"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Donostia.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa L da illa de La Gomera (6.618 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a exportación de plátanos e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao O do Jarama e ao N da cidade Madrid (61.884 h [2001]). É un centro de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vigo. Datada no s XVIII, edificouse na parte baixa do monte do Castro onde se pechaba o recinto e serviu de defensa da praza militar de Vigo. Consérvanse os muros do lado norte coas súas garitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convenio político entre os dirixentes da oposición antimonárquica española, formalizado en Donostia o 17 de agosto de 1930 co obxectivo de coordinar a acción común para o derrocamento do réxime e a instauración da república. Participaron representantes de Acció Republicana de Catalunya, Acció Catalana, Estat Català, Alianza Republicana, Partido Radical Socialista, Acción Republicana, Organización Republicana Galega Autónoma, Derecha Liberal Republicana e dos socialistas. A asemblea acordou a creación dun comité revolucionario e a busca de colaboración do PSOE e a CNT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 20 de xaneiro en Castro Caldelas. A súa orixe atópase nos romeiros que acudían para pedir a intercesión do santo ante a peste. A festa iníciase a noite anterior coa celebración dunha procesión de fachóns cos que se fai unha fogueira ao redor da que se baila e salta. Ao día seguinte celébrase a misa e novos bailes pero sen fachóns.
-
-
GALICIA
Médico e político. Senador de UCD pola provincia de Lugo (1977), foi cofundador de Coalición Galega (CG) e deputado no Parlamento galego (1985-1993). Presidiu CG en 1990. Publicou diversos traballos de investigación sanitaria como Necesidades de personal médico en Galicia (1972) e Concepto general y puesta en marcha de la Medicina Preventiva en el medio rural gallego (1972). É académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que implica sarcasmo.
-
Que utiliza moito o sarcasmo ao falar ou escribir.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos sarcomastigóforos.
-
Protozoo do filo dos sarcomastigóforos.
-
Filo de protozoos unicelulares ou coloniais, autótrofos ou heterótrofos, que se desprazan mediante flaxelos, pseudópodos ou cos dous. Comprende amebas, flaxeladas e opalinas.
-
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Logo de percorrer toda a Península Ibérica, emigrou a Nueva España en1533 e estableceuse en Puebla de Labrador. Construía carros e carretas e foi domador de cabalos e nos últimos anos da súa vida tomou o hábito franciscano. O Papa Pío VI beatificouno en 1789. É patrón dos transportistas e condutores de vehículos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Portugal (1557-1578), fillo do infante Xoán e de Xoana de Austria. Sucedeu ao seu avó Xoán III cando tiña tres anos de idade, e durante a súa menoridade gobernou a súa avoa Catarina (1557-1562) e o cardeal Enrique (1562-1568). Declarado maior de idade aos 14 anos (1568), encomendoulle as tarefas de goberno a Martim Gonçalves de Càmara e Matinho Pereira. Movido por afáns expansionistas de cruzada contra os musulmáns, desembarcou en Marrocos (1578), pero o exército portugués foi desfeito en Qsar el Kebir.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.
-
PERSOEIRO
Mártir. Noméase na Depositio Martyrum (calendario romano do 354), que sinala tamén o lugar do sepulcro ad catacumbus (catacumbas de San Sebastián). Unha lenda do s V faino militar e atribúelle diversos martirios, sobre todo o de ser aseteado. A partir da peste do 680 é considerado protector, xunto con san Roque, contra a peste. Represéntase como un mozo imberbe, espido, só cuberto cun pano de pureza, coas mans atadas ao tronco dunha árbore e ofrecedo o seu torso ás setas dos seus verdugos, as cales son o seu atributo persoal; ás veces viste armadura de mallas ou traxe militar dos romanos. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’, que á súa vez procede de sébas, ‘veneración, reverencia’. Sebastós era un dos títulos que se lle daba ao emperador e aos membros da súa familia. Presenta as variantes Sebaschán e Bastián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno histórico mesianista que xurdiu en Portugal na segunda metade do s XVI, a raíz da crenza popular portuguesa de que o Rei Sebastián I de Portugal non morrera na Batalla de Qsar el Kebir (1578). O pobo portugués, baixo a dominación castelá, fundamentou as súas esperanzas de independencia no retorno do rei que, mitificado, converteuse no futuro liberador de Portugal. Presente na literatura portuguesa e divulgado polo poeta Bandarra, no s XVII, o Pai António Vieira adheriuse a este movemento, desenvolvendo na súa obra a idea do Quinto Imperio. No s XIX, no Frei Luís de Sousa de Almeida Garrett, trátase esta idea, así como no filme O Quinto Império, ontem como hoje (2004), de Manoel Cândido Pinto de Oliveira.
-
-
Relativo ou pertencente ao sebastianismo.
-
Partidario ou seguidor do sebastianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sebastiano Luciani.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Sebastiano del Piombo, foi discípulo de Giorgione. Participou na decoración do Fondaco dei Tedeschi en Venecia. En 1511 trasladouse a Roma, onde traballou dentro da órbita de Raffaello como nos frescos mitolóxicos da Farnesina, e, a partir de 516, colaborou a miúdo con Michelangelo. As súas obras amosan o propósito de unificar a melancolía e a cor venecianas (Pietá) co dramatismo espiritual e a monumentalidade de Michelangelo. Destacan La Risurrezione di Lazzaro (1517-1519), Nativitá della Virgine e o retrato de Andrea Doria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro militar e debuxante francés. Coñecido como o cabaleiro de Beaulieu, creou a topografía militar, facendo planos do terreo nos campos de batalla. Foi autor de Louis le Grand ou Recueil de plans et vues des places assiégées et de celles où se sont données les batailles.
VER O DETALLE DO TERMO