escandinavia a Dinamarca, Islandia e a totalidade de Finlandia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Península Escandinava comprende a maior parte do antigo escudo báltico, un bloque de materiais cristalinos, eruptivos e metamórficos, que sufriron primeiro os dobramentos caledonianos e despois, unha vez aplanados e erosionados, os dobramentos terciarios, que deron orixe aos Alpes Escandinavos. Esta cadea montañosa, que percorre a península... -
-
Cavar a terra de xeito superficial.
-
Facer buratos na terra.
-
Furgar en algo cun obxecto aguzado.
-
Tratar de averiguar algo dun asunto escuro ou oculto.
-
-
-
Peza de vestir que consistía nunha especie de capa curta, aberta por diante ou polos lados e con capucha, que levaban na Idade Media os peregrinos escravos.
-
Especie de capa curta, superposta a outra máis longa, que se acomoda ao pescozo e cae sobre os ombreiros.
-
-
-
Doutrina que defende a escravitude.
-
Práctica do comercio de escravos e utilización no traballo dos mesmos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao escravismo.
-
Que ou quen é partidario do escravismo.
-
-
-
Calidade ou condición de escravo.
-
Estado social definido pola lei e os costumes como a forma involuntaria de servidume absoluta. As súas orixes remóntanse á prehistoria, cando uns clans sometían, probablemente, a membros doutras tribos ou clans. A evolución cara a sociedades máis complexas deu lugar a prácticas escravistas nas civilizacións antigas de Oriente Medio, India, China e América do S. As primeiras referencias históricas proceden do antigo Exipto, onde os escravos eran propiedade do faraón e da súa familia, que os empregaba principalmente nas explotacións agrarias. Na antiga Grecia realizaban desde actividades mineiras ata actividades educativas. En Roma, as formas de escravitude fixéronse máis complexas e os escravos non só proviñan das guerras, senón tamén por nacemento, exposición, venda ou débedas. Trala Lei das Doce Táboas, prohibiuse a venda dos fillos como escravos e a producida por débedas, aínda que continuaron a considerarse como bens mobles sobre os que se tiñan todo tipo de dereitos. Non obstante ,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe na voz escravo, termo procedente do grego bizantino sklavos ‘escravo’ e ‘eslavo’, derivado regresivo de sklvinós ‘escravo’, e este, á súa vez, de Sloveninu, nome propio que se daba a si mesma a familia de pobos eslavos que foi víctima do tráfico escravista no Oriente medieval. Presenta o hipocorístico Tuta. O santuario mariano de Nosa Señora da Escravitude ou Virxe da Fonte Santa está situado en Cruces, Padrón (arciprestado de Iria). Na iconografía represéntase a María co neno no colo, apoiando os pés no van da nai; a Virxe leva na man dereita unha froita para entreter o cativo e vai vestida con túnica e manto. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Cruces (Padrón). As súas orixes relaciónanse cunha lenda que ten dúas versións: unha delas conta como Xoán Pérez Mondragón, párroco de Santa María de Cruces, estaba a cortar unha árbore e ao observar que esta caía sobre el invocou a Virxe. A árbore cambiou a dirección de caída e non lle fixo mal ningún, polo que en agradecemento mandou esculpir unha imaxe pétrea da Virxe que colocou nunha fonte que existía no camiño de Iria Flavia a Santiago; a segunda versión conta os mesmos feitos, pero o seu protagonista é o abade dun mosteiro. A fonte converteuse nun lugar onde paraban os camiñantes e comezou a ser coñecida como a Fonte Santa. O feito milagreiro que deu lugar ao nacemento do santuario sucedeu en 1732 cando un veciño do Salnés, paralítico e hidrópido, parou na fonte a beber cando se dirixía ao hospital de Santiago. Permaneceu tres días no lugar bebendo e rezando e sandou. En agradecemento doou o seu carro e os seus bois á Virxe, á que loou coa oración “Bendita...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de escravizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que escraviza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer escravo a alguén.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Javier Escrivá, a súa primeira película, Molokai (1959), de Luís Lucía, deulle unha gran popularidade. Interveu nas películas La rana verde (1960), Milagro a los cobardes (1961), Isidro el labrador (1964), El vikingo (1972), El muñeco anatómico (1973), Tormento (1974), Juego de amor prohibido (1975), La noche de los cien pájaros (1976) e El tesoro (1988), e actuou en televisión. En teatro representou La muralla, de Joaquín Calvo Sotelo.
VER O DETALLE DO TERMO