"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • CAPITAIS

    Capital da illa de Jersey, nas illas Anglonormandas, situada na baía de Saint-Aubin (28.123 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (595 km2; 175.127 h [2001]). A súa capital é Montego Bay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia, situada na desembocadura do río Nive, no SO do golfo de Bizkaia (13.247 h [1999]). É un importante porto pesqueiro e centro turístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do departamento de Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania, Francia (1.417 h [1999]). Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, destaca a igrexa de Notre Dame e a ponte medieval sobre o río Nive. É un dos puntos de partida do Camiño Francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Terranova, situada na costa oriental da illa Terranova, Canadá (99.182 h [2001]). É un importante porto pesqueiro que ademais conta con industrias de madeira, químicas, tabaco e fariñeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Antiga e Barbuda, situada na costa noroeste da illa de Antiga (30.000 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa das Pequenas Antillas que xunto coa illa de Nevis constitúe o estado de Saint Kitts e Nevis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado insular de América Central, situado ao SL das illas de Saba e Sint Eustatius, ao SO de Barbuda e ao NO de Antiga (269,4 km2; 46.111 h [2001]). A súa capital é Basseterre. Comprende as illas de Saint Kitts (176 km2; 34.930 h [2001]), Nevis (93 km2; 11.181 h [2001]) e o illote deshabitado de Sombrero. Nevis está rodeada dun escudo de coral e ambas as dúas illas son de orixe volcánica e montañosas (monte Misery, 1.156 m de altitude). O dominio climático é tropical. A economía baséase principalmente na agricultura, con cultivos de cana de azucre, cocos, patacas e mangos, complementada con gando ovino, cabrún e bovino. A pesca cobre o consumo, pero en conxunto a produción de alimentos é tan deficitaria que hai que importalos. A industria está resentida pola falta de minerais e electricidade procedente exclusivamente do petróleo importado, e baséase na transformación de produtos agrarios como azucre e subprodutos, cervexa e outras bebidas. Nevis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do mar de Bering, pertencente a Alasca, EE UU, cunha extensión de 3.775 km2. A súa principal riqueza é a caza da balea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Missouri, EE UU, situada á beira do Mississippi, 16 km augas abaixo da confluencia co Missouri (348.189 h [2000]). É un centro de comunicacións de primeira orde, situada na intersección de vías férreas e estradas principais, e o seu porto é un dos de máis tráfico fluvial do país. Destaca a industria aeronáutica e automobilística, a de material ferroviario, química, alimentaria, téxtil e de fabricación de compoñentes electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (611 km2; 111.466 h [2001]). A súa capital é Port Maria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Minnesota, EE UU (287.151 h [2000]). Xunto coa cidade de Minneapolis, situada na outra beira do río, forma a conurbación Minneapolis-Saint Paul. É un centro comercial, agrícola e gandeiro na confluencia do Mississippi co Minnesota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital e principal núcleo da illa de Guernsey, situada nas illas Anglonormandas (16.648 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Florida, EE UU, situada na entrada da baía de Tampa, na costa do golfo de México (248.232 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Xamaica (743 km2; 91.604 h [2001]). A súa capital é Morant Bay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Baía do S de Australia, situada ao L da península de Yorke e diante da illa de Kangaroo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suburbio de Amiens, Francia, que deu nome ao Acheulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, señor de Saint-Amant. De nome Marc-Antoine Girard, escribiu, entre outros, os poemas Les “goinfre” e “Le melon”, con influencias de Rabelais, e o poema satírico “Rome ridicule” (1643).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía beneditina fundada cara ao 651, co nome de Fleury, e que cambiou de nome (s VIII) despois do suposto traslado do corpo de san Bieito. A igrexa, comezada en 1070 e acabada no s XIII, é románica. Desde 1947 está instalada unha comunidade beneditina. En 845 asinouse o Tratado de Saint-Benoit-sur-Loire entre Carlos II o Calvo e Pipino II, polo cal este recobraba Aquitania, pero sen Poitou, Saintonge e Angoumois, cedidos a Auvernia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola militar francesa fundada por Napoleón I Bonaparte en Fontainebleau en 1803 e trasladada, en 1808, a Saint-Cyr, localidade próxima a Versailles (actual Saint-Cyr-l’École), nuns edificios onde se aloxara a escola para mozos nobres empobrecidos creada por Madame de Maincenon en 1686. Formáronse numerosas promocións de oficiais de infantaría, cabalaría e blindados.

    VER O DETALLE DO TERMO