"Alicia" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 418.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 25 de outubro de 1842. Cesou o 27 de febreiro de 1843 (nº52). Subtitulada “Periódico político, literario e industrial”, saíu tres veces á semana editado por Pío Rodríguez Terrazo nos obradoiros de Núñez Castaño e, posteriormente, nos da Viúda e Hijos de Compañel (a partir do nº17).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1961, que ten como obxectivos o estudo das afeccións cirúrxicas en todos os seus aspectos, contribuír ao progreso do coñecemento e bens públicos, defender o prestixio e os intereses dos cirurxiáns, así como establecer nexos de unión entre organismos similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa pública creada en 1994 para coordinar e impulsar o Plan de Desenvolvemento Comarcal. É un centro de innovación, planificación e estudo do territorio, así como un centro de investigación aplicada que colabora con programas experimentais de ámbito europeo, para a aplicación de novas tecnoloxías para o desenvolvemento e a planificación. Conta co Sistema de Información Xeográfica (SITGA), que ten un banco de datos municipal (BDM), onde se almacenan datos socioeconómicos, de infraestruturas e me-dioambientais xeorreferenciados, que permiten situar e analizar os recursos do territorio galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades obreiras non afiliadas a UGT que simpatizaban coa práctica da acción directa e o apoliticismo. Uníronse nunha xuntanza celebrada promovida polo Centro de Sociedades Obreras de Vigo en 1911 co nome de Confederación Regional Solidaridad Obrera de Galicia. O seu comité tiña sede na Coruña. Despareceu despois da folga xeral promovida pola CNT en outubro dese mesmo ano e tras a que o goberno suspendeu diversos colectivos integrados nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario integrado pola práctica totalidade dos partidos de esquerdas de Galicia de carácter estatal non nacionalista: o PC de Galicia, a Federación Galega do PSOE, o Partido Socialista Popular (PSP) de Galicia e os comités nacionais galegos da Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e do Partido del Trabajo de España (PTE), xunto a outras pequenas forzas e persoeiros independentes. Vertebrou a estratexia da oposición, que consistía nunha acción combinada de presión e negociación, e defendeu o establecemento dun goberno autónomo para Galicia, con carácter transitorio, en base aos principios e institucións do Estatuto de Autonomía de 1936, como sistema de articulación política nun futuro estado democrático e ata que o pobo galego decidise unha nova fórmula de articulación. Integrouse na Plataforma de Organizaciones Democráticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín publicado na Coruña en 1972. Dirixido por Luís Caparrós e Ezequiel Pérez Montes e promovida pola Fundación Barrié de la Maza, incluíu informacións sobre os teleclubs galegos. Incluíu notas de historia, arte, literatura e fotografía, ademais dunha análise sobre o xornalismo e a televisión en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea pública de televisión da Comunidade Autónoma de Galicia que comezou as súas emisións en probas o 24 de xullo de 1985, integrada na Compañía de Radio-Televisión de Galicia. A súa programación regular, integramente en galego, comezou o 29 de setembro de 1985 con 39 horas semanais, que en 2002 chegaron a 168 horas, a maior parte de produción propia. Emite para todo o territorio galego a través de catro centros emisores (Pedroso, A Bailadora, Domaio e Tomba), que incorporaron a tecnoloxía dixital en 2002. Foi a primeira canle autonómica que emitiu regularmente en vía satélite (1994), ademais de manter a súa propia canle vía satélite cara a América (1997). Recibiu o Trofeo Galeguidade no Mundo (1992) e o Premio Galicia de Comunicación (1997 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpo de infantaría creado por Filipe II o 27 de febreiro de 1566 e sostido economicamente pola provincia de Galicia. Integrado nas tropas do duque de Alba, participaron na Guerra de Flandres, nas batallas de Groeninhen e Geminghen. Posteriormente tomou parte nas campañas contra Enrique IV de Francia, e distinguiuse en Aumale (1592). No s XVII destacou en diversas campañas en Francia, Alemaña e Flandres. Foi trasladado á Península Ibérica en 1713 e estableceuse en Benavente. Desapareceu tras a reorganización do exército en rexementos e deu orixe ao rexemento de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual editada en 1997 en Santiago de Compostela. Dirixida por Eduardo Ramonde e promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, nos seus artigos analizaba a situación dos concellos en Galicia, a relación destes coa Xunta de Galicia e co Estado, lexislación e acordos das administracións locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    [TSXG] Órgano xurisdicional de máis alto grao dos existentes en Galicia, perante