"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • Ilyena Lydia Mironoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico de EE UU, situado en Black Mountain, no estado de Carolina do Norte. É o cume máis elevado dos Apalaches, con 2.037 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano australiana. Coñecida como Nellie Melba, estudou canto en Melbourne e París. Especialista en coloratura, actuou en moitas óperas líricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. Traballou no Atlanta Journal (1922-1926) e escribiu unha única obra, Gone With the Wind (1936, premio Pulitzer, 1937), dun grande éxito, que foi levada ao cine en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico inglés. Estudou na Cambridge University, onde se doutorou en 1950. Conseguiu clarificar como o ADP se transforma en ATP nas mitocondrias, mediante fosforilación oxidativa, e determinou como actúan os enzimas que interveñen nesta conversión. Recibiu o Premio Nobel de Química (1978), polos seus traballos sobre os mecanismos de transferencia da enerxía química nos sistemas vivos, que o levaron á formulación da teoría quimioosmótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista estadounidense. Autor da primeira análise sobre o ciclo económico, baseada na recollida dun gran número de datos, propugnou a aplicación do método estatístico na análise dos fenómenos económicos. Escribiu Business Cycles (1927) e Measuring of Business Cycles (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Nun primeiro momento, as súas novelas recolleron unha visión do tránsito da xente do campo a zonas industrializadas. En anos posteriores, o seu interese centrouse no fenómeno da emigración sueca cara a América. Destacan a súa triloxía sobre Knut Toring (1935-1939), onde analiza o sentido da liberdade, e as obras Rid i natt (Cabalgade esta noite, 1941), en que manifesta o seu sentimento antinazi; e Soldat med brutet gevär (Cando era un rapaz, 1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Publicou ensaios e novelas e da súa produción destacan Mon royaume pour un cheval (1949), Le Noveau Roman américain (1955), Les moyens du bord (1975) e Paquebots, le temps des traversées (1980). Foi elixido membro da Académie Française (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán, sobriño de H. K. Bernhard von Moltke. Participou na campaña contra Francia (1870-1871) e desde 1906 ocupou a xefatura do Estado Maior Xeral, cargo do que foi destituído en 1914 e substituído por E. von Falkenhayn, tras a derrota fronte ás tropas aliadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Nomeado xefe do Estado Maior Xeral (1857-1888), reorganizou e mellorou, xunto co ministro da guerra Albrecht von Roon, o exército prusiano. Interveu na segunda parte da campaña contra Dinamarca e dirixiu as operacións contra Austria (1866) e Francia (1870), que lle deron prestixio abondo para acceder como deputado ao Reichstag. Foi mariscal de campo (1871) e membro vitalicio da Bundesrat (1872), pero foi relevado das súas funcións por Guillerme II de Prusia en 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor de jazz estadounidense. Na década de 1940 foi un dos elementos clave na creación do be-bop, e ao longo da súa carreira actuou entre outros con D. Gillespie, C. Hawkins, J. Coltrane, S. Rollins e M. Davis. Das súas composicións destacan “Ruby my Dear”, “Epistrophy”, “Round Midnight” e “Monk’s Mood”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Illote granítico situado entre as costas da Baixa Normandía e Bretaña, en Francia, unido ao litoral por un dique de 2 km, construído en 1879, que queda cuberto durante a marea alta. Antigo lugar de peregrinaxe, orixinado na crenza dunha aparición do arcanxo san Miguel (708), o cumio de 50 m de altitude, atópase coroado pola abadía homónima. O mosteiro, cun claustro do s XIII, é un exemplo típico de gótico normando. A poboación, rodeada de murallas, está formada por unha soa rúa de casas do s XV e XVI. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, xunto coa súa baía, en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moralista francés. De nome Michel Eyquem, foi membro do Parlamento de Bordeos e alcalde (1581-1585). O seu casamento con Françoise de la Chassaigne (1565) e a morte do seu pai permitíronlle vender os seus cargos (1570). Entre 1571 e 1572 retirouse e comezou a escribir Saggi (1580), ao mesmo tempo que lía as obras de Plutarco e Séneca, e profundizaba no estoicismo e no escepticismo. Na evolución final dos seus traballos obsérvase unha influencia directa do epicureísmo e da procura da sabedoría sen discutir os dogmas da fe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor francés. Xunto co seu irmán Jacques Étienne Montgolfier (Vidalon-lès-Annonay 1745 - Serrières 1799), interesouse polos problemas do voo e orientou as solucións cara á construción de aparatos máis lixeiros ca o aire. Os dous construíron un globo de 20 m3 que fixeron subir mediante aire quente en Annonay o 5 de xuño de 1783. Despois de perfeccionar o seu invento, o 21 de novembro de 1783 efectuaron en París a primeira ascensión tripulada da historia. En 1783 foron nomeados membros correspondentes da Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde dos pecizais, que presenta o carpóforo oco con pregaduras lonxitudinais e anastomosadas de cor parda e un pé longo e branco. Entre as especies deste xénero está a M. esculenta, de 6 a 15 cm de altura, sombreiro alveolado, ovoide e de cor parda ou parda amarelada, e que nace na primavera en terreos ricos en humus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Simone Roussel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. Coñecida como Janet Leigh, comezou interpretando a rapazas inxenuas en producións da Metro-Goldwyn-Mayer. Participou en diversos musicais e posteriormente en comedias e dramas. Da súa filmografía destacan Little Women (1949), Two Tickets to Broadway (1951), Psycho (1960), The Fog (1980) e A Fate Totally Worse Than Death (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Estudou en Praga, con Weber, e en Viena, onde coñeceu a Beethoven. Iniciou, con moito éxito, unha carreira de pianista, e foi director da Royal Philharmonic Society (1841-1846). Deixou obras para piano e obras didácticas para ese mesmo instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán, naturalizado estadounidense. Estudou os fenómenos superficiais dos sólidos e as descargas gasosas. En 1937 inventou o microscopio electrónico de emisión de campo e, máis tarde, o de campo iónico (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. Inscrito nas últimas manifestacións románticas, escribiu Griechenlieder (Cantos dos gregos, 1821-1824). Destacou polos seus ciclos de versos Die schöne Müllerin (A bela muiñeira) e Die Winterreise (A viaxe de inverno), musicados por F. Schubert.

    VER O DETALLE DO TERMO