"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luís López Ballesteros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de pirita de ferro que contén cinc e estaño. Descrita por primeira vez en Galicia (1849), atópase en filóns no medio das pizarras da Mariña Central e Oriental, dende Mondoñedo a Ribadeo.
-
-
Nó mariñeiro feito con dúas voltas de cabo que fai cruzar os chicotes ou extremos. De uso moi estendido, está especialmente indicado para asegurar unha amarra ou calquera outro cabo a unha bita ou a un pao. Tamén se chama nó de pardal.
-
Ballestrinque cunha pasada de máis ao redor do lugar no que se asegura.
-
-
-
Danza escénica moi evolucionada e estruturada que se harmoniza con ritmos de obras orquestrais, escritas ou non dun xeito expreso, con esta finalidade e coa representación plástica da decoración pitórica. O ballet é un espectáculo difundido internacionalmente que dispón en diferentes países de academias especializadas, xeralmente anexas aos grandes teatros de ópera, e que ofrecen periodicamente ciclos completos de ballet. A terminoloxía do ballet empregada internacionalmente é a francesa. Os diferentes elementos -a música, a coreografía, a decoración- alcanzaron un papel máis ou menos preponderante ao longo da historia do ballet: ás veces, o compositor subordínase a un plan coreográfico; outras veces é o coreógrafo quen se adapta a unha composición xa feita, pero tamén se pode crear, en igualdade de condicións, por un compositor, un coreógrafo e un pintor. A síntese destes tres elementos é o que constitúe un ballet. As orixes deste espectáculo remóntanse ao Renacemento. Na segunda metade...
-
Obra musical composta para este espectáculo.
-
Compañía de bailaríns que interpretan esta danza. OBS: A pronuncia da grafía ll non é palatal [¥], senón líquida lateral alveolar [l].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diversión cortesá, mestura de canto e danza, de diálogos e música instrumental, en forma de espectáculo de acción dramática continuada, no que interveñen os nobres e mais os reis, e que estivo de moda en Francia nos ss XVI e XVII. Le Paradis d’amour (O Paraíso do amor, 1575) e o Ballet comique de la Reine (Ballet cómico da Raíña, 1581) foron os primeiros intentos de ballet de cour, mentres que o Ballet d’Alcine (Ballet de Alcine, 1610) e o Ballet de la délivrance de Renaud (Ballet da liberación de Renaud, 1617), máis evolucionados, xa foron antecedentes da ópera, como tamén o foron, posteriormente, o Ballet de la Nuit (Ballet da noite, 1653) e o Ballet du Temps (Ballet do tempo, 1654), creados coa participación de Lully.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de ideónimo que designa o nome do título dun ballet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de ballet creada por Sergej Pavlovič D’agilev (ou Serge de Diaghilev) en 1909, ano no que se presentou en París, no Théâtre du Châtelet. Ademais de supoñer o inicio da danza moderna, procurando a combinación ou o forte contraste entre tradición e vangarda, as propostas escénicas desta compañía contribuíron a mostrar novos camiños para a integración harmónica na posta en escena dos diferentes medios de expresión tanto escénicos como plásticos. A súa transcendencia artística foi considerable, pois desde un primeiro momento Diaghilev contou coas achegas musicais ou coa colaboración de compositores como Nicolaj Aleksejevič, Rimskij-Korsakov, Maurice Ravel, Manuel de Falla ou Sergej Sergejevič Prokof’ev; de pintores como Pablo Picasso, Joan Miró, Georges Braque, Henri Matisse ou Max Ernst, amais dun corpo de baile no que destacaban Anna Matfejevna Pavlova, Aleksandra Danilova ou Vaslav Nižinskij. Entre as moitas achegas desta compañía, que dominou a escena mundial entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma primitiva da carola, baile europeo medieval, e da balada, forma poética que acompañaba o baile. Componse de tres estrofas cun retrouso que se repite ao final de cada unha delas.
-
-
Composición vogal semellante ao madrigal con ritmo de danza e a voces diversas (ss XV e XVI).
-
Serie de danzas, con texto ou sen el, precedidas dunha peza inicial.
-
Composición instrumental de carácter coreográfico que, ás veces, forma parte constituínte dunha suite (Frescobaldi, Schein).
-
-
XACEMENTOS
Xacemento situado en Tyrone (Irlanda) que dá nome a unha facies metalúrxica caracterizada polos machados planos e as alabardas con fortes nervaduras. Este foco metalúrxico, paralelo ao Bush Barrow (cultura de Wessex) e anterior á facies Derryniggin, debeu ser un centro de grande importancia debido á difusión polas Illas e polo continente dalgúns dos seus obxectos, por exemplo as lúnulas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
orxo.
-
xoio.
-
-
PERSOEIRO
Armador e pacifista de orixe xudía. Dirixiu a compañía marítima Hamburg-Amerika Linie (HAPAG), unha das máis potentes do mundo. Impulsou a formación da mariña do novo Imperio alemán, foi conselleiro de Guillerme II e intentou, pola vía diplomática, conseguir un acordo naval anglo-alemán. Non puido soportar o fracaso da súa obra e suicidouse xusto despois do final da Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escala aerométrica utilizada para determinar a porcentaxe en peso de azucre que conteñen os líquidos ou os licores azucrados. Foi establecida polo químico alemán Karl Josef Napoleón Balling (Gabrielshütte 1805 - Praga 1868).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre escocesa de orixe normanda, moi poderosa nos ss XIII e XIV, coñecida tamén como Baliol ou Bailleul . O seu fundador foi Guido, señor de Bailleul e Harcourt (Normandía), que recibiu de Guillerme II (1087-1100) importantes feudos en Durham e mais en Northumberland. A viúva do seu neto, John de Balliol (morto en 1269), fundou o Balliol College de Oxford. O seu bisneto, John de Balliol , señor de Galloway, emparentado por liña materna cos reis de Escocia, fixo valer as súas pretensións ao trono, contra as de Bruce, cando morreu a Raíña Margarida I (1290). Coa axuda do Rei de Inglaterra foi recoñecido Rei (Xoán I) no ano 1292. Non obstante , rebelouse contra os ingleses e foi derrotado no ano 1296, polo que tivo que renunciar ao trono. O seu fillo Edward de Balliol intentou recuperar o trono no ano 1332 e foi coroado Rei de Escocia (Eduardo I), pero foi destronado en 1341 e morreu en 1364.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Na Convención de Sucre (1843) foi elixido Presidente da República. Gobernou despoticamente e sufocou repetidas revoltas. En 1847 foi derrocado polo xeneral Belzú e exiliouse ao Brasil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido graxo das tripas do porco. SIN: entretiño, redeño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ballón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación breve e intensa de chuvia ou saraiba propia das treboadas primaverais, orixinadas por movementos convectivos das masas de aire, que se repiten durante varios días. SIN: balloada.
-
-
Termo utilizado na danza escénica, equivalente a flexibilidade e lixeireza. Dise que un bailarín ten ballon cando se pode elevar facilmente ata alcanzar unha grande altura para despois caer en picado e volver elevarse ata chegar a unha altura superior, rebotando.
-
Forma característica dalgunhas cimas dos Vosgos, que sobresaen, macizas e arredondadas, como consecuencia da maior resistencia dos núcleos graníticos á erosión. O Ballon de Guebwiller (1.424 m de altitude) e o Ballon de Alsacia (1.250 m) representan os exemplos máis importantes. SIN: castelo, inselberg, tor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo que se utiliza na danza escénica para definir os pequenos saltos lixeiros cunha soa perna, mentres a outra permanece ergueita.