o que se esgotan, con algunhas excepcións, os preitos comezados no territorio da Comunidade Autónoma. O precedente remoto hai que atopalo na Audiencia do Reino de Galicia, institución xudicial e de goberno da Coroa de Castela, creada no s XVI e que perviviu ata o sistema xudicial xurdido da Constitución de Cádiz, malia que dalgún xeito perviviu na Audiencia Territorial que a sucedeu ata a creación do TSXG. Como tal o TSXG foi creado polo Estatuto de Autonomía de 1981, aínda que o atraso na aprobación da Lei Orgánica do Poder Xudicial impediu a súa constitución ata maio de 1989. Ten a súa sede na Coruña por mor da decisión adoptada en 1982 a través da Lei do Parlamento de Galicia que fixou en Santiago de Compostela a sede da Xunta e do Parlamento. O seu presidente é nomeado polo rei a proposta do Consejo General del Poder Judicial (CGPJ). Estivo presidido por Xosé de Cora Rodríguez (1989-1990) e José Ramón Vázquez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de imaxe e promoción turística de Galicia. Empresa cun capital maioritariamente público dependente da Xunta de Galicia, ten como obxectivo a promoción turística de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial de comunicación presidido por Santiago Rey Fernández-Latorre desde 1996. Agrupa seis empresas encabezadas polo xornal La Voz de Galicia, ademais de Radio Voz (1985), con oito emisoras de información xeral; a produtora Voz Audiovisual (1985); Canal Voz (1999), especializada en contidos para Internet; Sondaxe (1991), consultoría que elabora estudos de mercado en Galicia, España e Portugal; e Diario de León, cabeceira líder na súa provincia. Tamén vinculada á corporación figura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre (1997), encargada da conservación do Museo de La Voz e da promoción do programa de educación ambiental Voz Natura e do premio xornalístico Fernández Latorre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Coruña a partir do 4 de xaneiro de 1882. Subtitulado “Diario político y comercial”, os seus fundadores e propietarios foron Xoán Fernández Latorre, Antonio Prieto Puga e Xosé M. Martínez, creadores dunha publicación de ideario progresista, republicano, democrático, librepensador e anticlerical, dirixida inicialmente por X. Fernández Latorre. O 29 de outubro de 1885 disolveuse a sociedade e a propiedade do xornal quedou unicamente en mans de X. Fernández Latorre, quen ese mesmo ano fundou a Biblioteca Gallega, en sociedade con Andrés Martínez Salazar. Nesta colección publicáronse algunhas obras dos máis destacados autores galegos da época. En 1887 asumiu a dirección Xosé Lombardero e cambiouse o subtítulo “Diario ilustrado, político y mercantil” polo de “político e mercantil”. En 1906 comezou a tirarse en linotipia, a primeira de Galicia, e foi perdendo o radicalismo dalgúns dos artigos da primeira época. Tras a morte do fundador, o 14 de marzo de 1912, comezou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade xestora de entidades de capital-risco participada polo IGAPE (70%) e por Ahorro Corporación (30%). O seu obxecto social é a administración e xestión dos fondos de capital-risco EMPRENDE e ADIANTE e dos activos de SODIGA. Financia o desenvolvemento empresarial a través de participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas sen cotización oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Denominación do poder executivo ou goberno da Comunidade Autónoma de Galicia nacido ao abeiro do modelo de organización territorial de España establecido na Constitución de 1978 e cuxos principios reguladores e directrices básicas se atopan no Estatuto de Autonomía de 1981. Ambos os dous textos conteñen a ordenación dun sistema de goberno de tipo parlamentarista.
    Antecedentes históricos
    Historicamente, pódese atopar a denominación xunta en diversos aconteceres históricos reivindicadores da personalidade propia de Galicia como nacionalidade ou nación, como a Xunta do Reino de Galicia, distintos documentos do nacionalismo galego como o Manifesto da Asamblea Nazonalista de Lugo de 1918, que contemplaba esta institución; ou o antecedente do Estatuto galego de 1936, que establecía un órgano de goberno tamén chamado Xunta de Galicia. No Real Decreto-lei de 16 de marzo de 1978, instituíuse o réxime preautonómico para Galicia. As preautonomías foron unha especie de descentralización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de 1984. De carácter oficial, foi editada polos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia e incluíu información de cada unha das consellerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xunta creada para institucionalizar a organización da sanidade en Galicia e coordinar as diferentes Xuntas de Sanidade locais ou provinciais. No s XIX, ante a necesidade de fixar un lazareto que previse a entrada de epidemias como o cólera por vía marítima, apoiou a construción do mesmo na illa de San Simón, que foi inaugurado en 1842.

    VER O DETALLE DO TERMO